Ir al contenido principal

2 Pascua 2023

A paz é camiño de esperanza e resurrección

 

( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial)

Cantos

• Entrada.- Que ledicia miña (Nº 4)
• Lecturas.-  Canta Aleluia (Nº 21)
• Ofertorio.- Recibe Señor (Nº 31)
• Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas (Nº 50)

 

Mirada agradecida

 

O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e compartir coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é esperanza porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron. Deste xeito pouco a pouco foron vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser hoxe semente de alegría e esperanza co noso testemuño alí onde esteamos.

 

Corazón misericordioso

 

• Porque non queremos camiñar no pesimismo. SEÑOR, GRAZAS POR CAMIÑAR CON NÓS.
• Porque queremos espantar os nosos medos. CRISTO, GRAZAS POR CAMIÑAR CON NÓS.
• Porque non queremos vivir con desacougo. SEÑOR, GRAZAS POR CAMIÑAR CON NÓS.

 

Palabra proclamada

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 

Os irmáns eran perseverantes en escoita-la ensinanza dos apóstolos, na comuñón da vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións. Apoderouse de todos o respecto, pois os apóstolos facían moitas marabillas e sinais. Tódolos crentes vivían unidos e tiñan todo en común: vendían os seus bens e propiedades, e repartíanos entre eles, conforme ás necesidades de cada un. Todos a unha asistían diariamente ó templo, partían o pan nas casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón; louvaban a Deus, e eran ben vistos por todo o pobo. Cada día o Señor aumentaba o número dos salvos e xuntábaos ó grupo. Palabra do Señor.

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

 

Louvado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo!

Que pola súa grande compaixón,

resucitou a Xesús Cristo da morte

e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,

a unha herdanza que non se corrompe 

nin se afea

nin murcha,

predestinada por Deus para vós;

gracias á fe que vós tedes,

estades protexidos polo poder de Deus

en vistas á salvación

que está para se manifestar, no intre final.

Por iso brincades de alegría, anque agora, se fai falta, teñades que sufrir por un pouco tempo diferentes probas. Deste xeito, o xenuíno da vosa fe ten máis valía do que o ouro que, a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume e considérase merecente de louvanza, gloria e honra cando se revele Xesús Cristo. A quen amades sen o terdes visto; en quen credes, aínda sen o ver; e brincades, cheos dunha alegría indicible e gloriosa, porque conseguíste-lo froito da vosa fe, a vosa salvación persoal.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:

Paz convosco.

Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:

Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.

E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:

Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xémeo, non estaba con eles cando chegou Xesús. Dicíanlle entón os outros discípulos:

Vímo-lo Señor.

Pero el contestoulles:

Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.

Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:

Paz convosco.

Despois díxolle a Tomé:

Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.

Tomé respondeulle:

¡Meu Señor e meu Deus!

Xesús díxolle:

¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!

Moitos outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se escribiron neste libro. Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus e, crendo, teñades vida nel. Palabra do Señor.

 

Palabra enraizada

 

Pascua é paso ledo que fai latexar os corazóns de cantos a queremos vivir como unha experiencia de cambio, renovación e renacemento. Xesús non resucitou para que nós o lembremos ou fagamos unha parodia do que alí pasou naquel tempo. Non. Xesús resucita para que nós o sintamos ao noso lado, connosco, acompasando os nosos pasos, alentando os proxectos, reafirmando as ilusións, acompañando as dúbidas. Os discípulos pasaron de pecharse na casa atenazados polo medo, a dar testemuño do que sentían e vivían: quixeron compartir o seu gozo. O que lles foi cambiando a vida, non para chorar o pasado, senón para alentar o seu presente e albiscar un futuro de plenitude e festa, ao estilo de Xesús. Por iso sentimos que non estamos sos, que El camiña ao noso lado, que non facemos un remedo de algo que xa foi pero non é. Non, Pascua é sentir que seguimos as súas pegadas sabendo que El nos acompaña. Por iso, o mesmo que os cristiáns da primeira hora, tamén nós queremos esforzarnos por seremos:

 

• “perseverantesSuperando a tentación de caer na astenia que nos inhabilita e incapacita para crer e testemuñar que Cristo vive. Quen persevera sabe que, inda que os pasos sexan pequenos, vaise avanzando, vaise saíndo das zonas da preguiza persoal que nos impide crecer e madurar; vaise tendo unha mirada de fondura que nos axuda a ver que o mundo, tendo moitas cousas que non van ben, segue aberto a cambiar. Precisando só, que nós non caiamos na tentación do andazo. Pascua é tempo de poñerse as pilas!

 

• Nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza”: Unhas pilas ben cargadas e dispostas a non deixarse abater cando veñan mal dadas; unhas pilas que nos axuden, como axudaron tamén a aquelas persoas que tanta fe tiñan nel, a non deixarse levar pola tristura. Lamber as feridas propias nin amaña nada nin nos axuda a comezar de novo. Deixemos de mirar o mal que nos fan e o malos que son os outros, e comecemos a dar razón da nosa esperanza testemuñando que é verdade que Cristo vive en nós.
• Paz convoscoO que esixe de nós un profundo cambio de actitudes que nos fagan perder os medos, que non nos pechen nos nosos cuarteis de inverno, que non nos leven a xuntarnos para laiarnos en común. Tomás non acababa de crer que o Señor resucitara, e quería seguir no vitimismo dos que se sentían ben mirando ao pasado. Os demais  deron un paso adiante, por iso creron e confiaron, de xeito que a súa paz comezou a ser a paz de Xesús. Fagámolo tamén nós!

 

Oración compartida

 

Porque Deus non é un Deus morto, dicimos na alegría pascual: ALELUIA, O SEÑOR RESUCITOU.

 

• Para que renazamos, como Igrexa que somos, a un testemuño que acolle, escoita, acompaña e integra. Oremos. Aleluia, o Señor resucitou .

 

• Para que renovemos, como comunidades parroquiais, o noso compromiso polas persoas máis débiles e esquecidas das nosas parroquias. Oremos. Aleluia, o Señor resucitou .

 

• Para que a nivel persoal a paz de Xesús nos leve a ser persoas de diálogo, entendemento e paz nas nosas decisións e no trato con quen temos máis preto. Oremos. Aleluia, o Señor resucitou.

 

Grazas, Señor, porque a túa resurrección ábrenos a todas e todos nós camiños de novidade, alegría e paz. Por Cristo o noso Señor. Amén.

 

Silencio alborozado

 

A presenza de Xesús Resucitado trouxo, aos discípulos, ledicia desbordante, unha emoción tan especial que agora as palabras transformáronse en paz, vida, ledicia e certeza. Volveu para cumprir o que lles prometera, unha vida renovada para quen o vira e para os que cremos sen ver.

Entón a nosa vida adquire sentido e a palabra compartir vólvese parte da nosa existencia, compártese a fe, o alimento e a esperanza en Deus, porque El é bo sempre. Estamos a vivir unha alegría en diferentes lugares que confirman que volveu da morte. É a ledicia que estoupa polo feito máis grande e incomprensible da humanidade: a resurrección. Por iso gozamos desta graza singular, a cada quen desbórdalle a alegría do Resucitado, converténdose en fonte de vida, ledicia e paz para os demais. E, sobre todo, de fe! (Rafael Salomón. La sencillez del amor. Vidanuevadigital)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor