Ir al contenido principal

21 domingo TO B 2024

 DECIDIR EN LIBERDADE, ACTUAR EN CONSECUENCIA

CANTO GOZOSO

« ENTRADA:  Que ledicia a miña (Nº  4)

« LECTURAS: As túas palabras, Señor (Nº 113)

« OFERTORIO:  Eu soñei (Nª 58)

« COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61)

 

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

Decidir non é tarefa doada. Son moitos os elementos entran en xogo: pros e contras de escoller isto ou aquilo; como nos vai esixir esforzo, tempo ou cambio nas relacións coas persoas do noso contorno… En fin, decidir supón esforzo e tempo se queremos que a nosa elección sexa responsable e madura. 

Disto é do que nos queren falar os textos que imos proclamar na celebración: de saber escoller ben cal queremos que sexa o camiño da nosa vida, e de deixarnos acompañar pola man de Deus. Unha man que sostén, unha man que acariña, unha man que coida, unha man sempre aberta e chea de tenrura e misericordia. 

 PRECISAMOS DA TÚA MISERICORDIA

ü En demasiadas ocasións, Señor, as nosas decisións son rutineiras e pouco pensadas, por iso che dicimos;  SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA.

ü Moitas veces, Cristo, á hora de tomar decisións esquecémonos da túa mensaxe e deixámonos levar polo que fan todos ou polo “sempre se fixo así”, por iso che dicimos; CRISTO, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA. 

ü Cantas veces, Señor, ás présas coas que vivimos impiden que a túa Palabra pouse no noso corazón e sexa luz e esperanza para o noso camiño, por iso che dicimos; SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA NOS ENCHA DE ESPERANZA.

ESCOITAMOS A TÚA PALABRA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

 

Xuntou Xosué a todas as tribos de Israel en Xequem, e chamou aos anciáns de Israel, aos xefes, aos xuíces e mais aos oficiais, e presentounos diante de Deus. 

E Xosué falou a todo o pobo deste xeito: 

-       Se vos anoxa servir ao Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se aos deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou aos deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e maila miña familia serviremos ao Señor".

E respondeu o pobo:

-       "Lonxe de nós arredármonos do Señor para servir a outros deuses, pois o Señor, o noso Deus, fíxonos subir a nós e aos nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do asoballamento, e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ao longo de todo o camiño que percorremos, e mais por todos os poboados por onde pasamos. Así que tamén nós serviremos ao Señor, pois El é o noso Deus".

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS EFESIOS

Irmás e irmáns:

Sede ben guiados uns cos outros por respecto a Cristo: as mulleres sométanse ós propios maridos, coma se fose o Señor, pois o marido é cabeza da muller, coma tamén Cristo é cabeza da Igrexa, o salvador do corpo. E, coma a Igrexa se somete a Cristo, así tamén as mulleres ós seus maridos, en todo.

Homes, amade as vosas mulleres, coma tamén Cristo amou a Igrexa e se entregou por ela para santificala, purificándoa co baño de auga na palabra, e para presentala deste xeito diante de si, radiante, sen lixo nin engurra nin cousa polo estilo senón santa e inmaculada. Así deben tamén os maridos amar as súas mulleres coma os seus propios corpos. Quen ama a súa muller, ámase a si mesmo, porque ninguén odiou endexamais a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo coa Igrexa, porque somos membros do seu corpo.

Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai e unirase á súa muller e serán os dous un único ser. Grande misterio é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa. 

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, moitos dos discípulos de seus discípulos dixeron:

-       ¡Que dura é esta doutrina! ¿Quen pode admitir tal cousa?

Comprendendo Xesús que os seus discípulos murmuraban do asunto, díxolles:

-       ¿Escandalízavos iso? ¿E logo se vísedes o Fillo do Home subindo a onde estaba antes? O espírito é quen dá vida, a carne non vale para nada; as palabras que eu vos falei, son espírito e son vida. E, aínda así, hai algúns de vós que non cren.

Pois ben sabía Xesús desde o principio quen eran os que non crían e mais quen o había de entregar. E proseguiu:

-       Por iso téñovos dito que ninguén pode vir a min, se non llo concede o Pai.

Desde aquela moitos dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con el. Preguntoulles entón Xesús ós Doce:

-       ¿Vós tamén vos queredes ir?

Respondeulle Simón Pedro:

-       Señor, ¿e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna, e nós cremos e recoñecemos que ti es o Santo de Deus.

PALABRA DO SEÑOR

 

UNHA PALABRA QUE É ESPÍRITO E VIDA

o   Coma noutrora o pobo de Israel, tamén nós, nesta mañá somos convidadas e convidados a decidir a quen queremos servir. A elección do pobo de Israel foi moi clara: “Tamén nos serviremos ao Señor”. Mais unha cousa é o momento puntual e outra moita moi distinta a fidelidade a unha palabra, a un compromiso que se alonga no tempo. Todas e todos nós temos a experiencia de comezar algo con moita forza, con moitas ganas, con moita ilusión pero tamén somos conscientes de que o paso do tempo, en moitas ocasións, fainos fraquear nos compromisos adquiridos. E máis neste mundo que estamos construíndo no que todo parece efémero e con data de caducidade. Non nos decatamos de que as relacións, os compromisos, as decisións que tomamos, supoñen esforzo e reflexión... e coidado!. 

o   Porque non nos enganemos, o camiño que nos propón Xesús, o camiño do Evanxeo non é un camiño doado. Esixe de nós renuncia e sacrificio, esixe mirada en abano e  gratuidade, esixe compromiso e autenticidade, esixe confianza e coherencia; esixe empatía e alteridade; esixe alegría e diálogo.  Se cadra, co paso do tempo fomos substituíndo estas esixencias polo fácil e polo cómodo: un ritualismo baleiro, un cumprimento, unha fe que non compromete a nosa vida, senón que é un accesorio que utilizamos segundo a nosa comenencia. Caemos así na indiferenza, esa apostasía silenciosa de tantas e tantas persoas bautizadas que van deixando que a fe esmoreza no seu corazón e que perden a ilusión de seguir o camiño de Xesús. 

o   Por iso hoxe somos invitadas e invitados a mirar desde outra perspectiva a pregunta que Xesús nos lanza no evanxeo que vimos de proclamar. A cuestión de “vós tamén vos queredes ir?” pode ser analizada desde o punto de vista de “e nós... por que quedamos?”. Hoxe é un bo momento para parar e pensar sinceramente sobre as motivacións de que esteamos aquí nesta mañá de domingo. Oxalá que nós tamén coma Pedro, poidamos dicir alto e sen medo: Señor, estamos aquí porque Ti tes palabras de vida eterna, estamos aquí porque Ti nos dás forza para superar os atrancos da vida, estamos aquí porque Ti alentas o noso camiñar traballando pola fraternidade, estamos aquí porque Ti es o caxato no que nos podemos apoiar no camiño da vida, estamos aquí porque Ti lle dás sentido á nosa vida, estamos aquí.... porque chamaches por nós e nós, libremente, respondemos que queremos seguirte. 

 

ORAMOS EN COMUNIDADE

Diante do Deus que nos convoca ao redor da mesa da Palabra e do Pan de Vida, oramos como comunidade dicindo:

TAMÉN NÓS SERVIREMOS AO SEÑOR, O NOSO DEUS

o   Señor, que a Igrexa de que todas e todos nós formamos parte, non se renda  á comodidade nin á hipocrisía, e sexa neste mundo firme valedora do respecto da dignidade da persoa, OREMOS. 

o   Señor, que espertemos do soño que nos está a converter en comunidades con pouca vida, apagadas, desilusionadas, demasiado preocupadas polo pasado, e sempre queixándose do que foi, OREMOS.

o   Señor, que saibamos dar o paso da palabra aos feitos, e fagamos da fe luz e alento nas nosas decisións, OREMOS. 

Alenta, Señor, o noso quefacer cotián para que sexamos verdadeiras testemuñas túas no medio do mundo. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Aquí nos tes, Xesús.
Acabamos de escoitar a túa invitación a ser as túas testemuñas e aquí nos tes.
Daremos fe da túa loita e da túa morte por defender a Deus como Pai, por defender á xente toda coma irmá.
Daremos fe coas nosas palabras, daremos fe cos nosos feitos, daremos fe comprometéndonos coa xente máis vulnerable.
Aquí nos tes, Xesús.
Somos persoas limitadas nas nosas forzas, pero dispostas a traballar amparadas nas túas.
Daremos fe da túa resurrección, da túa vida, do teu alento, da túa alegría.

(M. Regal)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos como Xesús se anoxa diante daqueles que converteran o templo nunha tenda de compra venta, e reacciona facendo unha afirmación que nunca deberiamos esquecer: “ no

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co