Ir al contenido principal

Epifania 2016

EPIFANÍA: A FESTA DOS QUE VEÑEN DE LONXE CANDO OS DO LADO AÍNDA NON NOS ENTERAMOS


CANTO GOZOSO
§  Panxoliñas
ESCOITA ACTIVANon eran tres, non facían maxia, non eran reis... Eran uns sabios, de alén das fronteiras xudías, que se puxeron en camiño para renderlle homenaxe ao Neno que viña de nacer. Máis alá de controversias e debates estériles que poñen de manifesto a necesidade de formarnos, tamén no ámbito da fe, hoxe xuntámonos para celebrar a festa da Epifanía, é dicir, a manifestación de Deus a todos os pobos, a todas as persoas. É unha festa que nos fala de universalidade e que vén botar abaixo a teima que tiñan os xudeus de que o Mesías que nacía ía salvalos só a eles. Os magos veñen de lonxe, viron desde lonxe a súa estrela... e desde lonxe botáronse ao camiño. @s do lado, os ricos e poderosos, andan tan ocupados que non viron a estrela, non se puxeron en camiño e non descubriron a todo un Deus que lles nacera ao ladiño. Benvid@s @s de lonxe para que nos enteremos os do lado! Benvid@s @s de lonxe para que preguntemos @s do lado! Benvid@s @s de lonxe para que abramos os ollos @s do lado!


CORAZÓN MISERICORDIOSO
*      Por agocharlles a luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabra, gardando rancor e non valorándoos coma o que son; SEÑOR, QUE A ESTRELA DA MISERICORDIA GUÍE A NOSA VIDA.
*      Porque seguimos mirando de xeito sospeitoso aos que veñen de lonxe, pensando que non teñen nada bo, CRISTO, QUE A ESTRELA DA MISERICORDIA GUÍE A NOSA VIDA.
*      Porque como Herodes, non estamos dispost@s a mover nin un dedo poñéndonos en camiño e deixamos que a indiferenza enchoupe a nosa vida; SEÑOR, QUE A ESTRELA DA MISERICORDIA GUÍE A NOSA VIDA.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
¨     Dun tempo a esta parte parece que o feito relixioso, a pesares de non estar de moda, é, para moitas persoas, motivo de vergoña. Para outras, de enfrontamento. Así, no nome dunha laicidade enganosa, tentamos quitarlle todo o significado relixioso ás festas e aos comportamentos ou acontecementos. E o resultado é, moitas veces esperpéntico. Pasa isto coa festa de santos e defuntos, americanizada co Haloween e pasa dun xeito aínda máis esaxerado coa festa de Nadal, á que @s laicistas xa se refiren coma o solsticio de inverno. Pois mire: vostede pode ser ou non crente; pero no Nadal celebramos o nacemento de Xesús, e non vai ser vostede menos persoa por verbalizalo. Claro que, como xa avanzaba GS habería que preguntarnos que grao de responsabilidade temos as persoas crentes (tod@s: xerarquía, leig@s, relixios@s) neste fenómeno do “ateísmo” ou da indiferenza diante da relixión (cfr. GS 19).
A festa de hoxe, a Epifanía do Señor, é outro exemplo disto que vimos dicindo. Hoxe estamos a celebrar a universalidade da fe, o feito de que o Neno nace para salvar a todas as persoas, non só aos xudeus. Máis alá de insolencias varias: que si eran tres ou máis, que si eran reis, que se unha muller se viste é rei ou raíña maga... o que hoxe nos xunta dun cabo ao outro do mundo é ter visto a súa estrela brilar e poñernos en camiño. O que hoxe nos xunta dun cabo ao outro do mundo é o noso non rotundo á indiferenza de Herodes e o noso si rotundo a botarnos ao camiño para axudar, erguer, consolar e escoitar a quen quedou nas beiras. O que hoxe nos xunta dun cabo ao outro do mundo é manifestar a súa misericordia e o seu amor. O que hoxe nos xunta dun cabo ao outro do mundo é erguer a nosa man para dicir: eu quero facer a revolución da tenrura!!!!!!.

