Ir al contenido principal

Entradas

Bautismo do Señor 2017

Porque a auga do Señor cambiounos o corazón, traballemos tamén nós para que esta auga non se esgote nunca e siga a cambiar corazóns que poñan á persoa no centro do actuar humano Descarga o ficheiro CANTO AGRADECIDO §   ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) §   LECTURAS: A auga do Señor (Nº 124) §   OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) §   COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ESCOITA ACTIVA O tempo corre, alomenos esa é a sensación que temos a medida que imos cumprindo anos; de tal xeito que xa parece que foi hai moito tempo cando comezamos o Advento e iamos poñendo na árbore as follas novas que nos mostraban que era posible superar a seca. Parece tamén que xa queda lonxe o día de Nadal, no que celebrabamos que Deus quixo facerse un dos nosos. Porén, o tempo non avanza máis do que avanzaba cando eramos máis novos e parecía que ía moi a modo. Si, o tempo ten a mesma cadencia, pero nós non temos sempre a mesma maneira de percibilo. Agora parece que non nos chega...

Epifania 2017

Epifanía, a festa do Deus de tod@s e para tod@s. A universalidade da mensaxe convértenos en homes e mulleres de diálogo, colaboración e entendemento, porque o Deus do Evanxeo non crea fronteiras que separan, senón camiños para encontrarse Descarga o ficheiro CANTO AGRADECIDO PANXOLIÑAS § ENTRADA: § LECTURAS: § OFERTORIO: § COMUÑÓN: § ADORACIÓN DO NENO:     ESCOITA ACTIVA Volveron chegar os Reis. Volveu a ilusión ás nosas casas. Nas caras de grandes e pequenos, a alegría manifestouse logo en forma de agradecemento. Chegaron os agasallos, os que esperabamos e os que viñeron de sorpresa, o que nos produce contento e agradecemento, porque somos alguén, non somos invisibles. Preto de nós hai persoas que nos queren e ás que queremos.Tamén Deus hoxe quere mostrase coma o agasallo que nos fai tomar conciencia de que non estamos solos, de que para El somos importantes, de que nos vai agasallando coa súa tenrura, co seu aprecio, co seu recoñecemento. Na adoración dos r...