Ir al contenido principal

4 domingo to A 2020

Deixemos que a Luz nos indique, que non impoña, o camiño polo que ir dando pasos
Bienaventurados los pobresCantos.-
        Entrada.- Que ledicia miña (4
        Lecturas.- Benaventurados ( 119)
        Ofertorio.- Ti e-lo pan do ceo (54 )
        Comuñón.- Acharte presente ( 51) 
Descarga o ficheiro
Mirada integradora
En tempos de tantas palabras baleiradas de contido a forza de repetilas, tentamos hoxe non caer nesa actitude que tantos seguidores ten hoxe en día.
Constantemente dicimos que Xesús é a nosa Luz, que debemos deixar que ela nos vai mostrando o camiño, que seguir o seu relampo evitará que nos perdamos, que... e todo iso é verdade; pero é unha verdade que se ha mostrar e concretar no actuar, na nosa maneira de tomar as decisións sobre o que queremos, buscamos ou nos propomos na vida; á luz non nos quita, tampouco non impón o camiño, simplemente o alumea por se queremos ir por el.
A isto é ao que nos invita a celebración de hoxe, non a deixarnos absorber ou cegar pola forza da luz, senón a permitir que a luz vaia iluminando o camiño polo que nós, libremente e sen presións, queremos andar cada día da nosa vida.

Corazón misericordioso
    Porque as gafas da indiferenza non nos deixan ver a luz para comprometernos en construír e non en criticar. Que a túa luz, Señor, siga iluminándonos.
    Porque os silencios interesados nos levan a calar ante a dor e a inxustiza de quen vive na soidade. Que a túa luz, Cristo, siga iluminándonos.
    Porque as nosas comodidades nos impiden ver todo canto os demais esperanza de nós. Que a túa luz, Señor, siga iluminándonos.
    Palabra enraizada
    Os profetas tiñan como tarefa fundamental do seu servizo ao pobo manter viva e presente a esperanza desde a fidelidade á Alianza. Sofonías, na primeira lectura que temos proclamado hoxe propón que o camiño para vivir nesta fidelidade non ha ser outro máis que o da busca constante e permanente, sen caer na comodidade das zonas de conforto. Ante a tentación do pobo de deixarse ir, de crerse xa elixido, de considerarse o preferido/elixido de Deus, e polo tanto, sen máis preocupación que non esquecelo. O profeta lémbralles que a súa ha ser unha actitude en permanente busca, que de nada valen as miradas ao pasado, nin os retrousos, tantas veces repetidos, de que son pobo elixido e polo tanto preferidos de Deus. Diante desta tentación , na que tantas veces caeran, e que lles supuxera exilio, invasión, frustración e ser pobo sometido, o profeta insístelles que a súa ha ser unha actitude activa e permanente por descubrir a presenza de Deus desde o servizo ás persoas empobrecidas, na tripla resposta na que concretar esa busca: a xustiza, a humildade e o compromiso. Que actualidade teñen estas palabras tamén para nós hoxe! En tempos de tanta perda de referentes e desorientación, tamén somos invitad@s a descubrir a presenza de Deus non na repetición de ritos baleiros, senón no compromiso cos empobrecid@s do noso tempo – tantos e cada vez en realidades diferentes – do noso tempo. Un compromiso que ha ir acompañado da denuncia de toda inxustiza e nun actuar que responda a iso mesmo que se denuncia nos outr@s; e facéndoo desde a capacidade de non crernos únicos nin mellores, senón tendo a humildade como actitude que nos faga escoitar, compartir, propoñer e tamén acoller o que outr@s xa están a facer e ao que nós podemos unirnos e traballar conxuntamente. E deste xeito, seremos, cribles, non polo que dicimos senón polo que facemos, co convencemento de que toda man que se tenda e todo paso que se acompañe ha ser para que alumee a dignidade das persoas, de tódalas persoas.
    E aí descubriremos a verdadeira dita. A dita que xermola desde corazón e non se queda en palabras , que tantas veces engaiolan, pero que non transforman nin comprometen o noso xeito de facer as cousas. E a isto, como tamén lles dicía Paulo aos Corintios, somos chamad@s. Fagamos logo as cousas con sinxeleza pero con actitude de servir e dialogar . Sen imposicións nin busca de privilexios. Pois é na sinxeleza onde atopamos o sentido pleno para facer canto supoña construír liberación de persoas e institucións, sen caer na tentación de obter prebendas, honores ou recoñecementos que endurecen os nosos corazóns, lévannos a caer na arrogancia e esquecen que o testemuño de Xesús ha ser o guieiro que nos mova, e non a vaidade.
    E deste xeito entenderemos por que as benaventuranzas son proposta de vida; non discurso para enmarcar de xeito rechamante. E como nos dicía o mércores pasado o papa Francisco, deberiamos aprendelas de memoria para así poder interiorizalas e poñelas en practica, xa que seguilo a El, no ha ser outra cousas máis que traballar por un modelo de vida e sociedade que non cala ante a inxustizas nin se aleda buscando enfrontamento con quen non ten, a mesma visión da vida e do mundo , ca nós. Os tempos da cristiandade e do confesionalismo de prebendas xa quedaron moi atrás. Inda que algúns sentan nostalxia e pretendan revivilo. Non nos deixemos engaiolar polos falsos profetas do perfeccionismo ortodoxo – que non deixan de ser o equivalente hoxe dos profetas de calamidades, que en tempos do Concilio, denunciara Xoán XXIII -, que só saben recitar a letra das cousas, pero son incapaces, porque iso supón implicar a súa vida, de poñerlle música que faga posible que traballemos pola benaventuranza. Inda que nos persigan, aldraxen ou calumnien por defendera dignidade das persoas. Pis esta é como hoxe se concreta a causa de Xesús.
    Oración compartida
    Recemos compartindo e poñendo palabra e corazón na nosa oración comunitaria e dicindo: Grazas por facernos benaventurad@s.
    • Pola Igrexa, para que traballemos sen desconfianzas nin medos, por toldas causas que poñen á persoa no centro para dignificala sempre. Oremos. Grazas por facernos benaventurad@s.
    • Polas nosas comunidades cristiás, para que non nos limitemos a dar golpes de peito nos templos, e a ser indiferentes ante a dor das persoas nas rúas. Oremos. Grazas por facernos benaventurad@s.
    • Para que cada un/ha de nós, fagamos o esfórzoo de mirar a nosa vida desde as benaventuranzas que Xesús nos ofrece como programa de vida e compromiso na busca dunha sociedade máis xusta, igualitaria e fraterna. Oremos. Grazas por facernos benaventurad@s.
    Acompaña, Señor, o noso compromiso por traballar por un mundo humanizado, solidario e cheo de esperanza. Por Cristo o noso Señor. Amén.
    Silencio agradecido
    O Evanxeo dinos que Xesús, ao ver o xentío que o seguía, subiu ao monte e sentou, e dirixíndose aos seus discípulos, proclamou as Benaventuranzas. A mensaxe estaba dirixida aos discípulos, pero tamén á xente; é dicir, a toda a humanidade. Ademais, o monte onde predica Xesús, lémbranos ao Sinaí, onde Deus ditou a Moisés os Díaz mandamentos. Agora, coas benaventuranzas, Xesús danos os “novos mandamentos”, que non son normas, senón o camiño da felicidade que El nos propón. ( Francisco, 30- 1 – 2020)

    Comentarios

    Entradas populares de este blog

    Epifania 2025

    A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

    1 Advento 2024

    Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

    Santos 2024

      Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...