Ir al contenido principal

A festa da Comuñón (Trindade)

A festa da Comuñón: Creo nun Deus que Elixe, Envía e Acompaña

Pórtico

A globalización, mundo sen fronteiras nin Estados, vainos facendo caer na conta de que cando dicimos pluralidade, sexa relixiosa, política, cultural, laboral, lingüística ou social, non estamos a falar de memoria ou en abstracto, senón que é unha realidade, unha vivencia coa que topamos cada día nas rúas, no traballo, na escola, nos sitios de lecer, nos templos... A festa de hoxe, a Trindade, quere pornos de manifesto que Deus, o Deus do Evanxeo, a quen lle rezamos e no nome de quen nos reunimos, non é excluínte ou elitista; ao contrario, é un Deus de tod@s e para tod@s, que se nos vai mostrando coma un Pai que quere aos seus Fill@s e @s acompaña coma Vento enfortecedor.

Que a celebración que agora comezamos nos abra a esta forza do Deus que non quere camiñar só.

Perdón

· Por non estar dispost@s a superar prexuízos que nos fan crer que só nós, ou os que pensan coma nós, son os elixidos de Deus, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á PLURALIDADE.

· Por non acabar de entender que o mundo non é de ninguén e é de tod@s, e que as diferenzas e separacións poñémolas as persoas e non Ti, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á NA PLURALIDADE.

· Por non querer darnos conta que só abríndonos á diversidade de quen ten pensamentos e formas de entende-las cousas distintas a nós, conseguiremos enriquecernos e medrar humanamente, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á PLURALIDADE.

Remuíño

· A Sabedoría dun Deus non excluínte (A Festa da Trindade).:Desde sempre estivemos no pensamento, no querer, no facer de Deus. Porque nos pensou, quixo que estiveramos no mundo, e púxoo todo á nosa disposición. É verdade que nós moitas veces non somos capaces de velo ou comprendelo, pero El está aí. Outras veces sabemos que está, pero nós rexeitámolo; pero El segue estando aí; incluso cando o negamos, El non quere irse. Simplemente está. Esa é a súa grande sabedoría: acompañarnos, non deixarnos solos, facerse sempre presente. E todo o foi pensando para nós, para o noso gozo e disfrute. Que mágoa cando nós trabucamos o que El quixo!. Que mágoa cando non somos capaces de recoñecelo nos irmáns!. Que mágoa cando, ignorándoo a El, somos capaces de facer do mundo non un bosque cheo de árbores frondosas e cheas de vida, senón un monte queimado imposible de recuperar!. Todo o foi pondo nas nosas mans: a dignidade, a liberdade, o amor, a xustiza, a solidariedade...por que nos custa tanto entendelo?. Por que nos resistimos a sementar alí onde estamos, sabendo poñer mans e corazón, canto fai que ninguén se sinta estraño nin maltratado nos seus dereitos, na súa dignidade, no seu ser fill@ de Deus.

· Que admirable é o teu nome (No centro da creación): Resúltanos difícil entender isto. Por moito que nolo digan, a pesares das moitas veces nas que o temos escoitado, seguimos sen acabar de entender, ou de querer entender, que o centro de todo o que houbo, hai e seguirá habendo no mundo non pode estar máis que na persoa -somos feitos á súa imaxe-. Porén, se miramos cómo facemos as cousas, qué decisións se toman os que rexen os Concellos, os países, ou as institucións internacionais, parece que moitas das veces non é buscando a centralidade e o servizo á persoa a razón pola que se fan acordos ou se deciden as cousas. Non se serve ao ben común, senón ao interese, ou aos intereses dos que toman esas decisións; por iso é importante que, os cristiáns, tomemos conciencia de que somos cidadáns do mundo, desde o compromiso co mundo que temos máis preto: barrio, parroquia, Concello... e non permitamos que as decisións en favor duns poucos apaguen a forza e a luz dun mundo que foi creado para tod@s, e no que a fe ten que ser forza para a loita, e espertar para o compromiso. Pois só actuando así estaremos respondendo ao que Xesús nos deixou como tarefa: facede do mundo a casa de tod@s. Neste camiñar nin seremos os únicos nin estaremos solos, o Espírito, ese grande descoñecido para moitos dos que nos chamamos cristiáns, vai estar con nós, para que avancemos e saibamos por a nosa vida a favor dos outr@s, e deste xeito converteremos esta nosa causa na causa de Deus. El xa nolo dixo: “non estaredes solos”.

