Ir al contenido principal

6 Domingo TO A 2017 Mans Unidas

O MUNDO NON PRECISA MÁIS COMIDA;
PRECISA MÁIS XENTE COMPROMETIDA
(CAMPAÑA LVIII DE MANS UNIDAS)

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
  • LECTURAS: Amigos nas penas
  • OFERTORIO: Eu soñei (Nº 64)
  • COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá (Nº 53)

ESCOITA ACTIVA

Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos en toda a Igrexa a campaña contra a Fame de Mans Unidas. É un bo día para lembrar que Deus destinou a terra e canto contén para uso de todas as persoas, de todos os pobos. Consecuentemente, os bens creados deben chegar a todos de xeito equitativo. É unha cuestión de xustiza... e tamén de caridade e fraternidade. Se todos somos fill@s, se todos somos irmáns e irmás... por que uns temos a fartar de todo, o que nos leva a estragar mentres que outros non teñen o máis necesario para desenvolverse como persoas e 800 millóns de persoas seguen a pasar fame? Se cadra, o lema desta campaña: “O mundo non precisa máis comida, senón máis xente comprometida”, recolle dun xeito claro que o cerne da cuestión está no desigual reparto, que esixe de nós un maior compromiso á hora de consumir, á hora de crearnos necesidades irreais, á hora de coidar a casa común. Como ben nos lembra o Papa Francisco: “os alimentos que tiramos ao lixo son alimentos que lle roubamos á mesa dos pobres”.

Que a celebración que agora comezamos abra o noso corazón á quentura dun Deus que, porque nos crea a todas as persoas iguais en dignidade, quere que nos relacionemos como irmáns e irmás e non coma dominadores e dominados.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

*    Porque estragamos moito, esquecendo que os bens deben chegar a todas as persoas; SEÑOR, QUE ASUMAMOS A NOSA RESPONSABILIDADE.

*   Porque se nos enche a boca falando de solidariedade; mentres o noso corazón está ferido de morte polo egoísmo; CRISTO, QUE ASUMAMOS A NOSA RESPONSABILIDADE.

*   Porque nos sobran boas intencións e boas palabras; pero o noso compromiso segue sendo máis ben escaso; SEÑOR, QUE ASUMAMOS A NOSA RESPONSABILIDADE.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

·      O libro do Eclesiástico chámanos a reflexionar sobre unha actitude que que non está de moda no noso mundo: a responsabilidade. Deus sae ao encontro do seu pobo e móstralle o camiño que conduce á vida; pero cada persoa é libre para escoller, para desenvolver a súa propia existencia. Unha vez máis podemos dicir sen medo a equivocarnos: que lonxe estamos da Palabra!, que afastados nos atopamos de que isto sexa unha realidade na nosa vida!. Si, porque, a diferenza de Deus, nós estamos cheos de medo e de complexos e parécenos que iso da liberdade, da proposición e non da imposición, da responsabilidade... son, coma quen di, tonterías.... O mellor é ter alguén que dirixa a túa vida, que tome decisións por ti, que controle o teu camiño...; así serás doutrinalmente seguro e non caerás na tentación da autocrítica ou do pataleo reivindicativo. Non... Pero xustamente porque as cousas sempre se fixeron así, estamos onde estamos: nun infantilismo perpetuo da nosa fe, nunha fe que só alimentamos con rutinas (aínda que estas non teñan máis sentido que o sempre se fixo así), nunha fe que non esixe nada na nosa vida, nunha fe que parece un adobío bonito que conxunta á perfección con algúns traxes (celebracións, recadacións, rutinas, boato, maxia....), pero que non lle vai nada a outros (responsabilidade no traballo, loita polo desenvolvemento, búsquea da xustiza, transparencia na administración dos cartos que non son nosos....). Por iso hoxe que ben nos vén que o Señor nos advirta de que temos que ser mellores que os letrados e fariseos para poder entrar no seu Reino. Lo más!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Que balón de osíxeno nos dá cando nos lembra que non deixará impunes aos mentireiros, aos que viven de aparencias, aos que fan do ordeno e mando o motor da súa vida, aos que utilizan o medo e o poder para dominar, aos que, falando no seu suposto nome, humillan, aldraxan e ningunean ás persoas atendendo a diferentes e peregrinas razóns: xénero, status económico, crenzas, orixe, traballo.... Grazas, Señor, por crearnos libres e por respectar as nosas decisións!!!!.

