Ir al contenido principal

4 Coresma 2020

(Para rezar na casa, se queremos)
No nome do Pai...
Canto.- Andarei na presenza do Señor, camiñarei por camiños de vida, 
                hei de escoitar a palabra que El nos da, pois é a luz que nos guía.
Pórtico
Hoxe é un domingo raro, diferente. Non estamos na igrexa, rezamos desde a casa. Facémolo individual ou familiarmente. Esforcémonos por conseguir un momento de silencio e oración que nos axude a mirar dentro de nós, e descubrir que  tod@s somos importantes, que tod@s somos alguén e non algo. Dispoñámonos así a abri-lo corazón a Deus par atopar a súa forza e compartila con tantas persoas enfermas, polo coronavirus e por outras moitas cousas. E fagamos tamén memoria agradecida das persoas que os coidan e nos coidan: sanitari@s, transportistas, empregad@s de tendas e supermercados, gricultor@s,gandeir@s ... que aprendamos a valorar e recoñecer que a súa exposición e esforzo fai que nós poidamos estar sans.

Mirando cara o noso interior

  • Porque somos de pensar moito en nós e pouco no que os demais fan por nós. Señor, que rómpamos co egoísmo
  • Porque somos de pensar moito en nós e non de recoñecer que hai persoas que nos necesitan. Cristo, que rompamos co egoísmo.
  • Porque so miramos o que nós facemos, e non o que os demais fan por nós. Señor, que rompamos co egoísmo.

Escoitando a Palabra
    Do Evanxeo segundo Xoán:
O pasar, viu a un cego de nacemento. Entón preguntáronlle os seus discípulos:

Mestre, ¿quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais? 
Xesús respondeu:  Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de Deus. Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a chegar a noite e daquela ninguén pode traballar. Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.

Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle:

Vaite lavar na piscina de Siloé .El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban: ¿Non é este o que estaba sentado pedindo?

Uns dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía: "son eu". Entón preguntábanlle: Daquela ¿como se che abriron os ollos?

El respondeu: O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: "Vai a Siloé e lávate". Entón fun e, ó que me lavei, comecei a ver.

Preguntáronlle: ¿Onde está ese? El contestou: Non o sei.

Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en cambio, dicían: "¿Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E había división entre eles.

Entón preguntáronlle outra vez ó cego: ¿A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos?

El contestou:Que é un profeta
                            
                             Palabra do Señor. Gloria a Ti. Señor Xesús.

Remoendo a palabra

(GARDAMOS UN MOMENTIÑO DE SILENCIO REFLEXIONANDO SOBRE A PALABRA QUE ACABAMOS DE ESCOITAR.)
As persoas vivimos moitas veces na cegueira. Non é unha cegueira de nacemento coma a do home do evanxeo, senón que a nosa cegueira é a de non querer ver ao noso redor. Porque ao redor de nós hai:
  • Persoas que están solas
  • Que están enfermas
  • Que están golpeadas pola violencia do maltrato
  • Que non teñen traballo...
Porén, moitas e moitos de nós tapamos os ollos e non queremos velo, dándolles as costas . Mesmo, como facían os fariseos , como acabamos de ler, botándolle a culpa a eles e sen pensar que quizais tamén nós teñamos algo de culpa da súa situación e el@s, porque:
  • Son da familia que son
  • Que iamos esperar del@s
  • Temos posto distancia e frialdade no trato
  • Fomos perdendo a relación e gañando en prexuízos
  • Miramos para outro lado cando sabiamos que algo non lles estaba indo ben
  • Fomos incapaces, por aquilo da aparencia, pechar os ollos e construír medos e muros que nos separan, ...
Quizais, tamén, aprender a estar na casa; sabernos necesitados e débiles; recoñecer que non temos resposta nin solución para todo; asumir de vez que non somos nin invencibles nin eternos, nos axude a intentar volver a ver. Como lle ocorreu a aquel cego.
É verdade que neste volver a ver, non tod@s van querer sacar a máscara que lles tapa os ollos. Non sexamos nos des@s. Ao contrario, humanicémonos, volvamos a aprender a valorar o pequeno, esforcémonos por non retirarlle o saúdo a ninguén, preocupémonos polo que lle pasa a quen vive ao lado... fagamos das cousas pequenas suma de algo máis grande: comuñón cidadá e solidaria.
A isto nos invita Xesús hoxe. El achegouse, escoitou e logo actuou. Non tivo prexuízos nin se deixou levar a da aparencia.
El foi ao corazón. E nós, seremos capaces de dar este paso?

Oración comunitaria

Unid@s neste momento na solidariedade da oración dicimos: Señor, que superemos as nosas cegueiras.
Para que como Igrexa, que todas e todos formamos, saibamos estar ao lado de quen neste momento nos necesite. Oremos. Señor, que superemos as nosas cegueiras.
Para que , nestes días de illamento e soidade, non deixemos de preocuparnos pola xente das nosas parroquias que son maiores, están sós ou enferm@s. Oremos. Señor, que superemos as nosas cegueiras.
Para que aprendamos a valorar, recoñecer e agradecer o traballo de tantas persoas que nestes días están facendo posible para que nós poidamos estar na casa e non coller o virus: transportistas, gandeiros, agricultores, policía, sanitari@s, limpador@s de hospitais e centros de maiores, coidador@s de maiores, autoridades ( cos seus acertos e erros) ... Oremos. Señor, que superemos as nosas cegueiras.
Por nós, para que non nos deixemos derrubar ante esta difícil situación e busquemos formas e maneiras para non desacougarnos e non perde-la esperanza. Oremos. Señor, que superemos as nosas cegueiras.
Grazas, Señor, por alentarnos coa túa palabra e a túa acollida . Amén.

Undid@s e sen desesperar 
( se estamos vari@s, podémolo rezar xunt@s)

Quen me vende uns ollos vivos
Para esculcar ao redor,
Descubrindo en todas partes
Sinais do meu Señor?
Quen me dará ollos fondos
Para me poder achegar
Ás fonduras de esperanza
Que a xente leva nas mans?
Quen me dará ollos limpos
Que reflexen o que eu son,
Que ollen para as persoas
Con ollos de admiración? ( M.Regal)

Canto final

    Non vou só, teño un amigo ao meu lado; 
non vou só. Eu sei que Deus está comigo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel