Ir al contenido principal

1 Coresma 2009

SÍMBOLO: Ladrillos feitos de cartolina que iremos colocando nunha corcheira. En cada ladrillo escribiremos unha actitude a destacar neste tempo coresmal. Ao longo destas cinco semanas irémolos colocando de xeito que constrúan unha cruz, símbolo da vida nova que a Pascua nos trae. Esta primeira semana a palabra destacada será VIDA.

DE QUE ME VOU CONVERTER SE SON PERFECTO?
CORESMA: TEMPO DE SALTAR DO SILLÓN

Pórtico

Neste domingo comezamos o tempo de Coresma, un tempo no que iremos atravesando o deserto para pasar a nova terra. E durante este camiño iremos liberándonos do que nos estorba, daquio que nos pesa e non ten sentido levalo. Dende a oración, dende a austeridade e desde a preocupación polos demais, iremos atopando sinais para non perdernos no camiñar.
Comecemos con ilusión renovada e congañas de converternos e de crer no evanxeo de Xesús.

O PERDÓN

Da tentación de acaparar e posuír, de querer compralo todo, incluso ás persoas, LÍBRANOS SEÑOR.
Da tentación de querer dominar, asoballando e pisoteando aos demais, LÍBRANOS, CRISTO.
Da tentación de botar balóns fóra, culpabilizando aos demais do que é resultado da nosa falla de responsabilidade, LÍBRANOS, SEÑOR.

Remuíño

Comezamos a coresma coma a xeira da alianza entre Deus e os pobos da terra. No pacto que o Señor fai con Noé está representada a humanidade enteira: o diluvio non volverá destruír o que vive. A obediencia de Noé fainos próximos e solidarios coa dor de todo o mundo. É importante lembrarnos disto nun momento no que a crise, a pobreza e a exclusión poñen en risco a nosa condición humana e no que a nosa man amenaza e fire de morte a natureza. Cómpre reconducir o noso camiño, volvéndonos cara Deus, e a coresma é unha boa oportunidade.
Xesús comeza a súa vida pública no deserto, lugar de tentación, lugar de fracaso, lugar de morte, pero tamén lugar de silencio, de encontro con Deus, de reflexión. E nós, coma El, queremos andar este deserto e facémolo coa experiencia fonda do deserto que pode matar: do deserto da soidade, do deserto da crise. A nosa sociedade vólvese cada vez mais deserto: falla diálogo, falla solidariedade, fallan as convicións porque entraron en crise, falla o traballo como medio de vida e realización. Ante este panorama, sentimos a nostalxia do bo, de cando o deserto era unha chaira verde, de cando o futuro estaba ao alcance e non dubidábamos del. A coresma empeza para que tomemos conciencia deste tempo como un tempo de graza, de cambio, de ilusión e de esperanza. O futuro non é un espellismo, unha ilusión feita da necesidade, senón unha realidade no horizonte, non camiñamos a cegas e a tombos, senón que o Señor nos dá a pista: Convertédevos e crede no Evanxeo,.. no futuro, na ilusión, en que o deserto “a crise” pode converterse nunha chaira. Tórnase nun lugar de encontro con Deus, de diálogo, de descubrir o que necesitamos cambiar,… Converternos dos egoísmos, da superficialidade, da decepción, da frustración, de ser nós sos,… “Convertédevos”
No horizonte final está a pascua, a vida. Unha vida que comezou en nós polo bautismo e que ano a ano renovamos e facemos noso. Interiorizamos o ser cristiáns non só de boca, senón con feitos. Comprometémonos a escoitar, a estar atentos, a descubrir, a reflexionar, a ver nos outros esta chamada apremiante a saír de nós, dos nosos dogmatismos, dos nosos xuízos, das nosas ideas preconcibidas e a estar abertos a ese aire fresco que atoparemos neste camiño. Será Xesús e a Boa Nova do Evanxeo as nosas sinais… e non outras que nos chaman a seguir os nosos intereses, ás persoas que nos adulan, a nosa fachenda,…. “Crede no Evanxeo”.
Acompáñanos a promesa do Señor, un arco iris de tódolas cores, no que cada cor ten o seu sitio e cada un fai un todo fermoso. Así camiñamos nos coas demais persoas e saímos ao seu encontro, para formar un todo dende a diversidade.
Que esta celebración do comezo da Coresma, nos faga levantar cabeza comezar con ilusión este tempo de graza e felicidade.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Con sinceridade de corazón, compartimos este momento de oración comunitaria dicindo xunt@s:
QUE NOS ABRAMOS AO CAMBIO
Pola Igrexa, por cada un e cada unha de nós, para que sempre busquemos facer a vontade de Deus, seguindo o camiño da pobreza, do servizo e da humildade, como nos ensinou Xesús, OREMOS.
QUE NOS ABRAMOS AO CAMBIO
Polas nosas comunidades, para que este tempo de coresma que hoxe comezamos sexa un momento privilexiado de deserto do que poidamos saír enfortecidos e animados para ser sorriso para quen estea triste, compaña para quen estea só, alento para quen non ten esperanza, OREMOS.
QUE NOS ABRAMOS AO CAMBIO
Por cada un e cada unha de nós, que hoxe estamos chamad@s a elixir aos nosos representantes de goberno, para que exerzamos este dereito democrático con responsabilidade e coherencia, OREMOS.
QUE NOS ABRAMOS AO CAMBIO
Grazas, Señor, porque hoxe, co comezo da coresma, dásnos unha nova oportunidade de endereitar o noso rumbo. PXNS. Amén.


PARA A REFLEXIÓN
Este é un tempo para convencid@s.
Tempo de adestramento, exercicio e loita;
de mochila lixeira e paso rápido.
Tempo de camiño e discernimento,
de conversión e compromiso,
de proba e de encontros
no deserto, na estepa, no silencio.
É tempo dos proxectos de vida,
das decisións e, ás veces, das transfiguracións.
Tempo de humanidade rota e dividida,
que anhela o paraíso ou a terra prometida.
Tempo de tentacións, tabores e conversións,
traspés, feridas e cegueiras,
perdóns, restauracións e auga viva.
Todo en só corenta días!.
Este é o tempo das persoas novas,
das que soltaron o lastre de ídolos secretos e falsas vaidades
e só desexan MISERICORDIA.

CANTOS
ENTRADA: Seguirei os teus pasos
LECTURAS: Arrepentido
OFERTORIO: Non vou só
COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...