Ir al contenido principal

Vixilia Pascual 2015 B


Descarga o ficheiro


1) ESCOITA ACTIVA
2)   LITURXIA DA LUZ
ð BENDICIÓN DO LUME
ð ACENDEMOS AS VEAS
ð PROCESIÓN AO TEMPLO
ð PREGÓN PASCUAL
ð GLORIA
3)   LITURXIA DA PALABRA
ð MONICIÓN
ð PRIMEIRA LECTURA (Xén.)
ð SEGUNDA LECTURA (Éx.)
ð TERCEIRA LECTURA (Bar.)
ð CUARTA LECTURA (Ez.)
ð QUINTA LECTURA (Rom.)
ð EVANXEO (Mc.)
ð REMUÍÑO

4)   LITURXIA BAUTISMAL
ð MONICIÓN
ð LADAÍÑAS
ð BENDICIÓN DA AUGA
ð RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS
ð FRATERNIDADE ORANTE

5)   LITURXIA DA EUCARISTÍA
ð OFERTORIO
ð SANTO
ð NOSO PAI
ð PAZ
ð COMUÑÓN
ð MIRADA ESPERANZADA
ð DESPEDIDA
6)                CANTO GOZOSO
  • Ao prender o lume: Lumiño de lúa clara
  • Na procesión cara o templo: A Cristo cantamos na luz que alumea
  • Lecturas
o   Manda o teu espírito
o   Cantádelle ao Señor una cantiga nova
o   As túas palabras,Señor, son Espírito e vida
o   Dános un corazón, grande para amar
o   Aleluia, aleluia, aleluia, aleluia (bis)
  • Ofertorio: Sementar sementarei
  • Santo: Santo es Ti Señor da vida
  • Noso Pai: No camiño do amor
  • Paz: Que veña a paz / Misioneiro
  • Comuñón: Grazas, Señor, graciñas
  • Canto final á Virxe: Boas noites

E a cruz fíxose vida,
e a vida camiñou con nós


TRAEDE PARA QUEN ESCOITE PALABRAS DE LUZ

            Comezamos, coa calma que nos trae Xesús, e coa présa de converter en acción a súa mensaxe. Calma e présa, dúas palabras que parecen contrarias, e que esta noite se unen para dicirnos que o camiño da pascua hai que ilo facendo de xeito persoal, pensando cada un dos pasos que imos dando; pero tamén coa presa á que nos move a mensaxe que El nos deixou. Unha mensaxe que non se queda no repetir o que desde sempre viñemos facendo, senón que pide ser actualizada cada día. Porque cada día é diferente: unha nova experiencia vivida, aquela persoa coa que atopamos, o veciño que necesitaba que alguén o escoitara, o compañeiro de traballo que nos contou por que chegaba sempre triste e enfadado, o/a... e en cada unha desas situacións novas vaise facendo presente Xesús, o Resucitado para , a través de nós, ir poñendo sorrisos, esperanzas, palabras de ánimo, aloumiños... nos corazóns e nas vidas de todo aquel ao que lle falten.
E este estar, acompañar e aconsellar ha facerse coa lentura de quen ten dedicado tempo a remoer a forza da Palabra que nos foi chegando a través da Biblia; pero desde a présa de quen non está disposto a que esta esperanza nova e revolucionaria que nos chama a cambiar os corazóns, a gardemos por máis tempo só para nós.
Comecemos logo esta celebración, sen présa, pero sen pausa, porque o anuncio de Cristo ben merece a nosa alegría e a nosa esperanza, ofrecidas ao irmán triste e desacougad@.


1.- Liturxia da luz

No paso da morte a vida de Xesús estabamos tod@s presentes, os daquel tempo e os de hoxe. Neste paso queremos expresar que a vida, sendo camiño sempre aberto, é unha aposta continua por non deixarse levar nin pola sensación de fracaso nin polo pesimismo. Que, a pesares da dor e tristura que moitas veces se fan compañeiras no noso camiño, non esquezamos que son moitos máis os momentos de ledicia, esperanza e fraternidade, compartidos no ámbito familiar, nas nosas relacións cos veciños ou no tempo disfrutado á carón dos amigos. Todas estas experiencias de luz queremos agora bendicilas coa claridade de quen viu ao mundo coa misión de facer del berce e colo cheos de amor.

