Ir al contenido principal

Encher a vida ou vivila?

ENCHER A VIDA OU VIVIR A VIDA?

PÓRTICO

Estamos inmers@s no mundo da publicidade, de anuncios chamativos, de carteis provocativos no que todo e todos nos invitan a consumir, a vivir ao día, a valorar o que temos na medida en que o gastamos. E poderemos consumir se somos quen de acumular ben e cartos a calquera prezo: o importante é ter para consumir. Sen darnos conta, entramos nunha dinámica de deshumanización poñendo como centro da nosa vida os cartos, o ter… por riba doutros valores como son a amizade, o diálogo, a natureza, o ocio, a cultura a arte... xa que estes quítannos tempo e forzas.

Hoxe a celebración invítanos a valorar as riquezas e o posuír coma un medio e nunca coma un fin. Necesitamos os cartos, xa que o mundo e as necesidades humanas están en función deles, pero non o son o todo. De que nos sirve ter se non somos persoas?, de que nos serve o acumular se somos pobres interiormente?.

Que a escoita da Palabra e o pan que se nos parte sexa para nós estímulo para valorar o desprendemento e o compartir como fundamental nas nosas vidas.

O PERDÓN

  • Porque nos preocupamos moito por mellorar o noso nivel de vida; pero pagando un alto prezo: unha vida cada vez menos solidaria e menos humana, SEÑOR, ENDEREZA O NOSO RUMBO.

  • Porque seguimos sendo cómplices de que no mundo haxa persoas escandalosamente ricas e desesperadamente pobres, CRISTO, ENDEREZA O NOSO RUMBO.

  • Porque seguimos vivindo unha vida carente de sentido, baseada en posuír, sen decatármonos de que as cousas realmente importantes non están á venda, SEÑOR, ENDEREZA O NOSO RUMBO.

REMUÍÑO

  • O valor do traballo: O traballo, o esforzo, a necesidade de traballar para dignificar a vida e vivila dun xeito digno, non debe levarnos a esquecer que facelo ten sentido se somos capaces de asumir, entender e vivir desde a acollida de Cristo como o que dá sentido, horizonte, perspectiva, salvación… á nosa vida. O que dignifica, enriquece, constrúe sociedade é a nosa contribución á facer do mundo o lugar onde ninguén sexa excluído. É este un esforzo común e unha tarefa compartida. Non saber apreciar isto fai que o traballo acabe sendo unha carga deshumanizadora e escravizante. Pero tamén deshumaniza aproveitarse do traballo d@s outr@s. Porque unha cousa é a solidariedade, que si é necesaria; e outra ben distinta é o abusar do esforzo d@s outr@s. Como poder levar con dignidade o nome de human@s, se non somos capaces de respectar a dignidade –imaxe e semellanza de Deus– d@s demais?. Acaso somos dos que pensamos que posuír, ter, aparentar, fachendear... son actitudes e respostas cristiás ao seguimento de Xesús?.

  • Aprendendo a relativizar: Temos que aprender a relativizar. Pero, como nos custa!. Que difícil é que nos recoñezan como cristiáns e cristiás pola nosa maneira de afrontar o traballo, non para gañar e ser máis ca @s outr@s, senón como un medio que nos fai medrar e abrirnos a compartir proxectos e ilusións cos demais. Como di Pedro CASALDÁLIGA, o único verdadeiramente absoluto no mundo, e contra o que tod@s deberamos empeñarnos para erradicala e loitar, é a fame, todo o demais é relativo, secundario, pode esperar. Pero como nos custa relativizar, que pouco empeño pomos niso!. Sempre nos gusta que o noso, o que pensamos, falsa ilusión , é o mellor, que o pensan os outr@s, ou as posturas ou formas de ver ou sentir as cousas, non solo non vale, senón que mesmo chegamos a ocupar o lugar de Deus, atrevéndonos a dicir que se non son ou fan coma nós, están en pecado. Porén, nesta tarefa non hai, non pode haber, distincións: tod@s somos iguais, sexamos brancos ou negros, europeos ou africanos, católicos ou animistas, homes ou mulleres…por que nos resulta tan difícil de entender?. E se non o entendemos, como o imos vivir?. Por que pretendemos impoñer os nosos gustos, as nosas formas, mesmo as nosas tradicións aos que teñen outras; e o que é pior, por que os consideramos persoas de segunda orde por seren diferentes a nós?. Fáltanos evanxeo e sóbrannos tradicións. Cando aprenderemos!.

  • Porque somos finit@s: E todo para que?. Cantas loitas, envexas, egoísmos, xenreiras... polo que outr@s teñen, ou para que outr@s non teñan, para logo descubrir que somos finit@s, para un tempo, e que a morte nos iguala a tod@s. Que lonxe estamos do que quería Xesús de nós!. Que as palabras que vimos de escoitar no evanxeo: ”necio, esta noite vanche esixir a vida”, nos fagan endereitar o noso rumbo para que logo non sexa demasiado tarde.


ORACIÓN DA COMUNIDADE

Presentemos a nosa oración a Deus, Pai de todas as persoas, para que alente e acompañe a nosa vida, dicindo:

ILUMINA, SEÑOR, A NOSA VIDA

  • Pola Igrexa, para que nunca utilice a relixión para intereses persoais privados: adquisición de poder, de prestixio, de bens materiais… senón que saiba presentala coma camiño que dá sentido á vida das persoas, OREMOS.

ILUMINA, SEÑOR, A NOSA VIDA

  • Polas nosas comunidades, para que a riqueza e o status económico nunca se convertan no raseiro polo que medimos e xulgamos ás persoas, senón que, pola contra, sempre teñamos as mans abertas para axudar aos que menos teñen, OREMOS.

ILUMINA, SEÑOR, A NOSA VIDA

  • Por todos e todas nós, chamad@s a sermos homes e mulleres nov@s que atopemos as cousas de arriba (a fraternidade, a xustiza, o amor, a solidariedade…) entre as cousas de abaixo (na vida cotiá, no traballo, no fogar, na sociedade, na política, na cultura…), OREMOS.

ILUMINA, SEÑOR, A NOSA VIDA

Ilumina, Señor, o noso camiñar, para que sexa xusto e solidario. PXNS.


REFLEXIÓN

Non ter nada.

Non levar nada.

Non poder nada.

Non pedir nada.

E, de pasada,

non matar nada,

non calar nada.

Só o Evanxeo, coma unha navalla afiada.

E o pranto e o sorriso na mirada.

E a man estendida e apretada.

E a vida, a cabalo, dada.

E este sol e estes ríos, e esta terra comprada,

para testemuñas da revolución xa empezada.

¡E máis nada!.

P. Casaldáliga


CANTOS

ENTRADA: Acharte presente na vida

LECTURAS: O Señor é o meu pastor

OFERTORIO: Na nosa terra

COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...