¨     Que podemos aprender da festa de hoxe á luz do evanxeo de Mateu? Moitas cousas:
*     Que as persoas somos seres en camiño e en busca
*     Que as persoas buscamos a Deus
*     Que as persoas, no medio das súas escuridades non se botan para atrás, senón que seguen adiante..., aínda que teñan que preguntar
*     Que as persoas non somos menos por adorar a Deus
*     Que as persoas somos capaces de cambiar de camiño e non andar polos camiños de sempre
*     Que somos quen de escoitar a voz de Deus, que nos fala ao corazón
*     Que as persoas somos capaces de cambiar
*     Que Deus se revela e manifesta tamén aos de fóra, aos que dicimos que non cren
*     Que Deus Neno sorrí... tamén a quen vén de lonxe
*     Que Deus non é propiedade de ninguén, perténcelle a todas as persoas
*     Epifanía é a festa dos sinais de Deus, a festa de descubrir e recoñecer as presenzas de Deus atent@s aos sinais dos tempos.

¨     Que non nos gusta da festa de hoxe? Pois tamén moitas cousas:
*     Que os Magos lle teñan roubado a festa ao Neno Deus
*     Que os Magos queiran ser os protas e nos fagan esquecer ao Neno Deus deitado nunha manxadoira
*     Que cando tiveron dúbidas, os Magos lle consultaran aos grandes, crendo que son os grandes quen teñen a verdade
*     Que non lle tiveran preguntado aos pastores, que foron os primeiros en descubrir o camiño cara Deus.
*     Que lle teñan ofrecido ao Neno Deus sinais da riqueza, pois Deus encárnase nos pobres
*     Que teñan ofrecido incenso como sinal de loubanza e homenaxe, xa que Deus se revela na sinxeleza e na humildade, rebaixándose ata facerse un de nós.
Non, non é a festa dos Reis, dos grandes, dos regalos, do consumismo.... É a festa dun Deus feito Neno, manifestándose ao mundo na pobreza das persoas que tampouco hoxe teñen casa, traballo, terra, das que non atopan sitio na pousada e viven na desesperanza, marxinadas e excluídas. Poñamos, xa que logo, as cousas no seu sitio e non sexamos persoas necias.
FRATERNIDADE ORANTE
Coma os Magos, tamén nós temos visto brilar a súa estrela e poñémonos en camiño cara Deus dicindo:
QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN DE XUSTIZA
ö  Pola Igrexa, para que descubra a misericordia coma a estrela que a guía e, liberándose de prexuízos, miradas frías, palabras duras, corazón de pedra... comece a revolución da tenrura, para a que só cómpre poñer á persoa e non ás leis no centro, OREMOS.
QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN DE XUSTIZA
ö  Polas nosas comunidades, para que nunca quedemos parad@s diante da indiferenza e da desesperanza, senón que nos poñamos en camiño confiad@s en que atoparemos ao Neno, que nos fala de acollida e de tenrura, OREMOS.
QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN DE XUSTIZA
ö  Por cada un e cada unha de nós, para que nunca deixemos que a presión externa, o medo, os prexuízos... nos fagan perder a ilusión e a esperanza coas que nos agasalla todo un Deus feito neno, OREMOS.
QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN DE XUSTIZA
Grazas, Señor, por ofrecernos a túa estrela, para que a súa luz chegue a tódolos recunchos da terra, convertendo a fe que profesamos en universal e incluínte. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Queridos Reis Magos:
ensinádenos a crer en sinais, palabras e persoas,
ensinádenos a camiñar e superar dificultades,
ensinádenos a dar o noso tempo aos pequenos,
aos enfermos, aos que están solos,
ensinádenos a ver a imaxe de Xesús en todos eles.
Ensinádenos a non ser conquistadores,
o voso reino é humilde, feito para o regalo,
ensinádenos a ser espellos de Xesús,
a falar do recén nacido neste noso mundo,
ensinádenos a enxergar bágoas e regalar tenrura.
Ensinádenos a ser amigos de Deus e dos cativos. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel