Ir al contenido principal

7 Domingo TO 2020 A


PORQUE NOS DOE A XENTE, QUEREMOS SER IGREXA EN SAÍDA
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Seguirei os teus pasos (Nº 103)
LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 120)
OFERTORIO: Misioneiro (Nº 115)
COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)

ABRINDO OS OLLOS

Se cadra hoxe máis ca nunca todas as persoas que conformamos a Igrexa de Xesús estamos chamadas a ser comunidade en saída. Xa pasaron os tempos nos que bastaba con agardar a que viñese a xente, os tempos nos que nos sentiamos protexidos nos nosos grupos burbulla. Agora, somos cada un e cada unha de nós quen temos que achegarnos á multitude ferida no camiño pola cultura do descarte, a unha multitude que perdeu a esperanza, a unha multitude que sofre polo sensentido de ter convertido a economía e o rendemento na area movediza sobre a que edificar a vida. Si. Hoxe máis ca nunca estamos chamadas e chamados a ser sal e luz, hospital de campaña, bálsamo que alivia e esperanza.
Deixemos que a frescura da Palabra resoe nos nosos oídos e cambie a maneira que temos de entender e facer as cousas, como persoas de fe que somos.

CO CORAZÓN FERIDO

  • Porque vemos, pero non miramos; SEÑOR, ALIÑA O NOSO CORAZÓN.
  • Porque nos faltan creatividade e capacidade de risco e nos sobra rutina; CRISTO, ALIÑA O NOSO CORAZÓN.
  • Porque oímos, pero non escoitamos; SEÑOR, ALIÑA O NOSO CORAZÓN.

REMOENDO A PALABRA

O papa Francisco ten utilizado moitas veces a expresión "Igrexa en saída" para poñer de manifesto, para insistir no feito de que todas as persoas bautizadas temos que ser unha Igrexa cos ollos sempre moi abertos a canto pasa no mundo. Para comprendelo, si, pero tamén para actuar desde el. Porén, non ha ser esta unha actuación de poder, de imposición ou de institución forte que manda e impón sobre os demais, os débiles. Non. Todo o contrario. Ser Igrexa en saída é unha chamada a aprender a estar no mundo con actitudes de escoita, colaboración, traballo compartido e construción dunha sociedade na que o centro sexan sempre as persoas e non os cartos, o prestixio ou o poder. Desde esta clave é desde onde temos que ler e entender hoxe os textos da escritura. Así, a primeira lectura, do libro do Levítico, sinala que para Israel, o fundamental non estaba no odio, no enfrontamento ou na exclusión, senón na acollida e fraternidade de ver a quen temos ao lado como igual, sen facelo de menos nin ignoralo. Hoxe tamén como Igrexa temos que estar no mundo con actitudes que perdan o medo e nos leven a ser comunidade sen prexuízos, en diálogo con crentes e non crentes para facer do mundo fogar.
Ser Igrexa en saída supón deixar atrás as falsas ideas de que a Igrexa só está para facer bautizos, enterrar mortos e celebrar misas polos defuntos. A acción da Igrexa, se quere ser fiel ao evanxeo, non pode ser outra máis que a de traballar pola liberación de todo o que impide que as persoas sexan respectadas e recoñecidas, todas sen excepcións, coma iguais. Así o entendía Paulo, que foi o primeiro en deixar de laiarse e saíu a anunciar, desde o diálogo e a busca do común, toda a riqueza da mensaxe de Xesús. Paulo non tivo medo, saíu, deixou o niño, o grupo estufa onde se atopaba tan cómodo para comezar a evanxelizar levando como bandeira a Xesús e a dignidade que, desde El, todos os seres humanos compartimos e que nos leva a ser templos, a colaborar e a non ser indiferentes. Porque non somos de ninguén máis ca de Cristo, traballemos cada día para que das palabras pasemos aos feitos.

Só se somos capaces de saír de nós, comezaremos a ter outra mirada máis limpa, humana e xusta do noso mundo e das persoas que nel vivimos. E isto, como acabamos de escoitarlle dicir a Xesús, non se pode facer se non é desde o amor.

REZANDO EN COMUNIDADE

Deus sempre fala desde o amor, non desde o medo. Faino así para que entendamos que só desde a confianza nel seremos capaces de asentar a nosa vida. Compartamos este momento de oración comunitaria dicindo xunt@s:
QUE SEXAMOS IGREXA EN SAÍDA
Para que sexamos unha verdadeira Igrexa en saída, aberta a canto pasa no mundo, e sempre disposta a acoller, colaborar, participar e construír; OREMOS.
QUE SEXAMOS IGREXA EN SAÍDA
Para que nas nosas parroquias e nas relacións dunhas persoas con outras non caiamos na tentación de pensar que alguén sobra; OREMOS.
QUE SEXAMOS IGREXA EN SAÍDA
Para que todas e todos nós non deixemos que a Palabra de Deus esvare sobre nós, senón que deixemos que enchoupe o noso corazón e nos axude a camiñar no amor; OREMOS.
QUE SEXAMOS IGREXA EN SAÍDA
Señor, grazas por seguir alentándonos a ser persoas construtoras dun mundo mellor, máis xusto, xeneroso e igualitario. P.X.N.S. Amén.

MIRADA ESPERANZADA

A xente,
a xente é o que importa,
o que máis importa,
o que máis importa de todo.
Dísnolo ti, Xesús,
que sabes moito, moitísimo
do sentido verdadeiro da vida e de Deus.
E a xente somos
as mulleres e os homes concretos,
as persoas ás que cada un e cada unha de nós lle podemos poñer nome,
porque son as nosas veciñas e veciños,
porque cruzan con nós nos camiños da vida,
porque coñecemos as súas dores e sufrimentos,
as súas bondades e os seus méritos.
A fe que non salva á xente, non vale para nada.
As oracións que non nos levan a coidar ben de nós e da xente non valen para nada.
Os grupos, xuntanzas e reunións que non escoitan ás persoas máis débiles,
non valen para nada.
Grazas, Xesús.
Despois de ti todo é máis simple e verdadeiro,
e un aire de liberdade inunda con paz as nosas vidas.

(M. Regal “Xesús, un home de aldea” p. 56)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor