Ir al contenido principal

Entradas

Trindade 2026 A

  DEUS NON SABE VIVIR SÓ CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Eu soñei                    (58 ) ö LECTURAS: As túas palabras       (113 ) ö OFERTORIO: Acharte presente      ( 51) ö COMUÑÓN: No cola da miña nai (49 ) ESCOITA ACTIVA         Se cadra, máis dunha vez explicáronnos a Trindade coma se fose un problema de matemáticas difícil de resolver ou un misterio abstracto que só entenden os teólogos. Pero hoxe vimos aquí a celebrar algo moito máis sinxelo e revolucionario: que o noso Deus non é un xefe solitario, aburrido e illado no seu trono alá arriba no ceo. Non. O noso Deus é, por riba de todo, unha familia. É relación, é un abrazo continuo, é Amor en movemento que non para de saír de si mesmo para buscar e acoller á humanidade. Cando dicimos Pai, Fillo e Espírito Santo, o que estamos dicindo é que na ...
Entradas recientes

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Ascensión 2026 A

COMUNICAR A ESPERANZA NUNHA TERRA CON VOZ PROPIA   CANTO GOZOSO       ENTRADA: Todos xuntos (Nº 56)   ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125)   LECTURAS: Canta Aleluia (Nº 21)   OFERTORIO: Sementar, sementarei   COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)   MIRADA AGRADECIDA   Hoxe estamos de festa por partida dobre: celebramos a Ascensión e tamén o Día das Letras Galegas. Ámbalas dúas festas teñen unha mesma mensaxe: o que é noso, o que nos toca o corazón, non pode quedar gardado nun caixón nin perdido nas nubes.    Xesús non ascende para que quedemos na orfandade, senón para que collamos o relevo, para que entendamos que agora a súa voz é a nosa, e que os seus milagres teñen que saír das nosas mans. E que mellor día para asumilo que hoxe, o Día das Letras Galegas. Porque a nosa lingua é moito máis que palabras: é a nosa raíz, o xeito no que os nosos maiores nos ensinaron a querer e a rezar. Reivindicar o noso hoxe, sen vergoña e con org...