A)     Bendición do lume

Señor:
por medio do teu Fillo Xesús,
déchesnos a terra, o aire, a auga e o lume.
Neles estás Ti coma principio e orixe de todo.
Coa presenza dos membros da nosa comunidade,
queremos bendicilos +,
para que sexan verdadeiro signo
de transformación renovadora das nosas vidas,
e que a pascua que agora comeza
prenda en cada un de nós
para poder abrir brazos e agarimar, no teu nome,
a tantos irmáns e irmás que agardan de nós
a aperta solidaria do teu amor. P.X.N.S. Amén.




B) Logo da bendición do lume, acénsese nel o cirio pascual. Mentres acendemos, cantamos LUMIÑO DE LÚA CLARA

(Unhas poucas persoas acenden as súas candeas no cirio, e despois van acendendo coa súa candea as dos demais, ata telas todas acendidas. Se hai bautizos, é neste momento no que aos pais e padriños (que xa acenderon do cirio a candea), se lles pregunta polo nome d@ nen@ que presentan á Igrexa, e pola súa intención estando alí. A partires dese momento, comezamos a procesión cara á Igrexa.

C) Procesión e canto: A CRISTO CANTAMOS NA LUZ QUE ALUMEA
D)   Pregón pascual (con todas as luces apagadas, só mantemos prendidas a luz do cirio e as das nosas candeas)

HOXE É A NOITE DA RESURRECCIÓN E DA VIDA!

Naquela noite que se abría ao amencer
a voz pregunta unha e outra vez:
cando será de día?,
cando desaparecerá a tebra?
E atopou a vida,
por iso non podemos calar, e unímonos para dicir:

O SEÑOR RESUCITOU, TAMÉN NÓS RESUCITAMOS!

O profeta non atopaba palabras
que puideran dinamizar a esperanza dos seres humanos
e volvía preguntar:
canto queda de frío e de noite, de soidade, fracaso e morte?.
O que trouxo a vida.

Por iso dicimos xunt@s:

O SEÑOR RESUCITOU, TAMÉN NÓS RESUCITAMOS!

Pouco a pouco o frío da noite deixounos,
e chegou o tempero da acollida,
o perdón, a misericordia, a fraternidade e a paz.
Deus aliouse con nós.
Fíxonos o seu pobo, e non cansamos de dicir:

O SEÑOR RESUCITOU, TAMÉN NÓS RESUCITAMOS!

Busquemos logo esa paz, construamos misericordia,
Fagamos do amor camiño,
afastémonos da morte e da violencia.
Non calemos diante dos que trafican coa vida,
dos que venden a verdade,
dos que negan o alimento,
dos que gastan por gastar.
O noso berro, Señor, é forte ata á afonía
proclamando tod@s  xunt@s:

O SEÑOR RESUCITOU, TAMÉN NÓS RESUCITAMOS!

A tebra quedou atrás, algo novo comezou.
Alguén que chaman Xesús quixo ser uns mais de nós.
A vida está a xermolar, o camiño vaise abrindo,
a esperanza non se foi, a morte volveuse vida.
O medo quedou atrás, e nos volvemos dicir:

O SEÑOR RESUCITOU, TAMÉN NÓS RESUCITAMOS!


Cristo xa resucitou!
A terra berra contenta.
O aleluia chegou, o vello quedou atrás.
A morte xa foi vencida e a ledicia xa chegou.
Grazas, Señor, da vida;
Grazas pola ilusión que vas poñendo
día a día nos corazóns e na acción.
Que nunca teñamos medo, vergoña ou temor.
Cristo, o Señor da vida xunta mans e corazóns,
para que todos vaiamos polos vieiros
que vencen a mentira e a opresión.
Porque hoxe e noite de festa,
de vida e de perdón.
Que na túa misericordia nos abramos aos irmáns,
para sementar contigo froito de fraternidade,
onde agromen cada día forza e solidariedade;
onde xa quede atrás o que non nos fai medrar.

Aleluia, é a pascua; aleluia, non perdemos ao Señor, camiña ao noso lado termando sempre de nós.

(Acéndense as luces e cantamos/rezamos o GLORIA)















2.- Liturxia da Palabra

1.        PRIMEIRA LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

No principio creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo Deus:
- “Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos así:
- “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra”.
E díxolles aínda:
- “Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas arbores que dan froito, coa súa propia semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra doulles a herba para a mantenza”.
E así foi.
E viu Deus canto fixera e velaí que era de verdade moi bo.

                                      PALABRA DO SEÑOR

ORACIÓN: Pai, que pos diante de nós o mundo e nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo por facer del a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S. Amén.