·      Pero non nos enganemos!!!!!!!!!. Isto complica moito máis o asunto. Unha vez que nos atopamos con Xesús na nosa vida, xa nada será o mesmo, seremos moito máis esixentes con nós mesmos, faremos da coherencia o abc da nosa vida.... El que vén a darlle plenitude á lei, tamén vén para complicar a nosa vida, para chamarnos a vivila dende unha opción fundamental pola xustiza, a solidariedade e o desenvolvemento. Estes principios sobre os que asentamos a nosa vida son máis que flor dun día, son valores permanentes que engrandecen e dan sentido á vida dos seres humanos. Xustiza, liberdade, paz, amor, e verdade son así o eixo fundamental da nosa ortopraxe e da nosa ortodoxia. Porque se queremos facer algo polos demais, non hai escusas, hai moitos motivos.

·      Por iso nos identificamos coa campaña de Mans Unidas que hoxe celebramos. Porque somos conscientes de que o mundo ten que cambiar, porque non vai ben. Témolo convertido nunha casa onde cadaquén vai ao seu deixando persoas nas súas beiras ás que trata como sobrantes e descartadas, sen contar para nada. Por iso, a solidariedade á que sempre se nos chama; pero se cadra hoxe dun xeito especial, ten que movernos a un compromiso coherente coa fe que libremente profesamos: ocuparnos e preocuparnos uns dos outros. Porque somos adultos, porque somos libres, estamos chamad@s a ser responsables dos nosos actos. Moitas veces escoitamos dicir a moita xente, se cadra tamén algunha vez o dixemos nós: se Deus existise non permitiría que a xente morrese de fame.... e quedamos tan tranquilos, porque atopamos en Deus un chivo expiatorio para tranquilizar a nosa conciencia, culpabilizándoo a El de algo do que só nos somos responsables, xa que no mundo hai bens para todas as persoas; pero o noso egoísmo fainos acaparar, consumir e posuír (moitas veces mesmo para logo estragar) sen importarnos que outras persoas pasen fame de alimentos, de dignidade, de cultura, de sanidade.... de Deus. Cambiemos o rumbo e comecemos a termar uns de outros e, todos xuntos, da nosa casa común.

FRATERNIDADE ORANTE

Porque nos creaches libres e con capacidade para tomar decisións sen sentírmonos presionados, agradecémolo dicindo xunt@s:

QUE UNAMOS A NOSA MAN Á MAN DO IRMÁN

Para que saibamos ser Igrexa universal e solidaria, ofrecendo o que temos e renunciando a canto non necesitamos; OREMOS.

QUE UNAMOS A NOSA MAN Á MAN DO IRMÁN

Polas nosas comunidades, para que sexamos sempre mans que levanten, acollan e acubillen a quen está á beira do camiño, porque quedou sen forzas, OREMOS.

QUE UNAMOS A NOSA MAN Á MAN DO IRMÁN

Por todas as persoas que padecen fame de calquera tipo: de pan, de casa, de dignidade, de escoita, de sorriso, de esperanza, de cultura, de respecto....de Deus; OREMOS.

QUE UNAMOS A NOSA MAN Á MAN DO IRMÁN

Por cada un e cada unha de nós, para que deixemos de lado o noso pasotismo, a nosa indiferenza e a nosa comodidade e nos abramos á responsabilidade do compromiso solidario que esixe o noso apelido de cristiáns e cristiás, OREMOS.

QUE UNAMOS A NOSA MAN Á MAN DO IRMÁN

Señor, porque confiamos en Ti e na capacidade que nos deches de ser libres, agradecemos poder compartir esta oración comunitaria reuníndonos no teu nome e chamándonos a un compromiso real por non deixarnos levar da tentación do cómodo e fácil. P.X.N.S. 
-->

MIRADA ESPERANZADA

Moitas cousas teñen que reorientar o seu rumbo; pero ante todo a humanidade precisa cambiar. Fai falla conciencia dunha orixe común, dunha pertenza mutua e dun futuro compartido por todas as persoas. Esta conciencia básica permitiría o desenvolvemento de novas conviccións, actitudes e xeitos de vida (LS 202).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor