Ir al contenido principal

Epifanía 2008

E DEUS AGASALLOU AOS REIS CUNHA ESTRELA PARA OS ESTRELADOS

PÓRTICO

A celebración de hoxe quere ser para todos nos unha chamada a descubrir ao Señor presente nas nosa vidas como luz e ao mesmo tempo, a tomar conciencia de que esta luz é para tódalas persoas, sen distincións de razas, nin de credos, nin de ideoloxías. Todos estamos chamados a construír un mundo cada vez mais humano e humanizador, no que non haxa persoas estreladas pola falta de condicións de vida, pola falla da educación, pola falla de oportunidades.

Pidamos pois, que o Espírito nos mostre o camiño que nos leve a construír este mundo dende o proxecto de Deus.

PERDÓN

  • Polas veces nas que lle agochamos luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabra, non valorándoos como o que son, SEÑOR, ILUMINA AS NOSAS TEBRAS
  • Polas moitas veces nas que o noso actuar e o noso dicir non son luz para os demais, senón polo contrario, somos motivo de escándalo, CRISTO, ILUMINA AS NOSAS TEBRAS
  • Porque o nacemento do neno Deus non é motivo de alegría e cambio, senón que permanecemos na rutina e reducimos estas datas a un puro materialismo, SEÑOR, ILUMINA AS NOSAS TEBRAS.

REMUÍÑO

  • Moito lle custou ao pobo de Israel saír da exclusividade da relación con Deus e compartir e descubrir que Deus manifestase a tódolos pobos. De iso nos fala hoxe o profeta Isaías de cómo Xerusalén é o centro de toda a terra, o centro onde tódolos pobos veñen convocados por Deus. De universalide nos fala a primeira lectura, de acollida e de solidariedade. Estamos chamados todos, os que experimentamos o nacemento do neno Deus a acoller a tódalas persoas. Acollelas dende o que son, respectando culturas, xeitos de ver o mundo, relixións e formas de vida. So poderemos experimentar toda a intensidade da graza destes días se somos quen de transmitila aos demais dende esas categorías.
  • Pero tamén corremos o risco de quedar sen estrela. Dende un mundo que parece que está en tebras, no que as persoas estamos sen rumbo, que so pensamos no presente, en nós mesmos, en aproveitarnos dos demais. O neno nace para poñer luz nas nosas tebras, para poñer sentido común en tanto egoísmo, para poñer paz en tantos conflitos, para poñer unha estrela en cada persoa que marque o camiño de Belén. E nos coa nosa vida, estamos chamados a poñer esa luz, esa estrela de felicidade e alegría do encontro, do compartir, da solidariedade, de Xesús.
  • E ante todo, estamos chamados a poñer a estrela entre tantas persoas estreladas, desalentadas, fracasadas ante a vida; de tantas persoas con falta de oportunidades as que nos deixamos de lado, discriminadas pola falla de educación, pola pertenza a un grupo, pola falta de recursos económicos ou porque o seu dicir ou pensar non concordan cos nosos. Os reis seguen a estela e alégranse co encontro do neno Deus. Alegremos nos a tantas persoas que non atopan sentido a este Nadal. Levémoslle nos o mellor regalo, a alegría de atoparse con Deus e a alegría de ser valorados e alentados na súa vida.

Que esta celebración nos faga a todos descubrir a manifestación de Xesús en tantas persoas que sofren e que necesitan de nos e do noso compromiso comunitario. Levémoslle tamén a nosa estrela.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Escoita Señor a nosa oración, presentámoscha esperando que ti ilumines o noso camiño coa luz do teu amor. Dicimos confiados:

QUE POÑAMOS A TÚA ESTRELA NOS CORAZÓNS

· Pola Igrexa, para que poña a luz do neno Deus en tantas situacións de dor, de marxinación, de exclusión, de desamor e así todas as persoas poidan ver a manifestación do amor de Deus. OREMOS

QUE POÑAMOS A TÚA ESTRELA NOS CORAZÓNS

· Polas nosas comunidades, para que a vivencia destas datas, sexa para elas estimulo e alento para traballar na construción dunhas parroquias máis humanas e humanizadoras, nas que entre tod@s poidamos curar as feridas. OREMOS:

QUE POÑAMOS A TÚA ESTRELA NOS CORAZÓNS

· Por todos nós, para que sexamos quen de levar a tod@s a descubrir a estrela: a estrela do amor, a estrela da acollida, a estrela da comprensión, a estrela da solidariedade, a estrela do diálogo. OREMOS:

QUE POÑAMOS A TÚA ESTRELA NOS CORAZÓNS

Grazas, Señor, porque día a día nos mostras a luz do teu amor, encamiña os nosos pasos cara o camiño que nos leve a ti. PCNS.

PARA A REFLEXIÓN

Que a festa da Epifanía, Señor,

nos ensine a percibir o nivel de marxinación e insolidariedade que hai na pobreza do pobo.

Que non pechemos, Señor, a porta a ninguén.

Que nos poñamos a derrubar muros e a tender pontes para que academos a graza

de que Xesús veña a nós.

Que saibamos ver a túa luz ao lado dos excluídos

e dos que non teñen un lugar neste mundo.

Que aceptemos esta opción como boa nova,

coma o teu camiño para salvarnos a todos.

Que teñamos ollos para ver a grandeza humana,

que a loita contra a marxinación e a pobreza

non sexa cousa de expertos e entendidos,

senón a unión de tódalas forzas,

e que o Nadal que está a punto de rematar sexa eterno.

CANTOS

* Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...