Ir al contenido principal

A humildade, verdadeira sabedoría

PÓRTICO


Se nos poñemos a ver na televisión ou a escoitar na radio, na nosa forma de pensar, ou no que din os demais, descubriremos cal é o modelo de triunfad@r, o que sae mais na televisión ou nas revistas,... Sen darnos, conta nós mesmos entramos na mesma dinámica: no traballo queremos subir e ser os mellores, que o xefe nos loe, que os compañeiros digan o ben que o facemos; cos amigos buscamos destacar por ter mais. O modelo publicitario é sempre unha persoa individual, independente, sen necesidade de ninguén, que por ela mesma se sobra.

A celebración de hoxe móstranos cal é a sabedoría de Xesús, que sendo o primeiro fíxose último, ensinándonos que ante todo temos que ser humildes, temos que ser persoas que fagan comunidade dende o servizo, dende o traballo ben feito. Cambiemos pois de actitude e sintamos a necesidade que todos temos dos outros e do Pai.

PERDÓN

· Porque cando actuamos, as máis das veces, buscamos a aprobación d@s demais, que nos dean palmadiñas nas costas e que digan o ben que o facemos, DE CRERNOS OS MELLORES, LÍBRANOS SEÑOR.

· Porque nos movemos por prexuízos á hora de tratar aos demais, facendo exclusións e favoritismos, DE CRERNOS IMPRESCINDIBLES, LÍBRANOS SEÑOR

· Porque nos cremos únicos, superiores os demais, cristiáns comprometidos de verdade e non nos damos conta que estamos lonxe do que ti nos dis, DA FALSA HUMILDADE, LÍBRANOS SEÑOR.

REMUÍÑO

· Pagaranche cando resuciten os xustos: Estamos fartos moitas veces de botar cálculos, de facer as cousas para ter números, para que nos correspondan ou buscando un ben para nós. Cos amigos pode pasar o mesmo: séntanos mal cando non somos correspondidos: e que eu fíxenlle isto e el non... Xa non digamos coa nosa fe; cantas cousas facemos para buscar retribucións, facendo da relixión unha maxia: novenas, triduos, propósitos,.... Se as nosas amizades, se o noso trato con Deus, se a nosa vida se fundamenta nun intercambio interesado, caeremos no utilitarismo. Polo contrario, Xesús invítanos, como sempre, a ir mais alá: a dar sen recibir, sen esperar, con desinterés. Como dixo un mártir antes de morrer, San Lourenzo, a riqueza da Igrexa son os pobres, aqueles que non poden responder, que non teñen nada. Examinemos as nosas prioridades, estamos a tempo de cambiar, de poñer a gratuidade como un dos horizontes da nosa vida.

· A humildade como un valor a vivir: Partindo do exemplo de Xesús, sen prepotencias, sen chulerías, sen crernos os mellores, el fálanos de cómo temos que actuar. Valéndose dun exemplo que nos pode deixar desconcertados: actuar para que nos vexan, para ser recoñecidos polo que convida... El invítanos a ter unha actitude humilde e sinxela no noso actuar. Polo contrario, como nos gusta saír nos primeiros postos, ser centro de atención, retirarnos para que nos busquen!... Pero: por que facemos as cousas?. Que é o que nos move no noso compromiso?. Recordemos que cando invitaron a Xesús a subir, a ser mestre, ou cando lle deron palmadas foi para enganalo e collelo nun erro. Ademais, quen eran os predilectos do Señor?. Acaso os poderosos?, acaso os mestres resabidos?...Non, eran os enfermos, os pobres, os sinxelos, os que se sentían pobres ante Deus,... os humildes.

Non caiamos nos vellos erros da Igrexa: Por un lado asociarse con poder (non está tan lonxe de nós), ser alentada polos gobernantes e utilizala para ampliar o seu poder (evanxelizacións subvencionadas) e ao final que?... a Igrexa como un ministerio máis do réxime. Por outro lado, ante a perda de prestixio e poder (indo para os últimos postos), adoptamos unha postura belixerante e agresiva aferrándonos a unha especie de dominio de conciencias, especialmente na educación. E ao final que?. Ambiente crispado, persecución relixiosa, descristianización,...

Que a celebración de hoxe nos abra os ollos e nos faga ver, que o compromiso é difícil, require de nós esforzo e mente aberta par descubrir a vontade do Pai, pero que é o único camiño para ser fieis ao Evanxeo de Xesús.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Sentindo a necesidade que tod@s temos de que o Pai nos acompañe no noso camiñar, dirixímoslle a El a nosa oración, sentindo as necesidades de tódalas persoas como nosas e dicimos xunt@s:

FAINOS HUMILDES NO TEU SERVIZO

· Pola Igrexa, para que seguindo o exemplo do Mestre, sexamos quen de buscar o noso posto nunha sociedade cambiante, dende a fidelidade ao evanxeo e dende o servizo humilde e abnegado as persoas. OREMOS:

FAINOS HUMILDES NO TEU SERVIZO

· Polas nosas comunidades, para que sexan abertas, dialogantes, comprometidas con tódalas persoas, e ante todo escapen do éxito,das compracencias, do quedar a ben con tod@s, do buscar os primeiros postos.OREMOS.

FAINOS HUMILDES NO TEU SERVIZO

· Por tod@s nos, para que a nosa vida, siga as pegadas de Cristo e así, dende o desprendemento, a sinxeleza, a non imposición, o traballo a prol de tod@s, construamos o Reino ao que todos estamos chamad@s. OREMOS.

FAINOS HUMILDES NO TEU SERVIZO

Pai, ti queres que busquemos a sabedoría que brota do teu amor. Un amor confiado, respectuoso, incondicional, aberto, acolledor e sempre disposto a perdoar. PCNS.

PARA A REFLEXIÓN

- Do desexo de ser estimado,...Líbrame Xesús

- Do desexo de ser loado, Líbrame Xesús

- Do desexo de ser honrado, Líbrame Xesús

- Do desexo de ser aplaudido, Líbrame Xesús

- Do desexo de ser preferido a outros, Líbrame Xesús

- Do desexo de ser consultado, Líbrame Xesús

- Do desexo de ser aceptado, Líbrame Xesús

- Do temor de ser humillado, Líbrame Xesús

- Do temor de ser desprezado, Líbrame Xesús

- Do temor de ser reprendido, Líbrame Xesús

- Do temor de ser calumniado, Líbrame Xesús

- Do temor de ser esquecido, Líbrame Xesús

- Do temor de ser posto en ridículo, Líbrame Xesús

- Do temor de ser inxuriado, Líbrame Xesús

- Do temor de ser xulgado con malicia, Líbrame Xesús.

CANTOS

Entrada: A ledicia da fe.

Lecturas: Amóstrame, Señor, os teus camiños.

Ofertorio: Na nosa Terra.

Comuñón: Ti es camiño.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...