· Para poder asumir esta tarefa, para ir descubrindo cál ten que ser a nosa misión alí onde esteamos, temos que perder os medos e comezar a vivir a fe non solo cara dentro, como se fose algo exclusivo a levar a cabo dentro dos templos. Se quedamos nas sancristías, como poderemos ser sal e luz?. Se reducimos a fe a prácticas individuais e intimistas, como conseguiremos ser fermento no medio do mundo?. Se o medo é capaz de vencer á frescura que nos propón a mensaxe, como non acabar perdendo o sentido e a actualidade que hoxe en día segue tendo manifestarse crente?. Porque paga a pena, porque non é algo do pasado, porque é necesario, e tamén é a nosa obriga, deixémonos guiar pola luz que nos mostra que Deus é comuñón. Hai moit@s que agardan unirse a nós, non @s defraudemos.

Oración da comunidade

Abramos o noso corazón a Deus, para que alente e acompañe a oración que agora imos compartir, e digámoslle:

Que nos deixemos levar do vento do Espírito

· Pola Igrexa, para que non se peche en formas e comportamentos inmobilistas, senón que saiba abrirse a comprender a nosa sociedade que busca sentido e espera de nós propostas cheas de esperanza e cargadas de entusiasmo. Oremos.

Que nos deixemos levar do vento do Espírito

· Polas nosas comunidades, para que saibamos manter os nosos sentidos atentos e abertos, sempre dispostos a integrar nelas persoas e propostas que leven a traballar por facer presente de xeito gozoso e alegre a mensaxe de Xesús. Oremos.

Que nos deixemos levar do vento do Espírito

· Por nós, brazos, boca e corazón de Deus no mundo de hoxe, para que venzamos a comodidade de reducir a fe a vir á celebración ou a participar en procesións, e nos poñamos en marcha para que canto@ esperan compañía, ánimo e sorriso gratuíto e solidario os atopen en nós. Oremos.

Que nos deixemos levar do vento do Espírito

Grazas, porque hoxe queres mostrarnos que só desde a unión plural e aberta, podemos camiñar na unidade e na verdadeira comuñón. P.X.N.S. Amén.

Reflexión

Señor Xesús, fainos unha comunidade aberta, confiada e pacífica,

invadida polo gozo do teu Espírito Santo.

Unha comunidade entusiasta, que saiba cantar a vida,

vibrar diante da beleza, estremecerse diante do misterio
e anunciar o Reino do amor.

Que temos a festa no corazón,

inda que sentimos a presenza da dor no noso camiño,
porque sabemos, Xesús resucitado,
que ti venciches a dor e a morte.

Que non nos acovardan as tensións
nin nos afogan os conflitos que poidan saír entre nós,
porque contamos -na nosa debilidade- coa forza creadora e renovadora do teu Espírito Santo.

Regala, Señor, a esta familia túa unha grande dose de bo humor
para que saiba desdramatizar as situacións difíciles
e sorrir abertamente á vida.

Fainos expertos en desfacer nos e romper cadeas,
abrir sucos, curar feridas e manter viva a esperanza.

E concédenos ser, humildemente, nun mundo abatido pola tristeza, testemuñas e profetas da verdadeira alegría.

Cantos

Entrada.- Camiñarei ( Can.Tui-Vigo p.4)

Lecturas.- Canta o sol, canta o mar ( can. Tui-Vigo p. 22)

Ofertorio.- Na nosa terra

Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...