Ir al contenido principal

Os dereitos universais facendo o seu Corpo

CORPUS 2007

OS DEREITOS HUMANOS SON UNIVERSAIS, AS OPORTUNIDADES, TERÍAN QUE SELO. MIRAR CARA OUTRO LADO NON RESOLVE O PROBLEMA

PÓRTICO

Vivimos nun mundo no que 2.500 millóns de persoas sobreviven con menos de dous euros ao día, no que 30.000 nen@s morren diariamente por causas evitables, no que a pobreza segue estando presente nunha quinta parte dos fogares españois. Un mundo construído desde os dereitos humanos non pode deixar á marxe estas realidades de marxinación e desigualdade. O modelo de civilización do amor, que nos toca promover e practicar, implica desenvolver a dignidade da persoa e procurar que os seus dereitos sexan garantidos. Cando @s cidadáns están segur@s dos seus dereitos, garántese a construción do ben común, que se concreta no recoñecemento e respecto dos dereitos humanos.

A participación no banquete da Eucaristía é unha invitación a tod@s, especialmente para @s fament@s, enferm@s e empobrecid@s da terra. Nas nosas mans está que ninguén quede excluído, que ninguén quede con fame, que ninguén estea á porta mendigando migalliñas de amor.

O PERDÓN

* Seguimos a ter ensuciados os pes, as mans, a cabeza e o corazón, SEÑOR, CONVERTE O NOSO CORAZÓN.

* Seguimos desoíndo a voz de Lázaro, cheo de feridas, famento de pan e de amor, CRISTO, CONVERTE O NOSO CORAZÓN.

* Seguimos discutindo sobre títulos e excelencias, mentres a meirande parte d@s nos@s irmáns carecen de dignidade e dereitos, SEÑOR, CONVERTE O NOSO CORAZÓN.

REMUÍÑO

F

AMENTOS DE AMOR: Unha persoa famenta sempre foi unha miseria, quizás unha desgraza, condenada a morte prematura. Unha persoa que mendiga un anaco de pan é unha criatura que non ten os dereitos máis fundamentais, é unha caricatura de persoa e de fill@s de Deus.

Por iso Xesús un día multiplicou os pans e os peixes, coma sinal dunha nova creación. O alimento, primeiro compartido, despois bendito e multiplicado, despois sobrante e recollido, é un exemplo a seguir, marca unhas pautas de comportamento. Trátase de sumar e compartir, de respectar e agradecer, de multiplicar e bendicir, de gardar e prever, con prudencia e austeridade.

Non quixo Xesús converter as pedras en pan, porque serían solucións máxicas e vaidosas, que nin educan nin salvan. El iluminaba, ensinaba o camiño a seguir.

H

OXE: Se falamos da nosa realidade económico-social, diremos que unha persoa malnutrida, prematuramente envellecida, que morre por mor da fame ou de enfermidades que poderían ser curadas, non só é unha miseria desgraciada, senón unha blasfemia e un sacrilexio; unha tremenda inxustiza, unha crueldade inhumana, unha corrupción de persoas e de sistemas, unha perversión das estruturas políticas, económicas e sociais.

Hoxe temos alimentos suficientes para alimentar a unha humanidade moito maior que a que existe; temos medios suficientes para converter a nosa terra nun paraíso; podemos facer un mundo novo. Pero fáltanos vontade, fáltanos luz, fáltanos corazón. Somos á vez grandes e ananos. Temos mente poderosa, mans prodixiosas; pero corazón raquítico. Fáltanos corazón.

Hoxe non faría falla multiplicar pans e peixes. Chegaría con dividilos equitativamente. Aprender a mirar, a sentir, a dividir. Non faltan alimentos, faltan sentimentos. Non temos luz porque nos cega o egoísmo; e seguimos sen ver a quen está ferid@ no camiño. Padecemos de xordeira e seguimos sen escoitar os lamentos de Lázaro.

F

AMENT@S DE PALABRA: No mundo desenvolvido, a falla non é tanto de pan como de palabra. Palabra que alumee e que humanice: palabras-luz, palabras-beleza, palabras-encanto, palabras-liberdade, palabras-vida. Atopámonos cunha sociedade que consume palabras, imáxenes, música… pero que non saborea. Faltan ideais e valores. Ansiamos a gratificación momentánea. Non temos fame de nada. Sen embargo…. Ditos@s @s que teñen fame e sede de xustiza, de verdade, de liberdade, de solidariedade, de amizade… DE DEUS.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Agora, como comunidade de iguais, oremos a Deus, noso Pai, que nos deu ao seu Fillo como luz e alimento, como amigo e salvador, dicindo:

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

* Pola Igrexa, para que reparta o pan e maila palabra de Cristo, de xeito que chegue a tod@s @s que teñen fame, OREMOS.

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

* Polas organizacións internacionais e polos reponsables dos gobernos, para que se empeñen decididamente na loita contra da pobreza e do analfabetismo, OREMOS.

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

* Pol@s pobres e excluíd@s da sociedade, pol@s fament@s de pan e de xustiza, para que atopen sempre acollida e oportunidades de promoción, OREMOS.

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

* Por tod@s @s que se senten satisfeit@s, para que teñan fame, OREMOS.

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

* Por cada un e cada unha de nós, para que nunca sexamos egoístas, senón que nos convertamos en palabra e pan, en sal e luz para @s demais, OREMOS.

DANOS, SEÑOR, O TEU PAN

Axúdanos, Pai, a comprender e a vivir o misterio de Cristo-Eucaristía, que é misterio de amor e de salvación. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Onde hai pan, alí está Deus….

A Biblia é un menú de pan fraterno.

O universo é a nosa mesa, irmáns e irmás.

A xente ten fame,

e este pan é a súa Carne,

esnaquizada na loita,

vencedora na norte.

Somos familia na fracción do pan.

Só ao partirmos o pan poderán recoñecernos.

Sexamos pan, irmáns e irmás.

(P. Casaldáliga)

CANTOS

ENTRADA: Benaventurados

Lecturas: Ti es o pan do ceo

Ofertorio: Eu soñei

Comuñón: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...