Ir al contenido principal

DOMINGO 28 TO

DA EXPLOTACIÓN DO IRMÁN…. LÍBRANOS SEÑOR

PÓRTICO

Non hai máis que botar unha ollada ao noso redor, para decatarnos que o que priva é a especulación e a ganancia sen límites; de xeito que o noso mundo considera astutas e intelixentes a aquelas persoas que saben acumular cartos, xa que estes son a suma de todo canto desexamos: poder, prestixio social, cultura, comodidade, beleza, placer…

Hoxe a Palabra alértanos contra o perigo que encerra o consumismo, que nos fai insolidari@s, que pecha os nosos ollos diante das necesidades e sufrimentos dos nos@s irmáns. Por iso, Xesús non cansa de lembrarnos que non podemos servir a Deus e aos cartos, que non podemos vivir consumindo egoistamente toda clase de bens e pretender, ao mesmo tempo, sermos fieis a un Deus que é e que pide amor, xustiza e fraternidade.

Que a celebración que agora imos comezar nos dea azos para non axeonllarnos diante do deus mercado.

Perdón

  • Polas veces en que non somos capaces de renunciar aos nosos dogmatismos e caprichos a favor do que está ao noso carón, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA.
  • Porque moitas veces buscamos a felicidade no material, nas modas, nos cartos, e renunciamos a sabedoría que busca a felicidade en servir, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA.
  • Polas veces en que mentimos e buscamos a loanza fácil e que os demais nos dean palmadiñas na espalda polo ben que o facemos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA.


 

Remuíño

  • Que equivocados estamos cando pedimos. Puxémonos a pensar verdadeiramente o que pedimos e necesitamos?. Pedimos que nos toque a primitiva, que teñamos saúde, que teñamos amor, que a este membro da familia ou amigo lle vaia ben... sen darnos conta pedimos mal. Non pedimos nunca prudencia ou sabedoría, non pedimos estar abertos ao que Deus quere de nós, non pedimos ser persoas dialogantes, acolledoras, comprensivas,... Porén, é a sabedoría de Deus a que fará posible que a nosa vida sexa rica en todas esas cualidades e aptitudes. Pero esa sabedoría é esixente: esixe de nós compromiso, esixe superación, esixe renuncia, esixe saír de nos mesmos para irmos ao encontro do Pai que vén a nós en tódalas persoas. Coa confianza posta nel, porque...o Pai sempre sabe o que necesitamos. Vai ao interior noso. Sabe das nosas riquezas, do que necesitamos desprendernos. Sabémolo nós? "Pai bo.... que teño que facer...?". Esa é a pregunta do mozo do Evanxeo. Hoxe tamén nós temos que facernos esa pregunta...; pero sen medo á resposta: Vende todo o que tes.... sae de ti mesmo, esquécete de ti, vai da superficialidade da letra (o cumprir, o non ir mais alá do mandado, a rutina,...) ao profundo do corazón a superarte a dalo todo.
  • Porque non nos enganemos. Sabemos positivamente que a nosa sociedade funciona movida pola economía e polos cartos, que precisamos para case todo. Moitas veces, e máis se cadra neste período de crise que estamos a vivir, facemos malabarismos para chegar a fin de mes. Polo tanto, os cartos non son malos por natureza senón polo uso e ao mesmo tempo polo valor que lle damos. Corremos o perigo de adoralos coma un Deus, arriscámonos a ser individualistas, a non necesitar de ninguén. Se adoramos os cartos, só viviremos para eles, non nos importarán os medios para conseguilos, aínda que a nosa vida de familia, a educación dos fill@s e o noso tempo estea todo en función deles. Xesús énos ben claro, non podemos servir aos cartos e ser felices e persoas.
  • Aí está o problema. Cústanos desprendernos das nosas riquezas, das nosas ideas preconcibidas, do noso xeito de pensar, de sentirnos os mellores, de ser os máis alegres, os máis fortes.... nunha frase o centro do mundo... "E baixou a cabeza porque tiña moitos bens". A única forma de ser felices é vender, desprendernos. Poñámonos nas mans do Pai a súa palabra vai ao noso interior e sabe as nosas ilusións, os nosos fracasos, as nosas angurias... da nosa vida


 

Oración da comunidade

O Señor segue mirándonos con tenrura e pedíndonos que o sigamos. Oremos para ter o corazón disposto a responder e a actuar coherentemente, e digamos xuntos:

ENSÍNANOS A VERDADEIRA SABEDORÍA

  • Pola Igrexa, para que non caia na fácil tentación de acumular riqueza e propiedades, senón que facendo súas as palabras de Xesús, sexa no medio do mundo a voz profética d@s que non teñen voz, d@s últim@s, d@s exluíd@s, OREMOS.

ENSÍNANOS A VERDADEIRA SABEDORÍA

  • Polas nosas comunidades, para que nunca deixemos de lado de lado a quen ten menos e está máis precisad@ da nosa axuda: @s enferm@s, @s parad@s, @s vell@s, @s que están sos; senón que pola contra, eles sexan o centro do noso vivir e do noso actuar, OREMOS.

ENSÍNANOS A VERDADEIRA SABEDORÍA

  • Por cada un e cada unha de nós, que hoxe estamos aquí convocad@s pola Palabra e polo Pan de Vida, para que nunca esquezamos que a nosa fe ten unha dimensión social que nos debe abrir á xustiza, á solidariedade, a compartir cos demais o que somos e temos, OREMOS.

ENSÍNANOS A VERDADEIRA SABEDORÍA

Ti ves o noso corazón, as cousas que sobran e que debemos deixar atrás, pero tamén o noso anceio de seguirte. Camiña connosco para mostrarnos a verdadeira felicidade. Por Cristo, noso Señor. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

O consumo, a riqueza, a abundancia,

a seguridade para o presente e para o futuro por riba de todo,

di a propaganda;

e Ti disnos:

quen dea un vaso de auga a un pequeno,

non perderá a súa recompensa.


 

A orde, a ausencia de conflitos,

o respecto ao sistema e ás leis por riba de todo,

dinos o noso medo;

e Ti disnos:

vin traer lume á terra

e canto desexo que arda.


 

Grazas pola túa novidade,

que provoca e rompe tantos principios inamovibles da nosa sociedade;

que cuestiona, clara e limpamente,

sen panos quentes,

tantas cousas da nosa vida.

CANTOS

  • ENTRADA: Que ledos hoxe estamos
  • LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas
  • OFERTORIO. Grazas, Señor, graciñas
  • COMUÑÓN: Pan do ceo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel