Ir al contenido principal

ASUNCIÓN DA NOSA SEÑORA 2022

 

Andando camiño e na procura das sabelas do noso tempo

 

Cantos

 

·      Entrada: Noraboa María  - a ti te saudamos -  (Nº 74 )

·      Lecturas: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)

·      Ofertorio: Recibe Señor (Nº 31 )

·      Comuñón: Esa é María (Nº 72)

 

Pórtico

 

            Dicir quince de agosto é dicir festa de María; festa dun recuncho ao outro do país; festa de encontro familiar; festa de celebración parroquial; festa de agradecemento polo seu si de acollida que abriu o camiño da salvación.

Pero dicir María cando nos referimos á fe, supón dicir muller arriscada, muller xenerosa, muller entregada ao servizo dos demais, facendo a súa vida moito máis doada e feliz. Por iso en María vémonos todas e todos reflectidos como espello desde o que ir descubrindo que sen ela: muller, crente e cristiá, non poderiamos estar hoxe aquí celebrando e compartindo a fe.

       Que nos esforcemos por  descubrir a María como a muller que non se deixou someter nin polas presións nin polas envexas nin polos atrancos que se ían poñendo no camiño. Que coma ela, tamén nós fagamos das nosas pegadas loita por acadar a igualdade na Igrexa e na sociedade.

 

 

corazón misericordioso

 

·      Por tódalas veces nas que, a diferenza de María, non soubemos defender a igualdade entre homes e mulleres; SEÑOR, ÁBRENOS SEMPRE A TÚA MAN.

 

·      Por tódalas veces nas que os nosos medos serviron para que outras persoas fosen violentas e pouco respectuosas; CRISTO, ÁBRENOS SEMPRE A TÚA MAN.

 

·      Polas veces nas que temos sido medios de clasismo e desigualdade no noso ser igrexa; SEÑOR, ÁBRENOS SEMPRE A TÚA MAN.

 

 

palabra proclamada

 

Proclamación da Palabra recollida no libro da Apocalipse

 

Abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario.

E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. Estaba embarazada e berraba cos retorzóns e as dores do parto.

Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas. Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.

Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. E a muller fuxiu para o deserto

E oín un gran berro no ceo, que dicía: ''Arestora chegou a vitoria, o poder,

e o reino do noso Deus, así como a soberanía do seu Mesías. Palabra do Señor

 

Proclamación do santo Evanxeo segundo Lucas

 

María saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, exclamou Isabel, a grandes voces:

-      Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. ¿Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a criatura no meu ventre. ¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!

Entón María exclamou:

A miña alma proclama a grandeza do Señor,

e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,

porque reparou na súa humilde escraviña.

Velaí: desde agora

tódalas xeracións me van felicitar.

¡Marabillas o Poderoso fixo en min!

O seu nome é Santo;

a súa misericordia chega xeración tras xeración

a tódolos que o temen.

Manifesta o poder do seu brazo,

desbaratando os plans dos soberbios.

Derruba do seu trono ós poderosos,

e fai subir ós humildes;

ós famentos éncheos de bens,

e ós ricos despídeos baleiros.

Ampara a Israel, o seu Servidor,

lembrándose da súa misericordia,

conforme prometera a nosos pais,

en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.

 María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa. Palabra do Señor.

PALABRA REMOÍDA

·      Muller forte e refulxente. Muller que non se deixa vencer polas dificultades e atrancos, muller loitadora e constante, muller que abre camiños a outras mulleres e alenta a non deixarse desesperar ante as dificultades que se van atopando no camiño. No texto da primeira lectura temos unha fermosa metáfora do que supón o testemuño de María para a Igrexa; e dentro dela, para tódalas mulleres. Un texto a contratempo do que durante moitos anos foi ocorrendo na Igrexa. Pero tamén un texto de utopía e esperanza de que nunca nada se debe tomar con derrotismo e desesperanza. 

 

·      Hoxe, quince de agosto, festa de María, nela, as mulleres e os homes crentes que cremos na igualdade e na dignidade compartida no Deus que nos creou e nos invita a camiñar e tratarnos con igualdade, vémonos alentados a superar atrancos e dificultades. A unir mans que acaden presenza e respecto; mans que non xustifiquen, e si condenen, discriminación e violencia; mans que non fagan distincións de xénero nin clericalismo misóxino. Hoxe en María, todas e todos nós somos redimidas e redimidos na igualdade.

 

·      E coma ela, tamén a nos, se nos chama a poñernos en camiño, a non ter medo, a dar pasos cara a diante. Sen preocuparnos polo número nin pola condición social e sexual. Con e en María, na festa do quince de agosto, tamén nós temos que poñernos en camiño cara onde están as “Sabelas” do noso tempo. Unhas “Sabelas” que precisan a nosa man, o noso sorriso, a nosa paciencia e a dispoñibilidade para, “full time”, saber estar cóbado con cóbado para erradicar todo canto se opoña ao evanxeo e faga a unhas persoas menos cas outras. En María fomos, todas e todos nós convertid@s en iguais. E como logo dixo Paulo: nin escravos nin libres, nin xudeus nin gregos, nin ... só crentes no camiño aberto por Xesús e andado con alegría e servicialidade real e natural por María. 

 

 

 

 

 

 

ORACIÓN COMPARTIDA

Na celebración da festa de María, que tamén nós, como o soubo facer ela, sexamos quen de non permitir que a desigualdade e a exclusión pervivan nas nosas comunidades. Por iso dicimos: 

SEÑOR, QUE A IGUALDADE MARQUE O NOSO ACTUAR COMA PERSOAS CRENTES.

·      Para que a Igrexa se aparte de todo comportamento que non trate a tódalas persoas como iguais en dignidade, xénero e responsabilidade; OREMOS.

·      Para que nas nosas parroquias rompamos cos retrousos de crer que non somos iguais e non podemos ter as mesmas responsabilidades á hora de facer cousas que dignifiquen ás persoas; OREMOS.

·      Para que ninguén se xustifique no sempre foi así ou isto é a tradición, evitando recoñecer que homes e mulleres somos iguais en dignidade e merecemos o mesmo respecto, como sempre o mostrou María co seu actuar; OREMOS.

Grazas, Señor, polo testemuño de María no seu loitar para que non houbera nin discriminación nin desigualdade entre as persoas que querían ser seguidoras túas. P.X.N.S.Amén.

 

AZOS DE ESPERANZA

Traballemos por desatar os nós do noso mundo:

·      primeiro nó que hai que desatar é o da soidade e a indiferenza, tan presente no noso tempo.

·      segundo nó é o do desemprego, con especial atención ao desemprego da mocidade, ao feminino, ao dos pais e nais de familia e ao dos que intentan defender aos seus empregados.

·      terceiro nó está representado polo drama da violencia, en particular a que se orixina na familia, no fogar dentro das paredes da casa, sobre as mulleres.

·      cuarto nó refírese ao progreso humano, que a investigación científica está chamada a apoiar, poñendo en común os descubrimentos para que sexan accesibles a tódalas persoas, especialmente ás máis débiles e pobres.

·      quinto nó a desatar é o da atención pastoral. Que as Igrexas locais, as parroquias, os oratorios, os centros de pastoral e de evanxelización redescubran o entusiasmo e o novo impulso en toda a vida pastoral. Que la mocidade poida casar e construirá unha familia e un futuro.       

(Papa Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor