Ir al contenido principal

14 domingo TO B 2024

FUXAMOS DOS XUÍZOS SOBERBIOS QUE SÓ MOSTRAN A NOSA MESQUINDADE

CANTOS

Entrada.- Ti es camiño e verdade ( 57 )
Lecturas.- As túas palabras (113)
Ofertorio.-Velaquí, Señor, o viño ( 37 )
Comuñón.- Acharte presente na vida ( 51 )

ACOLLENDO A TÚA INVITACIÓN

Neste noso mundo que entre todas e todos estamos a construír, non deixamos de facer xuízos, moitas veces inxustos e dolorosos, sobre as persoas. Que se son así, que do outro xeito, que... Sen darnos conta que xulgar é sempre crernos mellores ou superiores ás demais persoas. E esa soberbia e esa pretendida superioridade vainos convertendo en persoas mesquiñas e ruíns. Disto vai o evanxeo de hoxe. Aqueles que se crían por riba de todo e todos, xulgan e desprezan a Xesús porque coidaban que eran mellores e tiñan máis “pedigrí”.

Hoxe, tamén somos quen de facer xuízos e diferenciar bos e malos, sen pensar como somos real e verdadeiramente nós. Agora, que imos comezar o noso encontro, dispoñámonos a mirar dentro de nós, e esforcémonos por ser sinceros e honestos con nós mesmos, para non caer endexamais na soberbia mesquiña de quen se cre mellor e por riba dos demais.

RECOÑECÉMONOS PRECISADOS DE MISERICORDIA

Pola nosa mesquindade de crernos superiores aos demais. SEÑOR, QUE RECOÑEZAMOS OS NOSOS ERROS.
Polo noso afán de menosprezar a quen non pensa coma nós. CRISTO, QUE RECOÑEZAMOS OS NOSOS ERROS.
Pola nosa falta de empatía e recoñecemento do ben das demais persoas. SEÑOR, QUE RECOÑEZAMOS OS NOSOS ERROS. 

E SENTIMOS O ALENTO DA TÚA PALABRA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL
Mentres me estaba a falar, entrou en min un espírito que me puxo de pé, e escoitei o que estaba a falar.
Díxome: ‑Fillo de Adan, eu voute mandar onda os fillos de Israel, onda un pobo de rebeldes que se reviraron contra min ‑eles e mailos seus pais‑, que pecaron contra min, ata o mesmo día de hoxe. Estes fillos, ¡que duros son de cara! ¡Que obstinados de corazón! Voute mandar onda eles, e vaslles dicir: "Así fala o Señor, Iavé". Deste xeito, eles escóitente ou rexéitente, pois son casa rebelde han saber de certo que hai un profeta no medio deles. Palabra do Señor.
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
Debido á grandeza das revelacións, por iso, para que non teña soberbia, espetóuseme un aguillón na carne: un emisario de Satanás, para que me pegue lapotes, e así non teña orgullo. Por tres veces pedinlle ó Señor que o arredase de min, pero respondeume: "Chégache coa miña gracia; a forza vese cumprida na fraqueza". Daquela presumirei con gusto das miñas debilidades, para que así resida sobre min a forza de Cristo. E por iso gózome nas fraquezas, nas afrontas, nas necesidades, persecucións e angustias que sufro por Cristo; porque, cando estou débil, entón é cando son poderoso. Palabra do Señor.
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Saíndo Xesús de alí, foise para a súa vila, acompañado polos seus discípulos. Cando chegou o sábado, empezou a ensinalos na sinagoga. E moita da xente que o escoitaba dicía abraiada:
‑¿De onde lle veñen a este todas esas cousas? ¿Que sabedoría é esa que lle ensinaron, e como pode facer tantos milagres pola súa man? ¿Non é este o carpinteiro, fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e mais Simón, e as súas irmás non viven aquí connosco?
Estaban realmente escandalizados. Pero Xesús díxolles:
‑Non hai profeta máis desprezado que na súa terra, na súa casa, ou entre os seus parentes.
E non puido realizar alí ningún milagre, fóra dalgunhas curacións, que fixo impoñendo as mans. Estaba sorprendido por aquela incredulidade. E dedicouse a andar polas aldeas dos arredores, ensinando. Palabra do Señor.