Salmo : Canto: Manda o teu Espírito






2   SEGUNDA LECTURA (Ex. 14, 15-15,1)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:
-      “Que queixas son esas cara a min?. Manda aos israelitas que se poñan en marcha. Ti ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito. Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros. Ao mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son o Señor”.
Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda. Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.
Cerca da madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento exipcio e cubriuno de confusión. Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron:
- “Fuxamos dos israelitas, pois o Señor loita por eles contra nós”.
O Señor díxolle a Moisés:
- “Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros”.
Moisés alongou a man cara ao mar e, contra a mañá, este volveu ao seu sitio. As augas, ao xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á súa esquerda.
Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel recoñeceu con que man poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu o Señor e creu nel e no seu servo Moisés.

                                           PALABRA DO SEÑOR



ORACIÓN: Tamén nós, Señor, temos desexado moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás escravitudes que nos van atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices: unhas escravitudes do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos baleiros. P.X.N.S. Amén.

Salmo: Canto: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova


3  TERCEIRA LECTURA (Bar. 3, 9-15.32-4,4.)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE BARUC

Escoita, Israel, mandamentos de vida;
atende ben, para aprender a discernir.
Que sucede, Israel? Por que estás no país dos inimigos,
e avellentaches nun país estranxeiro?
Por que te volviches impuro cos seus cadáveres,
e fuches contado cos que van ó Hades?
Abandonaches a fonte da sabedoría.
Se camiñases polo vieiro de Deus,
habitarías en paz para sempre.
Aprende onde está o discernir, onde está a forza,
onde está a intelixencia para coñecer;
aprende tamén onde está a vida longa e a felicidade,
onde está a luz dos ollos e a paz.
Quen atopou o seu lugar?
¿Quen entrou nos seus tesouros?
Pero o que o sabe todo, coñécea, invéntaa co seu saber.
O que formou a terra para a eternidade,
encheuna de animais de catro patas.
O que lle manda á luz que veña,
chamouna e ela obedeceu con temor.
As estrelas lampexaron lediciosas nos seus escondedoiros,
El chamounas e respondéronlle:
"¡Aquí estamos!"
Lampexaron con ledicia para o seu Creador.
Este é o noso Deus,

non hai outro a El comparable.
El inventou todo o camiño da sabedoría e ensinoullo a Xacob,
o seu servo, e a Israel, o seu benquerido.
Despois disto, a sabedoría apareceu sobre a terra
e viviu entre os homes.
Ela é o libro dos mandamentos de Deus,
a Lei que permanece para sempre.
Todos os que a prezan terán a vida,
e os que a deixan a un lado perecerán.
Convértete, Xacob, e abrázaa;
camiña cara á claridade, ao encontro da súa luz.
Non lle deas a outro a túa gloria;
nin os teus privilexios a unha nación estranxeira.
Somos felices, Israel,
porque o que agrada a Deus déusenos a coñecer.

                   PALABRA DO SEÑOR

ORACION: Señor, aquí estamos para responder á túa chamada. Puxeches nas nosas mans o mundo non para destruílo, senón para facer del casa común na que ninguén se sinta excluído. Que pouco caso che temos feito! Que sintamos o pulo da túa presenza para non deixar que o individualismo, a indiferenza e o esquecemento dos irmáns se convertan en pensamento e común para o noso actuar. P.X.N.S. Amén.

Salmo: Canto: As túas palabras, Señor, son espírito e vida


4  CUARTA LECTURA (Ez. 36, 16-28)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

Veume a palabra do Señor nestes termos:
“Fillo de Adán, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,
          volvérona impura co seu comportamento e cos seus feitos.
Pero eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue
          que verteron sobre a terra,

          e polos feitos cos que a mancharon.
Entón eu esparexinos por entre os pobos
          e dispersáronse polos países;
          xulgueinos conforme o seu comportamento
          e conforme os seus feitos.
Ao entraren nas nacións onde foron,
          profanaron o meu santo Nome.
Pero eu vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome,
          profanado entre as nacións nas que vós o profanastes.
Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
          -é o meu Señor quen fala-,
          cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.
Pois recollereivos das nacións,        
          xuntareivos de tódolos países
          e traereivos á vosa terra.
Asperxirei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros;
de todas as vosas impurezas
e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos un corazón novo
          e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;
          sacarei da vosa carne o corazón de pedra
          e poreivos un corazón de carne.
Porei nas vosas entrañas o meu espírito
          e farei que camiñedes conforme os meus preceptos
          e que gardedes os meus mandamentos e os cumprades.
Viviredes no país que lles dei a vosos pais:
          seredes o meu pobo e eu serei o voso Deus”.

