DEIXÉMONOS DE ANDRÓMENAS CANTO GOZOSO © ENTRADA: Acharte presente na vida (Nº 51 © LECTURAS: Como che cantarei (Nº 28) © OFERTORIO: Grazas, Señor graciñas (Nº 50) © COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) OÍDOS PARA ESCOITAR Comezando o mes de agosto, mes de vacacións, a nosa celebración invítanos hoxe a mirar cara dentro de nós para recoñecernos como persoas finitas, vulnerables, dependentes unhas de outras. “ Nada máis ca un sopro, un lene sopro, un breve aire é todo ” escoitaremos na primeira lectura. E esta sentencia que é tan real e que tan a miúdo repetimos cando as cousas veñen mal dadas, moitas veces non somos quen de integrala na nosa vida cotiá. Perdemos tempo e enerxía discutindo, atesourando, cobizando ou envexando cando a vida dura un instante e todo queda aquí. Que a celebración que agora imos comezar nos axude a andar o único camiño q...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra