Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

17 Domingo BO B 2024 Persoas Maiores

“NA VELLEZ NON ME ABANDONES” (IV XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS AVOAS E MAIORES) CANTO GOZOSO ö   ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) ö   LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) ö   OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) ö   COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) MIRADA AGRADECIDA Celebramos hoxe  en toda a Igrexa a IV Xornada Mundial das Persoas Avoas e Maiores baixo o lema “ Na vellez non me abandones . E facémolo non só como un deber de gratitude e afecto, senón coma unha necesidade para poder construír unha sociedade máis humana e fraterna. Non se trata de celebrar un aniversario unha vez ao ano. Non. Trátase máis ben de traballar para que as persoas maiores se sintan sempre parte importante da nosa comunidade e da nosa historia.  Porque unha sociedade que prescinde das persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que invisibiliza ás persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade que utiliza ás persoas maiores é unha sociedade enferma; unha sociedade

16 domingo TO B 2024

  RESPONSABLES NUNHA TAREFA COMÚN: COIDAR E CURAR DESDE A SINODALIDADE CANTO GOZOSO ENTRADA:   Camiñarei   (  12 ) LECTURAS:   O Señor é o meu Pastor   (  27 )  OFERTORIO:   Velaquí ( 37  ) COMUÑÓN:   Quédate, Señor, connosco (  63   ) DISPOÑÉNDONOS A AQUECER O CORAZÓN Cando facemos moitas cousas á vez, sen pensalas ben, sen pararnos a reflexionar sobre as consecuencias dunha decisión ou doutra, corremos o risco de caer nun activismo superficial e desacougante. As lecturas de hoxe invítanos a un actuar paseniño, e desde elas convídasenos a ir máis a modo, pensando, contrastando, discernindo as decisión que tomamos na vida. Tanto a nivel persoal como a nivel comunitario. Neste camiño vai a insistencia do papa Francisco sobre a necesidade dun actuar na Igrexa de maneira sinodal, entre todas e todos, pensando as decisións, buscando momentos para orar en comuñón, deixándonos levar polo aleteo do Espírito. Comecemos entón a nosa oración comunitaria de hoxe sen présa e con fondura.