Ir al contenido principal

DOMINGO DE RAMOS 2009

Andarei na presenza do Señor

(Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).

CANTO: QUE LEDICIA A MIÑA

SAÚDO:

Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.

PÓRTICO

Coa celebración de hoxe comezamos, un ano máis, a Semana Santa, os días grandes para @s que nos dicimos seguidores do Deus da vida. Por iso non debe ser o noso un simple asistir, un sentírmonos espectadores dun acontecemento ou mesmo dun teatro; senón que estamos chamad@s a ser actores neste gran acontecemento da historia: Deus é amor, ocúpase e preocúpase por nós. Non quedemos pasmad@s, poñámonos en camiño!.

PROCLAMACION DA PALABRA (ENTRADA DE XESÚS EN XERUSALÉN)

CANTO PROCESIONAL: EU SEI DE QUEN ME FIEI

BENDICIÓN DOS RAMOS

Señor do amor e a misericordia, bendice + estes ramos e palmas, e concédenos a cant@s os levamos a túa capacidade de vivi-la solidariedade e o teu compromiso pola xustiza. Que cant@s agora nos pomos en camiño, lembrando o teu camiño ata Xerusalén, saibamos segui-las túas pegadas de tolerancia, de servizo aos necesitados e de diálogo con todas as persoas que se senten chamadas a facer do mundo un verdadeiro fogar. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

CANTO PROCESIONAL: CAMIÑANDO POLA VIDA

O PERDÓN

Porque non estamos dispost@s a poñernos en camiño cara á Xerusalén do servizo, do compromiso e da entrega, SEÑOR, TEN MISERICORDIA DE NÓS.

Porque en demasiadas ocasións, coma as xentes de Xerusalén, somos inconstantes no teu seguimento, CRISTO, TEN MISERICORDIA DE NÓS.

Porque nas encrucilladas da nosa vida son demasiadas as ocasións nas que nos sentimos perdid@s ou collemos atallos que nos desvían da meta, SEÑOR, TEN MISERICORDIA DE NÓS.

GLORIA

PROCLAMACION DA PAIXÓN SEGUNDO MARCOS

REMUÍÑO

Durante 40 días escoitamos por activa e pasiva a palabra CONVERSIÓN. A Palabra e os signos chamáronnos domingo tras domingo a ir morrendo ao que nos fai infelices, ao que nos fai insolidarios, ao que impide que medremos coma persoas, para irmos construíndo vida, solidariedade, compromiso, igualdade e participación. Agora, neste derradeiro tramo do camiño, invítasenos a mirar cara dentro, a interiorizar, a entrar en Xerusalén, unha Xerusalén que quere ser testemuña do noso cambio, do noso esforzo por deixar atrás eses días nos que parece que todo está negro, que non hai futuro, para abrirnos á esperanza e á ilusión.

Porque o domingo de ramos non quere ser máis que unha invitación a camiñar cara ao triunfo. Un camiño que non vai ser doado, e que nos levará a cansar, a sentir o peso do día nas costas, a ter días nubrados e outros soleados.... pero un camiño que nos conduce cara unha meta: o encontro persoal con Deus. Non vagamos sen rumbo, non andamos descarriad@s, senón que camiñamos cara a plenitude.

Pero este camiño estamos chamad@s a facelo desde a coherencia, desde unhas conviccións que deben ser fortes e fondas. Os xudeus aclaman a Xesús coma Mesías hoxe, e o vindeiro venres pedirán para el a morte. Nós, ás veces, tamén somos viraventos, sóbrannos palabras e fáltanos convición, tamén dicimos que cremos en Xesús, pero a nosa vida cotiá está ben lonxe de ser testemuño daquel que pasou facendo o ben. Que vivamos desde a liberdade unha fe que nos chama á responsabilidade.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Convocad@s para participar da festa da entrada no tempo que nos leva á esperanza e á vitoria, poñémonos nas mans do Señor dicindo xunt@s:

BENDITO SEXAS, XESÚS

Xesús, achégate ao noso mundo, ás nosas vilas e cidades, e sígueo bendicindo coa túa paz

BENDITO SEXAS, XESÚS

Xesús, achégate máis e máis á túa Igrexa, para que con humildade e mansedume te proclame Mesías Salvador

BENDITO SEXAS, XESÚS

Xesús, achégate aos máis pobres e marxinados, para que a travésdo noso testemuño de vida poidan recoñecerte coma o enviado de Deus

BENDITO SEXAS, XESÚS

Xesús, achégate aos nenos e aos mozos, para que te recoñezan e te sigan

BENDITO SEXAS, XESÚS

Xesús, achégate a nós, para que compartamos o camiño comunitario da paixón á resurrección.

BENDITO SEXAS, XESÚS

Bendito sexas, Xesús. Non deixes de bendicirnos coa túa paz e cos teus dons. PXNS. Amén.

Canto do ofertorio: SEGUIREI OS TEUS PASOS

Canto da paz: QUE VEÑA A PAZ

Canto da comuñón: NON VOU SÓ

Para a reflexión

Este é o tempo da historia,

da historia dura e pura;

da paixón de Deus desbordante

e das realidades humanas.

É tempo de morte e vida,

de salvación a mans cheas;

do nós compartido,

do todos ou ninguén,

e do silencio respectuoso e contemplativo.

Tempo de amor e de clamor,

tempo concentrado, non adulterado,

tempo de sorber ata a derradeira gota.

Tempo de nova alianza e

de fidelidade por riba do que sabemos , queremos e podemos.

Tempo no que Deus toma a dianteira

para ofrecernos a vida a mans cheas.

É tempo de todos os que perderon,

dos que sufriron ou malviviron.

É tempo da memoria subversiva,

de Deus facendo xustiza e dándonos vida.

CANTOS

  • COMEZO: Que ledicia a miña
  • DESPOIS DA LECTURA: Eu sei de quen me fiei
  • CANTO PROCESIONAL: Camiñando pola vida
  • OFERTORIO: Seguirei os teus pasos
  • PAZ: Que veña a paz
  • COMUÑÓN: Non vou só

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...