Ir al contenido principal

Entradas

28 domingo TO 2010

Unha fe de convicións PÓRTICO Hoxe, a celebración resalta unha serie de actitudes cristiás que estamos chamad@s a vivir: paciencia, humildade, sinxeleza, confianza... ; pero coa nosa vida, porque é desde o noso testemuño existencial como llas temos que mostrar aos demais, tratando de que as relacións interpersoais nunca se fundamenten no odio, no egoísmo, na autosuficiencia… Así, cando todo nos chama a ir por outro camiño, hoxe queremos seguir o vieiro que Xesús nos ensinou, un vieiro de superación, de risco, pero sobre todo de felicidade. Non teñamos medo a seguilo. É a comunidade a que nos invita e nos envía a ser a luz e sal no medio do noso mundo. Perdón Porque preferimos botarlle a culpa aos demais, enganándonos a nós mesmos, e metendo a cabeza debaixo da terra diante dos problemas, SEÑOR, PERDOA A NOSA INDIFERENZA Polas veces en que nos poñemos diante de Deus e incluso dos demais para lembrarlles o moito que facemos por eles, para facelos conscientes da súa dependencia de ...

Domingo 26 TO 2010

MIGALLIÑAS DE AMOR PÓRTICO Ata hai ben pouco tempo o noso ritmo aloucado de vida fíxonos crer que nada se nos podía negar, que con ter cartos todo era posible. Para que pensar no futuro –diciamos-, se quizais nunca o poderei disfrutar?. O que vale e serve é o vivir ao día, o presente, o momento… e facelo a tope, sen preocuparnos do que logo virá, nin do que lle pasa aos outros. Viviamos coma Epulóns sen compartir nin unha migalliña do noso pan con tantos Lázaros. E entón, cando ninguén a esperaba, chegou a crise, maldita crise!. Unha crise que foi deixando a moitos nas beiras, sen traballo e polo tanto sen poder pagar as súas débedas, sen ilusións, sen esperanza. Unha crise que nos pillou co pé cambiado. Unha crise que nos fixo tomar conciencia de que non é na soberbia de quen vive por riba das súas posibilidades onde atopamos sentido, senón na sinxeleza de quen busca vivir con dignidade e ser feliz vivindo co necesario, e que descubre que as pequenas cousas seguen a ser importantes; q...

DOMINGO 25 TO 2010

Cando a oración non é mercantilismo e si gratuidade agradecida, Deus non é o ogro que nos asusta, senón o Pai/Nai que nos quere Pórtico     Acostumados a distribuír o noso tempo en función das cousas que temos que facer, pode pasarnos que cando ese tempo se refire á dimensión espiritual tamén a entendamos como algo que podemos comprar e pagar ben por ela; sen ser capaces de diferenciar o que esta dimensión nos aporta, e a que comprensión de nós e do mundo nos abre. Ao facelo así, podemos acabar caendo, acostumados como estamos a facelo noutros ámbitos da vida, nunha concepción mercantilista, onde todo se compra e se vende en función dos cartos que un teña ou da posición que ocupe na sociedade.Non é entón estraño que o sentido de gratuidade, agradecemento, comuñón solidaria, xustiza… se afasten da idea que temos do relixioso, e da idea que asociamos ao concepto Deus. Porén, a imaxe de Deus que vai aparecendo ao longo dos textos que cada domingo proclamamos nas celebracións, é unha imaxe...

Domingo 24 TO

Se a Igrexa é o novo pobo de Deus, terá tamén El que dicirnos, como dixo de Israel: "...Pervertéronse. Desviáronse do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, prostráronse diante del, ofrecéronlle sacrificios ...?". Non?. Pois moito temos que cambiar. PÓRTICO A celebración de hoxe ben podería comprenderse desde as seguintes tres palabras: acollida, alegría e confianza. Porque son estas as tres actitudes que se descobren como eixe das lecturas que imos proclamar na nosa reunión comunitaria. A acollida dun Deus que se fai pobo e que ofrece salvación para tod@s; a alegría daquel@s que se senten querid@s, valorad@s e respectad@s; e confianza porque a pesares de que moitas veces lle viramos as costas a Deus, El segue a ofrecer as súas mans abertas a cant@s queiran collelas.     Que estas sexan tamén para nós tres actitudes coas que vaiamos facendo da vida un camiño que nos module, a imaxe e semellanza de canto Xesús nos mostrou e invitou a seguir coa súa vid...

23 Domingo TO 2010

REMOL DOMINGO XXIII Por que os mediocres dan mellor imaxe que os arriscan no nome de Xesús?. Veña, acabemos dunha vez co conto!!!!!!!!!!!! Pórtico Todo proxecto, dígase empresarial, educativo ou cultural, necesita unha reflexión pausada previa, que nos leve a valorar e buscar obxectivos e liñas de acción axeitadas para responder a uns retos. E isto tamén nos vale na nosa vida de fe. Calcular os gastos é un elemento de todas as invitacións a entrar no Reino. Non podemos actuar por arroutadas, senón que temos que reflexionar, ponderar, examinar a nosa realidade persoal. Non se constrúe como é debido nin se traballa con posibilidades de éxito se non se coñecen os efectivos. O seguimento de Xesús non pode, entón, depender dun impulso fácil, dunha necesidade de seguridade, dunha herdanza e moito menos dunha rutina. É unha decisión que non se pode facer á lixeira. El invítanos a escoller o mellor; pero, a diferenza de nós, non obriga, só ofrece e invita. E con claridade fala dos custos....

Domingo 22 TO 2010

A grandeza da misericordia de Deus pasa polo compromiso dos cristiáns e das cristiás en saberse construtores do Reino: misioneir@s a tempo completo dunha fonda e fermosa historia de amor Pórtico     Estamos moi acostumados a escoitar a expresión "historia de amor". Con ela quérese significar unha relación chea de positividade entre dúas persoas que consideran que teñen moitas cousas en común, mesmo a capacidade de compartir unha vida en diálogo e solidariedade, de entrega de un para co outro, de dispoñibilidade e sinxeleza que sabe vencer dificultades e resaltar logros. Moitos de nós seguro que temos sido testemuñas de historias de amor de entre a xente que coñecemos: familiares, amigos, veciños… E tamén todos nós somos o suficientemente realistas e intelixentes para darnos conta de que nesta historia de amor non teñen faltado dificultades, e non pequenas, moitas veces; pero con esforzo por ambas partes fóronse vencendo. Nada que ver entón coas historias de amor das que nos f...

Domingo 21 TO 2010

Fronte ao orgullo do que xa se cre invitado, Deus rompe esquemas e senta ás persoas sinxelas e ignoradas á súa mesa Pórtico     Si, hai moita xente que considera que ten dereitos adquiridos: dereitos para non gardar cola, para non facer as xestións que aos demais lles toca facer, para non ter que pasar por múltiples e diferentes traballos ata acadar unha certa estabilidade laboral, para... Son os privilexiados deste noso mundo tan desigual, e moitas veces, demasiado inxusto. Diante disto. que ben podería ser unha pequena, nunca universal, radiografía da realidade na que vivimos, Xesús volve darnos unha nova lección, e dinos que hai que curralo!, que ninguén está predestinado a nada, senón que será o esforzo, o saber aproveitar as oportunidades que a un se lle van presentando, a ilusión que se vai pondo nos proxectos, o non contentarse co que un recibe para saber poñelo a render, coma os talentos, para que dea moito froito, o que acabará facendo que nos poidamos sentar á súa mesa.     A...