Ir al contenido principal

Domingo 30 TO

DETENSE E CHAMA POR TI... ¿ESTÁS DISPOST@ A DEIXAR O TEU MANTO PARA SEGUILO?

PÓRTICO

Moitas veces ten vantaxes non mirar, non ter luz, vivir na escuridade e no descoñecemento. Ten vantaxes porque permite non valorar, non interpretar os sinais, non significarse, non tomar partido... Para chegarse a Xesús, podemos facelo sen luz, pero necesitamos atopar a coraxe dentro de nós para erguernos dos lugares de escuridade e camiñar apenas uns pasos onda El. Daquela si, todo se volve luz e seguimento verdadeiro.

Que a celebración que agora comezamos nos poña en camiño para saírmos das nosas rutinas e das nosas cegueiras.

O PERDÓN

  • A miúdo a nosa vida está falta de fe, de confianza, de ilusión; SEÑOR, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA.
  • En demasiadas ocasións, as nosas cegueiras impiden que te saibamos descubrir e recoñecer camiñando connosco, CRISTO, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA.
  • Porque a pesares de que sabemos que Ti nos chamas non estamos dispost@s a tirar a un lado o noso manto de comodidades, superficialidades e egoísmos, SEÑOR, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA.

REMUÍÑO

  • Que diferentes son os criterios de Deus dos nosos!. Mentres para nós os fíos da sociedade móvenos os grandes e os poderosos, na mente de Deus as cousas son doutro xeito: os seus ollos están n@s que non contan para ninguén, n@s máis humillados da terra, naqueles que son ignorad@s, maltratad@s ou silenciad@s. E, do mesmo xeito que fixera Xeremías, o Señor conta con cada un e cada unha de nós para que sexamos os seus profetas, para que anunciemos unha boa nova que é sinxelamente: Deus quérete, Deus ocúpase e preocúpase por ti. Porén, nós estamos tan aburguesad@s, tan instalad@s no materialismo, no medo e na desconfianza que nos convertemos en persoas faltas de ilusión, de ganas, en cristiáns e cristiás mediocres. Nunha palabra, no fondo tampouco estamos tan convencid@s de que paga a pena respostarlle que si a Deus. A boa nova non é para nós motivo de liberación, de salvación, de ledicia.
  • Porque nós, coma os discípulos, coma Bartimeo, tamén estamos ceg@s tantas veces!. Tan ceg@s que non somos quen de recoñecer a Xesús que camiña ao noso lado, que se detén e que nos chama a seguilo. E preferimos seguir ceg@s antes que deixar de lado o manto das nosas comodidades, das nosas rutinas, das nosas autosuficiencias.... tan ceg@s que mesmo temos medo a que Xesús nos pregunte: "¿Que queres que faga por ti?".
  • Que coma Bartimeo lle pidamos ao Señor luz e forza para seguilo desde unha opción persoal, libre, responsable e coherente. Porque camiñar con Xesús non é ir aí, entre o montón, coma unha ovella máis do rabaño; senón que seguir a Xesús é ter os ollos e os oídos moi abertos e o corazón disposto e cheo de confianza en que é posible saír da opresión, da inxustiza, da cegueira... se temos fe. A que esperamos? Poñámonos a camiñar.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

O Señor camiña connosco. Cómpre sabermos descubrilo. Porque estamos dispost@s a deixar atrás as nosas cegueiras, dicimos xunt@s:

            SEÑOR, ÁBRENOS OS OLLOS

  • Pola Igrexa, para que nunca pase de largo diante dos berros de dor e de sufrimento dos pequen@s e asoballad@s, OREMOS.

            SEÑOR, ÁBRENOS OS OLLOS

  • Polas nosas comunidades parroquiais, para que sempre esteamos dispost@s a dar testemuño do noso compromiso cristián visitando enferm@s, acompañando a quen esta só, alentando a quen está triste, acollendo a tod@s, OREMOS.

            SEÑOR, ÁBRENOS OS OLLOS

  • Por cada un e cada unha de nós, para que nunca teñamos medo a saír das nosas cegueiras e abandonarnos na man agarimosa e confiada do Pai, OREMOS.

            SEÑOR, ÁBRENOS OS OLLOS

Escoita, Señor, a oración que agora che presentamos e aquela que levamos no noso corazón. Axúdanos a camiñar xunt@s e ilusionad@s na túa luz. Por Xesucristo, noso irmán, noso Señor. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Aquí estou, Señor,

coma o cego na beira do camiño

-canso, suorento e cheo de po-:

mendigo por necesidade e por oficio.

Pasas ao meu carón e non te vexo.

Teño os ollos pechados á luz.

Costume, dor, desalento....

Sobre eles medraron escamas que impiden que te vexa.

Mais, ao escoitar os teus pasos,

ao escoitar a túa voz inconfundible,

todo o meu ser treme coma se tivese un manancial dentro de min.

Eu búscote, deséxote,

necesito de ti para andar polos camiños da vida e do mundo sen perderme.

Que pregunta a túa!.

Que quere un cego máis que ver?.

Que vexa, Señor!.

Que vexa, Señor, as túas sendas.

Que vexa, Señor, os camiños da vida.

Que vexa, Señor, o teu rostro, os teus ollos, o teu corazón.

CANTOS

  • ENTRADA: Xesús chamado amigo
  • LECTURAS: O Señor é o meu pastor
  • OFRENDAS: Canta o sol
  • COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...