                                                          PALABRA DO SEÑOR

ORACION: Os nosos feitos son, Señor, o mellor dos criterios para medir a nosa coherencia e fidelidade a Ti. Pon nos nosos corazóns sementes que xermolen novos proxectos e ilusións que vaian facendo de nós corazóns compartidos e mans solidarias. P.X.N.S. Amén.

Salmo: Canto: Danos un corazón grande para amar




5  QUINTA LECTURA (Rom. 6, 3-11)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
Irmáns e irmás:

          Ignorades que a cantos nos bautizaron en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?. Enterráronnos, logo, con el polo bautismo na morte, para que, como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.

          Pois se nos enxertaron nel pola semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén o farán por unha resurrección semellante.

          Pois habedes saber que o noso home vello foi crucificado para destruír o corpo pecador, de xeito que non sirvamos máis ao pecado. Porque o que morre, queda liberado do pecado.

          Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ao pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.

          Así tamén, vós considerádevos mortos ao pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.

PALABRA DO SEÑOR

ORACION: O bautismo, Señor, fai que non poidamos ser outra cousa máis ca comunidade; pero moitas veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca alegría e a nosa indiferenza. Que está incorporación á vida nova da graza e esperanza na que fomos incorporados o día do noso bautismo, saibamos mantela viva en cada momento da nosa vida. P.X.N.S. Amén.

Salmo. Canto: Aleluia, aleluia, aleluia


6  EVANXEO (Mc. 16, 1-7)

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MARCOS

Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron perfumes para iren embalsamalo. E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da alborada, foron ó sepulcro. Ían comentando entre elas:
-     Quen nos vai arreda-la lousa da entrada do sepulcro?.
Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada; iso que era moi grande.
Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas. Pero el díxolles:
-     Non vos espantedes. ¿Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado?. Non está aquí, resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron. Agora ídelles dicir ós discípulos e mais a Pedro que el vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, como vos ten dito.

PALABRA DO SEÑOR

PALABRA ENRAIZADA

·       Curar feridas e encher corazóns. Ao longo da coresma fomos construíndo, como sinal que nos axudase no noso camiño cara á pascua, unha cruz.  A cruz é o sinal que nos identifica aos cristiáns dun cabo ao outro do mundo. Nela o brazo vertical quere mostrarnos que na encarnación, Deus faise un de nós, relíganos con El, establecendo unha relación Pai – Fillos que nos acolle, dignifica e fai participar da súa imaxe e semellanza. Somos Del, é El é dos nosos. Por outra banda, o brazo horizontal quere facernos tomar conciencia de que as persoas, os seres humanos, non nos poden resultar indiferentes. Nun mundo de invisibilidade, descarte e indiferenza, esta noite de pascua, desde a cruz, invítanos a poñernos nun camiño novo, distinto. A moita distancia do que son as modas na sociedade que entre tod@s conformamos –si, tamén nós temos responsabilidade do que pasa cada día-. Este camiño que nos propón Xesús, e que segue a ter vixencia a pesares de ter pasado dous mil anos, é revolucionario e vai contracorrente das modas e poderes. É verdade que para moitos non significa nada, para outros é irrelevante e coma tal lle dan as costas, pero para nós non debera ser así. É un camiño de esperanza, activo, sempre novo e co centro no respecto e dignidade que temos tódalas persoas, sen exclusións. Por iso, nesta noite de luz e esperanza, os cristiáns seguimos loitando e defendendo a vida. Toda vida. Por cada unha delas fíxose un de nós, e esta noite celebramos a súa novidade, e a súa urxencia para defendela. Que celebrariamos se non fose así?

3.- Liturxia bautismal
MONICIÓN

A auga, é sinal de vida, de purificación, de limpeza. Neste momento da celebración comezamos invocamos aos santos, testemuñas de xenerosidade e exemplo de entrega misericordiosa aos demais; e bendicimos a auga que levaremos para as nosas casas e que nos lembrará que como bautizados fomos incorporados, non á morte, senón á vida nova inaugurada en Cristo.

A)LADAÍÑAS

v Señor, ten piedade.
v Cristo, ten piedade.
v Señor, ten piedade.
v Xesús, Salvador e vida do xénero humano, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa María, Nai de Deus, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Miguel, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Xosé, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Pedro, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Paulo, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Francisco de Asís, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa Clara, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Andrés, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Breixo, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa María Magdalena, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Mamede, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v S.Fins, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Bieito, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Xoán Bautista, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Simón, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Adrián, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Mateu ,FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Rosendo, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Froilán, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Martiño, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Ignacio, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa Tareixa de Ávila, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Bieito, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa Catarina de Siena, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v San Xoán XXIII, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Santa Tareixa de Calcuta, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Óscar Romero, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Dom Helder Cámara,Bispo do pobres FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Ghandi, Luther King e demais testemuñas de paz e amor, FACEDE LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN
v Tódolos homes e mulleres de ben, FACEDE LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Pola túa morte e resurrección, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.
v Pola forza do Espírito Santo cada día en nós, FAI LATEXAR DE ESPERANZA O NOSO CORAZÓN.

(Se hai bautizos)

v Para que o bautismo incorpore a estes fillos teus na comunidade, ALENTA O SEU CORAZÓN.
v Para que a auga do bautismo sexa para eles símbolo de nova vida, ALENTA O SEU CORAZÓN.
v Xesús, Fillo de Deus e amigo de tod@s, ALENTA O NOSO CORAZÓN.

Que a túa presenza nos acompañe, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas nosas tarefas para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción das persoas que sentimos a ledicia do Evanxeo construíndo unha Igrexa fraterna e misericordiosa. P.X.N.S. Amén.


B)             BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na pía bautismal)

Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, e nos ofreces o bautismo como porta de entrada na comunidade cristiá, acompaña este momento no que reunidos no teu nome queremos facer da auga sinal da túa presenza.
Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, para lembrarnos que a través dela a forza do Espírito camiña sempre con nós.
Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, que nos ofreces en Cristo unha nova creación na que deixemos atrás a angustia, o enfrontamento e as ansias de dominio duns para cos outros.
Mira, Pai, esta comunidade que hoxe quere renovarse coa forza da oración, e abre para ela a fonte do bautismo. Para que esta auga reciba , polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, de xeito que aqueles que creaches á túa imaxe e semellanza, polo bautismo morramos ao vello que levamos en nós e renazamos á luz dunha nova humanidade inaugurada en Xesús e plenificada na súa pascua.
Que a presenza do Espírito Santo, polo teu Fillo + descenda sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S. Amén.



C)      RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS

Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:

v Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou dispost@.
v Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irmáns?. Si, estou dispost@.
v Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñen a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou dispost@.
v Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que el creou?. Si, creo.
v Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.
v Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.

Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
(Agora tod@ nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza bautismal)

Canto: A auga do Señor, cambioume o corazón

FRATERNIDADE ORANTE
Nesta noite de comuñón e encontro, na que a luz de Cristo se nos mostra como vida, queremos, Señor, dicirche xunt@s:
BENDITO TI, XESÚS RESUCITADO
ü Grazas, Señor, por ofrecernos este espazo de encontro, oración e festa, que en toda a Igrexa universal, celebramos hoxe con ledicia e esperanza, OREMOS.
BENDITO TI, XESÚS RESUCITADO
ü Grazas, Señor, porque nesta noite de auga e luz chámasnos a facer da nosa vida un camiño de encontro, solidariedade e misericordia, OREMOS
BENDITO TI, XESÚS RESUCITADO
ü Grazas, Señor, porque a Palabra proclamada quere remoer o noso corazón para que a pedra na que ás veces se ten convertido, se transforme en latexo fraterno, liberador e disposto a acompañar a quen se atopa só ou esquecido, OREMOS
BENDITO TI, XESÚS RESUCITADO
ü Grazas, Señor, porque a pesares da dureza da crise, segues a espertar en nós o compromiso por non deixar que a dignidade e o respecto que nos merece cada persoa, sexan utilizados polos que teñen o poder para reducirnos a simples números ou datos estatísticos, OREMOS
BENDITO TI, XESÚS RESUCITADO
Grazas, Señor, por esta noite de luz, vida e esperanza. Que a forza da Palabra proclamada e compartida, faga que non esquezamos que a fe supón sempre achega e preocupación polos irm@ns, e non costume nin tradición baleira. P.X.N.S. Amén.

4.- Liturxia da Eucaristía

MIRADA ESPERANZADA
Resultado de imagen de imagenes de pascua de resurrecciónA quen buscas ?

Por que choras no horto?
A quen buscas?.
“Ao meu amado”.
Buscando ao que estaba morto
atopei ao resucitado.
Quedei só buscando,
dábame ás o amor,
e cando estaba chorando,
viu ao meu encontro o Señor.
Vin a Xesús resucitado,
crin que era o xardineiro;
chamoume polo meu nome,
de primeiras non souben que era El.
(Himno de Laudes)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor