Ir al contenido principal

Trindade 2022

 Domingo da Trindade 2022

Poñendo os ollos en Ti, que saibamos vivir o amor na comuñón cos demais

Canto gozoso

Entrada.-   Camiñando pola vida (  )

Lecturas.- O amor é o meirande  ( )

Ofertorio.-  Eiquí están, Señor, enriba do altar  (  )

Comuñón.-  Quédate, Señor, connosco (  )

Ollos abertos

A festa da Trindade que celebramos hoxe ponnos no camiño da relación e do amor compartido Deus Pai, Fillo e Espírito Santo viven unha relación de comuñón que os converte en diálogo con capacidade para ofrecer o seu proxecto asentado no amor e no enriquecemento que supera o individualismo dun Deus que manda, impón, escolle e dirixe. Non, o Deus no que nós cremos e confiamos é un Deus de relación, encontro, acompañamento e confianza.

Estes catro aspectos non só definen a Deus, tamén se converten en esixencias para cantos, querendo seguir as súas pegadas, temos a misión de dar razón da esperanza que El nos ofrece no camiñar cotián da cada un/ha de nós e das comunidades coas que camiñamos facéndoo en relación cos demais, buscando atoparnos, sabendo acompañar e superando a desconfianza.

Corazón misericordioso

Polas veces nas que nos pechamos nas nosas intolerancias. Señor, que  non nos poñamos de costas ante Ti.

Polas veces nas que  somos incapaces de prestar atención ao que nos din. Cristo, que  non nos poñamos de costas ante Ti.

Polas veces nas que todo o reducimos ao eu, esquecendo que tamén somos ti e nós. que  non nos poñamos de costas ante Ti.

Palabra Proclamada

Lectura do libro dos Proverbios

O Señor produciume ó encetar a súa tarefa,

antes das súas actividades;

desde a antigüidade, desde o remoto pasado fun formada,

antes das orixes da terra.

Cando non había océanos abismais, fun parida,

cando non había fontes, mananciais de auga;

aínda non foran afincadas as montañas,

antes dos outeiros, fun dada a luz;

cando aínda non fixera a terra e as campías

nin os terróns primeiros do mundo,

cando afirmaba o ceo, alí estaba eu;

cando gravaba o cerco arredor do abismo,

cando aseguraba as nubes no alto

e daba enerxía ás fontes subterráneas,

cando lle impuxo os lindes ó mar

de xeito que as augas non incumprisen o seu mandato,

cando fixaba os alicerces da terra,

alí mesmo estaba eu, cabo del, coma un mestre de obras,

dándolle gusto día tras día,

folgando diante del continuamente,

recreándome no orbe da terra,

e o meu pracer foron os seres humanos. Palabra do Señor. Grazas a Deus.

Lectura da carta aos Romanos

Xustificados, logo, pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo. Por El temos tamén entrada a esta graza na que nos mantemos; e estamos orgullosos coa esperanza de lograr a gloria de Deus. E non só isto, senón que estamos orgullosos nas tribulacións, sabendo que a tribulación xera a paciencia, a paciencia proba a fidelidade e a fidelidade produce a esperanza. E a esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o Espírito Santo, que se nos deu. Palabra do Señor. Grazas a Deus

Lectura do Evanxeo segundo Xoán 

Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora. Cando veña El, o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciaravos o que ha de pasar. El hame glorificar, pois recibirá do meu e interpretarávolo. Todo o que ten o Pai é meu, por iso díxenvos que recibirá do meu e volo interpretará a vós. Palabra do Señor.

Palabra remoída

Se algo debemos celebrar hoxe é que Deus é, por riba de todo e sempre, amor. Un amor que fai que o mundo sexa casa compartida e que  todo canto hai nel sexa unha experiencia de encontro e relación. Como adoita dicir  habitualmente o papa Francisco, todo está conectado. E si, a festa da Trindade móstranos esa conexión é posible porque primeiro o foi na relación entre o Deus Pai, Fillo e Espírito Santo. Unha relación  igualitaria en dignidade e respecto; unha relación sen equidistancias, pero si comprometida por defender que o creado é obra deste amor e  esíxenos que sexamos nós quen continuemos esta mostra de amor tendo nu mundo unha actitude de compromiso, mellora e cambio. Porque nada se nos escapa e todo ten/está en relación. Non somos illas, somo comunicación, proxectos en común, camiño compartido. Nunha palabra, a Trindade sinodal fai de nós comunidades tamén sinodais. Nada chega a bo porto de xeito individual; pero moito se pode facer cando camiñamos en xuntanza que enriquece e nos fai crecer e madurar.

O que nos leva a ter sempre presente que a solidariedade ha ser un  elemento que sirva para distinguirnos alí onde estamos e co que fagamos. Porque non estamos sos, tampouco podemos camiñar sos, ao noso aire e prescindindo do demais. Só seremos quen sendo con. Fagamos logo do soño realidade e traballemos por ser fogar e familia, inda que nos pareza imposible ou o vexamos  utópico. Quen non arrisca xamais  será capaz de conseguir rem.

Deixándonos levar polo aletexo do Espírito iremos avanzando neste camiño de pasar do eu ao nós; do meu ao noso; do algo ao alguén persoal, concreto , filla e fillo de Deus. Con capacidade de traballar para mellorar cousas, por apostar por proxectos novos, por non deixarnos vencer pola desesperanza. E isto ten que ser unha aposta de presente e un camiño de futuro .Xa pasou o tempo de mirar atrás, de desexar o que xa non vai vir, de estar sempre  a pensar no que pasou( foi/onte). O dinamismo que nos mostra a relación Pai, Fillo Espírito Santo, é unha relación de esperanza que mira cara adiante e  empéñase en buscar e desenvolver o novo. Que a graza que Xesús nos ofrece, sexamos capaces de descubrila no traballo compartido en todo canto poña a persoas no cumio desde unha relación de iguais.

Oración da comunidade

Porque Deus é  comuñón significada en amor compartido, sexamos tamén nos comuñón rezando comunitariamente  dicindo: Señor, que o amor  mova os noso pasos.

Porque queremos ser unha Igrexa de iguais e responsabilidade compartida. Oremos .Señor, que o amor  mova os noso pasos.

Porque  temos que esforzarnos  para que nas nosas comunidades  sexamos capaces de superar distancias, individualismo e enfrontamentos. Oremos. Señor, que o amor  mova os noso pasos.

Para que sexamos quen de descubrir que o individualismo non crea proxectos, e que só o respecto comunitario supón avances e camiños novos que nos fan traballar coas persoas maiores e enfermas,  as crianzas e quen se vexa en exclusión. Oremos. Señor, que o amor  mova os noso pasos.

Nas túas mans poñemos a nosa oración comunitaria, Pai de amor, Fillo de solidariedade e Espírito de esperanza. Amén.

Recendo de gratuidade

Cremos nun Deus Pai

Cheo de amor e compaixón.

Que coida de todas e todos nós,

Coma o paxaro do seu niño.

Admiramos a súa tenrura

para con fillos e fillas.

Cremos en Xesucristo:

O seu Fillo amado ,

froito dun ventre bendito.

O noso irmán e compañeiro

Cremos e veneramos

Ao  Espírito Santo.

Agasallo de vida

E fonte de auga alentadora

Que da vida aos noso fogares,

E acrecenta  a forza  que estimula

O noso ser con que superar

A tentación de querer ser sen.

Cremos no Deus sendo sempre para e cos demais. Amén.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel