Ir al contenido principal

Domingo 16 TO C


ACOLLER, ESCOITAR E ACOMPAÑAR. TRES VERBOS QUE UN CRISTIÁN NON PODE NUNCA DEIXAR DE CONXUGAR

PÓRTICO

En tempos recios e difíciles, valóranse moito as actitudes que as persoas imos despregando en relación aos demais. Así, namentres as cousas van ben e todo é ledicia e consumo, son poucos os que se lembran dos pobres e de quen os atende. Porén, cando chegan momentos de dificultade e escaseza, sempre se escoitan voces de quen di que é necesario atender, axudar e preocuparse polos outros.
Que mágoa que cheguemos a ese convencemento só nestes momentos, logo de deixar escapar tantas situacións nas que ben puidemos ser os primeiros en tender man e tempo a quen o necesitaba. Claro que en tempos de abundancia, aos que así o fan se lles chama ociosos, porque disque non teñen nada mellor que facer que ocuparse dos pobres. Pero cando chegan as dificultades, ben que chamamos nas portas que sabemos que nos van abrir, sen importarnos nin preguntarnos se son ou non ociosos os que nos abren.
 

Que saibamos recoñecer que quizais fomos nós tamén deses aos que rápido se nos enchía a boca para xulgar aos demais pola súa solidariedade, namentres ocupabamos o tempo en facer de palmeiros de ricos e poderosos.
 

O PERDÓN

  • Pola nosa falta de hospitalidade ao negarlle o saúdo, a palabra e a axuda a quen o necesita, SEÑOR, QUE TRANSFORMEMOS O NOSO CORAZÓN.
  • Pola nosa dureza de corazón que nos converte moitas veces en insensibles diante do sufrimento dos demais, CRISTO, QUE TRANSFORMEMOS O NOSO CORAZÓN. 
  • Pola nosa falta de empatía e capacidade de poñernos no lugar do outr@ para poder entender a súa vida e os seus problemas, SEÑOR, QUE TRANSFORMEMOS O NOSO CORAZÓN.

REMUÍÑO

*    Dinos a primeira lectura que o pobo dirixíase ao Señor e dicíalle que non pasara de largo; é dicir, que non fose insensible ao que lle estaba ocorrendo; que non fose un Deus ausente e sádico diante das dificultades que estaban a experimentar. E é verdade. Nós, cando as cousas nos van ben, facemos o posible para que Deus non nos complique a vida...e a mellor forma de facelo é prescindir del., como se non existira. Así, a vida vaise convertendo nun dicir que cremos en Deus á vez que día a día imos vivindo como se El non fose, non existira, non estivera. Pero cando as cousas se torcen, entón si que todo tempo é pouco para pedir, prometer e comprometernos a facer mesmo o imposible. Que pouco entendemos, e que lonxe estamos do Deus cristián!. Pero como na nosa relación con Deus nunca é tarde, podemos reconverter as palabras do libro da Xénese, e en vez de pedir que non pase de largo, comprometernos a abrirlle a porta da nosa casa e do noso corazón, para facerlle un sitio onde poida quedar. Porque non é que El pase de largo, senón que somos nós os que lle temos pechado a porta e vivido de costas a El, como se non existise. Comecemos desde xa a prepararlle ese lugar para que se senta acollido.

*    Porque tod@s podemos hospedarnos na súa tenda. E podemos facelo porque as dificultades non as pon El senón nós cando mentimos, enganamos, somos violentos, queremos ser máis ca ninguén, convertemos o noso actuar en comportamento altivo, soberbio como se fósemos máis e superiores aos demais. Entón, non é El que pecha a porta de súa tenda, somos nós os que queremos que pase de largo pechándolle a porta. El vén para hospedarse, pero nós non acabamos de fiarnos e deixalo pasar.

*    Os que si o deixaron pasar foron aquel@s que tomaron en serio a súa mensaxe: os santos. A súa acollida dos demais, converteuse en hospitalidade evanxélica e evanxelizadora para todos nós, por iso merecen ser recoñecid@s como auténticos e verdadeiros testemuños de fe e seguimento de Xesús. Sen separar o que facían do que crían; a súa fe da súa vida. Todo era un, e el@s conseguiran convertelas en auténtico servizo, especialmente un servizo aos pobres e excluídos. Marta e María separaran unha cousa da outra. Cada unha foi ao seu, sen pensar que xunt@s enriquecíanse mutuamente. Porén, os santos uniron estas dúas facetas – presenza activa no mundo e fondura orante-, invítannos a nós a facer o mesmo, sen escisións e sen rupturas. Alí onde esteamos, debemos de esforzarnos por facer ben as cousas, e convertelas no mellor ofrecemento de acollida, hospitalidade e oración.

Oración da comunidade

Desde a chamada a ser acolledores e hospitalarios con quen nos necesite, rezamos xunt@s dicindo:

FAINOS, SEÑOR, ACOLLEDORES E HOSPITALARIOS

û  Para que a Igrexa teña sempre presente no su actuar que debe ser liberadora, hospitalaria e coas mans abertas a acoller, OREMOS.

FAINOS, SEÑOR, ACOLLEDORES E HOSPITALARIOS

û  Para que as nosas comunidades sexan exemplo de acollida e misericordia para os demais, OREMOS.

FAINOS, SEÑOR, ACOLLEDORES E HOSPITALARIOS

û  Para que nós non caiamos na tentación de converter a fe nunha ideoloxía dogmática, pechada e incapaz de abrir diálogo e colaboración con quen pensa distinto ou non comparte o noso credo cristián, OREMOS.

FAINOS, SEÑOR, ACOLLEDORES E HOSPITALARIOS

Grazas, Señor, por recordarnos que só na hospitalidade e na acollida somos capaces de mostrarnos como seguidores teus. P.X.N.S. Amén.

Para a reflexión

Deus recolle coa súa tenrura tódalas bágoas dos que sofren e consérvaas no seu zurrón, como se fosen pedras preciosas. Irmáns, se Deus, nos ten amado deste xeito, tamén nós debemos amarnos os uns aos outros (1 Xn 4,11). O amor fraterno é un berro de frescura na aridez e na monotonía da vida persoal e comunitaria. “Nihil caritate dulcius”, nada é máis doce que o amor (S. Ambrosio). El é un Deus que fai xustiza sobre a terra como nos di no Salmo 58, 12. A nós correspóndenos, desde  a acollida e a hospitalidade, ser as pechaduras que se abren diante dun irmán que chama na nosa porta.

Cantos

  • ENTRADA: Andarei na presenza do Señor
  • LECTURAS: Eu sei de quen me fiei
  • OFERTORIO: Non vou só
  • COMUÑÓN: Acharte presente

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel