Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2025

26 domingo TO C 2025

Vivimos nun mundo cuns contrastes económicos brutais, un mundo cunhas cifras que dan arrepío: 1200 millóns de persoas malviven con menos dun euro ao día, 28.000 crianzas morren por causas relacionadas coa pobreza, dous terzos dos analfabetos do mundo son mulleres, 1200 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable, 840 millóns de persoas pasan fame, o 40% dos fogares españois están por debaixo do umbral da pobreza….. Este é o noso mundo, e non podemos pechar os nosos ollos diante de tanta inxustiza, de tanta marxinación e de tanta pobreza só porque a nós non nos toque directamente. Precisamos urxentemente unha globalización do amor, unha chuvia de misericordia, solidariedade e xustiza. A Palabra que imos proclamar invítanos de xeito claro a facer unha aposta rotunda pola compaixón, pois son moitos os Lázaros, son moitas as persoas da casa de Xosé que petan na nosa porta pedindo unhas migalliñas de amor.

25 Domingo TO C 2025

  NON É MÁIS FELIZ A PERSOA QUE MÁIS TEN, SENÓN A QUE MENOS PRECISA CANTO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: Xesús chamado amigo (Nº 89) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119) COMUÑÓN: Pan do ceo (53) OLLOS ABERTOS As persoas que temos a sorte de ter nado na cara amable do mundo, coidamos que os cartos son solución para todo. Invítasenos a vivir nun mercadeo constante, e mesmo parece que todo e todas as persoas se poden mercar, que sempre hai un prezo para poñerlle ás nosas accións, aos nosos valores, á nosa vida.  Mais a realidade vainos demostrando que non é así, que as cousas verdadeiramente importantes da vida, aquelas que enchen o noso corazón de alegría, non se poden mercar cos cartos: unha aperta, o sorriso da persoa que queremos, unha sorpresa.... Non é  en  ter onde atopamos sentido, senón na solidariedade que nos abre aos demais e na sinxeleza de quen busca vivir con dignidade e ser feliz vivindo co necesario, sentindo que as pequenas cousas segue...

A exaltación da Cruz 2025

SEMENTAR ESPERANZA: VELAÍ A NOSA TAREFA CANTO GOZOSO ENTRADA:  Amig@s nas penas e na festa amigos  LECTURAS : Señor Xesús (Nº 52) OFERTORIO:  Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) COMUÑÓn:  Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESCOITA ACTIVA Hoxe é a festa da Exaltación da Cruz. E pode ser que nunha sociedade coma a nosa, que busca apaixonadamente a comodidade e o máximo benestar, haberá xente que se pregunte polo sentido desta festa. Porén, se cadra máis ca nunca, cómpre lembrar que cando celebramos a cruz non enxalzamos o sufrimento, a inmolación e a morte, senón o amor, a proximidade e a solidariedade dun Deus que quixo compartir a nosa vida... e a nosa morte. A cruz é a revelación do noso destino: o triunfo de Cristo é a vitoria de todas as persoas. Ninguén nos vai quitar as dificultades, a dor, os problemas, as preocupacións; pero si sabemos que todas elas poderán ser superadas naquel en que pomos a nosa forza, a nosa esperanza, a nosa vida. Aquel que soubo superar o fraca...

23 Domingo TO C 2025

O SEGUIMENTO DE XESÚS NON PODE DEPENDER DO MEDO, DUN IMPULSO FÁCIL, DUNHA NECESIDADE DE SEGURIDADE, DUNHA HERDANZA E MOITO MENOS DUNHA RUTINA. NON É UN XOGO. TAMPOUCO UN CONXUNTO DE VERDADES NIN UNHA COLECCIÓN DE DOGMAS.  É UNHA RESPOSTA PERSOAL!!!! CANTOS ENTRADA: Con ledicia vimos LECTURAS: Contade as marabillas do Señor OFERTORIO: Señor Xesús COMUÑÓN: Eu soñei ABRINDO OS OLLOS Resúltanos difícil conxugar o que nos di a Palabra que proclamamos coa vida que vivimos. Temos moi claro que Xesús fálanos de paz, amor, xustiza, perdón... pero nós empeñámonos en vivir no enfrontamento, o odio, a inxustiza ou o rancor. Ata cando vai ser así?. Deixemos de ser persoas teóricas do Reino, para comezar a facer do Reino vida onde o corazón saiba amar, os oídos, escoitar; os ollos, acoller; a cabeza descorrer e as mans traballar. Que a nosa oración comunitaria de hoxe nos axude a conseguilo. CO CORAZÓN FERIDO Por todas as veces nas que non quixemos unir o que rezamos e o que...