PARA CAMBIAR A NOSA VIDA

·Saber escoitar non é doado, inda que pensemos o contrario. Non hai máis que ver o difícil que nos resulta entender o que outras persoas nos din cando nos falan ou nos contan o que lles está a pasar, o que senten ou por que tomaron unha determinada decisión. E isto é así porque escoitar non é só oír, supón atención, concentración e respecto para con quen nos fala. E non sempre estamos en disposición de concedelo. Gústanos intervir, interromper, opinar... e iso fai que a nosa atención non sexa real e verdadeira. Simulamos, pero no fondo estamos a outra cousa. Porén, a Palabra de Deus hoxe déixanolo claro: a obstinación do corazón íllanos e afástanos do orballo sempre refrescante da súa presenza .
E este orballo vai curando as nosas sedes, tantas veces provocadas por non saber dosificar as nosas palabras, os nosos comportamentos, os xestos desde os que imos desenvolvendo a nosa vida. O orballo da presenza de Deus frea as nosas ansias de pensar que estamos por riba dos demais, que non precisamos das outras persoas, ou que a nosa autosuficiencia é a que nos produce felicidade e paz interior. E non, iso non é así, e sabémolo. Pero moitas veces queremos enganarnos facendo ou dicindo o contrario do que sabemos que debemos facer. Por iso, neste domingo invítasenos a non facerlle oco no corazón a todas esas actitudes, por moi de moda que estean, que desprezan, que diferenzan, que crispan ou que enfrontan a unhas persoas con outras. E non por medo a que nos castiguen, non, senón porque non nos producen máis que dor, tristura e desacougo interior..
Vémolo no evanxeo de hoxe. Os que estaban ao redor de Xesús, aqueles que sabían quen era, de onde viña, cales eran os seus familiares... eran os primeiros que o desprezaban, que lle daban as costas, non sendo capaces de recoñecer nin o que nin como facía as cousas. É dicir, como poñía sempre as persoas no centro e por riba da todo o demais: condición social, identidade cultural (pensemos nos samaritanos), razóns familiares... Para Xesús o importante estaba por riba de todo iso. E a súa coherencia acabou pagándoa coa súa vida; e por iso mesmo o desprezaban aqueles que o coñecían de sempre. Desde esta palabra escoitada, podemos hoxe tamén nós preguntarnos: como é o noso actuar? Como tratamos aos demais?; de que xeito somos capaces de recoñecer o bo traballo, o bo facer, o compromiso daquelas persoas que, coñecéndoas desde sempre, e que nos van mostrando as súas capacidades e todo canto son capaces de facer ben? Xulgar non é camiño. Coñecer, recoñecer e valorar o que outras persoas constrúen, para facer felices aos demais, é o camiño para tomar en serio aquilo que dicía Xesús: amádevos coma irm@ns!

SENTINDO A FORZA DA ORACIÓN COMUNITARIA

Compartimos este momento de oración comunitaria sentindo ao noso lado a presenza de Deus e dicindo: QUE A MESQUINDADE NON ANIÑE NA NOSA VIDA.
  • Que entre todas e todos construamos unha Igrexa máis fraterna, solidaria e acolledora. Oremos.
  • Que nos esforcemos por construír parroquias onde nos coñezamos, nos queiramos e nos axudemos. Oremos.
  • Que nós non nos deixemos levar da tentación de desprezar, xulgar ou excluír a quen non pensa coma nós ou non é do noso grupo de amizades, familiares ou veciñanza. Oremos.
Ante ti, e con sinxeleza, Señor, queremos darche grazas pola constante invitación que nos fas a ser persoas humildes, sinceras e honestas. Por Cristo o noso Señor. Amén.

E A CALOR DA TÚA ACOLLIDA



“Deus non é un Deus mesquiño: El non coñece a mesquindade, dáo todo. Significa ademais que Deus non e un Deus estático: El mira, espera que nos convertamos. Deus é un Deus que sae: sae buscar, a buscarnos a cada un e cada unha de nós. Cada día El búscanos, estanos a buscar», como fai o pastor coa «ovella perdida» ou a muller coa moeda perdida. Deus busca, é sempre así. Deus espera activamente. Nunca cansa de esperarnos. Comportase como o pai ancián do Evanxeo que ve que o fillo volve á casa desde lonxe e inmediatamente sae ao seu encontro para abrazalo. Tamén Deus nos espera: sempre, coas portas abertas. Porque o seu corazón non está pechado: sempre está aberto. E «cando nós chegamos, como a ese fillo, apértanos, bícanos: un Deus que hai festa.
É verdade que «no es doado, cos nosos criterios humanos —nós somos pequenos, limitados— entender o amor de Deus. Podemos ver nestes xestos do Señor esta sobreabundancia, pero entendelo todo non é doado”. (Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos como Xesús se anoxa diante daqueles que converteran o templo nunha tenda de compra venta, e reacciona facendo unha afirmación que nunca deberiamos esquecer: “ no

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por