Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

27 domingo TO B 2024

CAMIÑANDO NA COMPLEMENTARIEDADE: CREOUNOS HOME E MULLER CANTO GOZOSO ö   ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) ö   LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) ö   OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) ö   COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)   PARA NON PERDER O PASO           Neste noso mundo tan susceptible a sentirse ferido cando alguén manifesta unha posición ou unha toma de postura distinta ao socialmente correcto; nun mundo moi dado a censurar e silenciar a quen renega de facer os que fan todos, sen permitir pensamento, ou postura ante as diferentes e diversas situacións, non acaba de entenderse que home e muller son iguais en dignidade e capacidade, á vez que tamén son merecedores, ámbolos dous, do mesmo respecto.  A isto tamén debemos engadir que son/somos diferentes pero complementarios; que uns e outras aportamos á vez ao enriquecemento mutuo; que nesta complementariedade sentímonos chamados e chamadas e crecer, madurar e a aportar mutuamente, para que as nosas relacións sexan cada vez mái