Ir al contenido principal

2 domingo Pascua B



MIREMOS AS CHAGAS DA HUMANIDADE PORQUE AÍ ESTÁ CRISTO
Canto GOZOsO
Entrada: Bendito ti Xesús resucitado
Aspersión: A auga do Señor
Lecturas: Grazas, Señor, graciñas
Ofertorio: Benaventurados
Comuñón: O amor é o meirande

ESCOITA ACTIVA
Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra, e incluso a ledicia e a felicidade que en demasiadas ocasións esperamos atopar no material, na acumulación de cartos. Pero mira por onde, descoidamos o que non nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida.
Que a celebración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en tódolos que sofren.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
(É aconsellable neste tempo facer o rito da aspersión á asemblea)

·         Pola túa resurrección que nos enche de vida. SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
·         Pola túa resurrección, que fai de nós persoas novas. CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA.
·         Pola túa resurrección, que fai comunidade coa túa presenza, SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
PALABRA ENRAIZADA
·         Xesús hoxe sitúase no medio dos apóstolos, da comunidade primeira. Aparécese na comunidade e para a comunidade e quere que dende aí, os apóstolos sexan luz, sexan forza transformadora coa forza do espírito. O anterior pasou: o abandono, a soidade, a traizón; o vello queda atrás e é todo novo, porque El, coa súa resurrección, faino todo novo. El segue no medio de nós coma o que serve, alentando, animando, chamando a atención. Só espera unha resposta axeitada, un si xeneroso que transmita aos demais esta nova vida, esta alegría que brota de sentirnos unidos, queridos, acompañados. Logo, estamos chamados a mostrar a alegría, a sanación, a liberación. Porque no mundo seguen as chagas de Xesús en tódalas persoas que sofren inxustiza, desigualdade, abandono, pobreza, fame, maltrato. É aí onde temos que tocar para descubrilo. Onde temos que poñer vida, alento, ilusión, esperanza, alegría; sobre todo porque estamos chamados a transformar o mundo, a facer del unha comunidade de irmáns e irmás, que dende a diferenza somos capaces de camiñar, traballar e sentir cun so corazón. Así nos mostra esa primeira comunidade os Feitos dos Apóstolos. Un ideal ao que temos que temos que ir camiñando, unha utopía que se vai construíndo día a día e non unha quimera imposible. Deixemos atrás o noso egoísmo, o intentar acaparar por enriba de todo, que sexa o nos testemuño a unidade, o compartir, o sentir común, e sobre todo o compartir os bens, e tamén o tempo, os valores, as ilusións, as esperanzas, as loitas e tamén as tristuras. Abramos o noso corazón á forza do espírito que nos fai apóstolos da resurrección do Señor. Pidámosllo así nesta celebración.

FRATERNIDADE ORANTE
Señor, convócasnos este día, para que experimentemos nas nosas vidas a forza da túa resurrección, que alenta e vivifica a nosa vida. Con ánimos renovados dicimos con fe:
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBERACIÓN
·         Pola Igrexa, para que recibindo o don do Espírito, fomente nos seus membros, a dimensión comunitaria da fe, o sentido crítico ante a realidade e o compromiso a favor dun mundo máis humano, OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBERACIÓN
·         Polas nosas comunidades, para que sintan a presenza do Señor no medio delas e así o mostren ao mundo, levando aos demais a forza de quen se sente renovado e alentado polo espírito, OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBERACIÓN
·         Por todos nós, que experimentamos nas nosas vidas a forza da resurrección, para que descubramos ao Señor nas chagas do noso mundo: os emigrantes, os parados, os anciáns, os enfermos crónicos, os transeúntes... e busquemos solucións dignas e xustas. OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA LIBERACIÓN
Grazas, Señor, porque segues a transformar a nosa vida coa túa resurrección. Fai de nós persoas entregadas aos demais. PXNS.

ESCOITA ACTIVA

Ti e eu
Só Ti podes dar a fe,
pero eu podo dar o meu testemuño.
Só Ti podes dar a esperanza,
pero eu podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.
Só Ti podes dar o amor,
pero eu podo ensinarlle aos outros a amar.
Só Ti podes dar a paz,
pero eu podo salvar a unión.
Só Ti podes dar a forza,
pero eu podo levantar ao desanimado.
Só Ti es o camiño,
pero eu podo ensinarllo aos outros.
Só Ti es a vida,
pero eu podo devolver aos outros o desexo de vivir.
Só Ti podes facer o imposible,
pero eu podo facer o posible.
Só Ti non necesitas a ninguén,
pero prefires contar comigo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...