Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2024

22 domingo TO B 2024

FUXIR DAS FALSAS FIDELIDADES, QUE NON AGOCHAN MÁIS QUE MEDO E AUTORITARISMO CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Benaventurados (Nº 119) OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASO “Rexeitáde-los mandados de Deus e agarrádesvos ás tradicións humanas”. Esta sentencia que escoitaremos hoxe no Evanxeo en boca de Xesús quere chamar a nosa atención para que teñamos o corazón aberto a fuxir das falsas fidelidades. Si. Porque moitas veces, para tranquilizar a nosa conciencia, para agochar o noso medo e a nosa inseguridade, aferrámonos á tradición, a esa frase tan socorrida e lapidaria do “sempre se fixo así”. Porén Xesús dinos que temos que ser persoas creativas, tamén no eido da fe, sen deixarnos levar da frivolidade que a converte nun negocio ou nun intercambio comercial. Acollamos, xa que logo, a frescura dunha Palabra que nos invita a camiñar deixando atrás rutinas e cultos baleiros que só escravizan. CO

21 domingo TO B 2024

  DECIDIR EN LIBERDADE, ACTUAR EN CONSECUENCIA CANTO GOZOSO «   ENTRADA:   Que ledicia a miña (Nº  4) «   LECTURAS:  As túas palabras, Señor (Nº 113) «   OFERTORIO:   Eu soñei (Nª 58) «   COMUÑÓN:  Déixate querer (Nº 61)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN Decidir non é tarefa doada. Son moitos os elementos entran en xogo: pros e contras de escoller isto ou aquilo; como nos vai esixir esforzo, tempo ou cambio nas relacións coas persoas do noso contorno… En fin, decidir supón esforzo e tempo se queremos que a nosa elección sexa responsable e madura.  Disto é do que nos queren falar os textos que imos proclamar na celebración: de saber escoller ben cal queremos que sexa o camiño da nosa vida, e de deixarnos acompañar pola man de Deus. Unha man que sostén, unha man que acariña, unha man que coida, unha man sempre aberta e chea de tenrura e misericordia.    PRECISAMOS DA TÚA MISERICORDIA ü   En demasiadas ocasións, Señor, as nosas decisións son rutineiras e pouco pensadas, por iso che dicimos ; 

20 domingo TO B 2024

A MESA, BENDITO LUGAR DE ENCONTRO CANTO GOZOSO · Entrada: Temos unha festa (Nº 6) · Lecturas: Canta aleluia (nº 21) · Ofertorio: Canta o sol (Nº 22) · Comuñón: Ti es o Pan do Ceo (Nº 54) OLLOS ABERTOS Nas nosas casas, a mesa é lugar de encontro, lugar de celebración. Arredor dela celebramos os acontecementos importantes da nosa vida, as festas patronais, os encontros familiares, o café compartido en boa compaña.... Todo pasa pola mesa, que se converte así non só en lugar e momento para encher o estómago, senón, o que é máis importante, en lugar de encontro, de diálogo,de participación, de apertura. Pois ben, o mesmo ocorre coa nosa fe. Cada domingo xuntámonos tamén ao redor da mesa do Pan e da Palabra convocadas e convocados polo Señor. Quere compartir con nós o seu pan, a súa vida. E nós, que sentamos xuntas e xuntos nesta mesa, somos urxidas e urxidos a facer dela unha verdadeira mesa de fraternidade. Non fagamos oídos xordos á súa invitación. CORAZÓN MISERICORD