Ir al contenido principal

Bautismo do Señor

Camiñando nun camiño compartido pola auga e o Espírito

Cantos

Entrada.- Camiñando pola vida
Lecturas.- Aquí estou Señor
Ofertorio.- A auga do Señor
Comuñón.- Déixate querer

Mirada agradecida

Celebramos hoxe en toda a Igrexa a festa do Bautismo do Señor. Con ela remata no calendario litúrxico o tempo de Nadal. Ao longo deste tempo fomos facendo o camiño da acollida de Xesús na nosa vida, tentando abstraernos do superfluo e puramente ornamental e externo, para buscar o sentido e a vivencia cristiá que trae a chegada de Xesús ás nosas vidas.
Tamén nós un día abrimos os ollos ao mundo a través da vida recibida dos nosos pais e das nosas nais; e foron elas e eles quen tomaron a decisión de que fósemos cristiáns e cristiás, de que entraramos a formar parte do grupo de seguidores e seguidoras de Xesús. O bautismo foi o comezo deste camiño que hoxe nos reúne para compartir e celebrar a fe neste domingo, día do Señor.
Deamos logo grazas a Deus por todo canto aquel día comezou en nós, e fagamos memoria agradecida da decisión que os nosos pais e as nosas nais tomaron para que entrásemos a formar parte deste grupo de homes e mulleres que nos chamamos, e queremos selo a través do noso actuar, seguidoras e seguidores de Xesús.

Corazón misericordioso

 

·      Pola nosa falta de alegría ao sabernos fillas e fillos de Deus; SEÑOR, QUE A TÚA AUGA RENOVE A NOSA VIDA.

·      Porque nos falta entusiasmo e nos sobra derrotismoCRISTO, QUE A TÚA AUGA RENOVE A NOSA VIDA.

·      Para que non nos deixemos vencer nin polo costume nin pola rutina; SEÑOR, QUE A TÚA AUGA RENOVE A NOSA VIDA.

Palabra proclamada

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Isto di o Señor:
Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás nacións.
Non berrará,
non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
Canivela fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a apagará.
Con fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a xustiza,
e a súa lei, que esperan as nacións.
Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte, e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
para que lles ábra-los ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da prisión ós que viven na escuridade.

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Tomou Pedro a palabra e dixo:
- Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa. El mandóulle-la súa palabra ós fillos de Israel, anunciándolle-la Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos. Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:8como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. E nós somos testemuñas de todo o que fixo no país dos fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEU

Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase. Xoán trataba de impedilo dicindo:
- ¿Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min?
Xesús respondeulle:
- Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus.
Xoán accedeu. Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del. E oíuse desde o ceo unha voz que dicía:
- Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.

Palabra enraizada

  •  Volve falar de Deus a Palabra como luz que vai facendo posible que o camiñar cotián de cada unha e cada un de nós poida ir dando pasos seguros e estables. Fronte a inseguridade, medo e tebra, Deus móstrase como o contrapunto de todo iso para acompañar e iluminar, dando sentido e esperanza, o camiño que cada unha e cada un de nós temos que ir facendo cada día. Un camiño que cada vez se nos vai facendo máis difícil percorrer polas dificultades, atrancos, fracasos e desilusións que nel van aparecendo e que fan que moitos dos proxectos, ilusións ou compromisos que fixemos no comezo do ano, vaian, xa cáseque desde o principio, esmorecendo. Por iso, ante a tentación do derrube e a desesperanza, a palabra que hoxe temos proclamado, insiste na idea de que neste camiñar non estaremos sos. Que cando veñan duras El vai estar aí, connosco, camiñando ao noso lado. Que non deixemos nunca de recoñecelo, de buscalo, de poñer oído ao que nos di.
  • Paulo da un pasiño cara adiante, e a ese Deus ponlle nome e concreción: Xesús. El é o que nace para traer alegría, esperanza sentido para afrontar todo cando se nos vaia poñendo por diante no noso vivir cotián. El faino como apóstolo e irmán; é dicir: seguidor entusiasta de Xesús e fillo do mesmo Deus cuxa fe nós compartimos. Ser seguidoras e seguidores de Xesús, en cuxo proxecto de vida temos entrado o día do noso bautismo, suponnos descubrir que non estamos sos, que temos ao noso lado persoas que, coma nós, tamén teñen dificultades, e que para ilas superando precisámonos uns aos outros. E isto é posible grazas a que un día o bautismo incorporounos ao proxecto de Xesús e á comunidade que no mundo temos como misión traballar por facelo mellor, máis xusto, igualitario e humano. Por iso non podemos quedar nin calados nin estáticos diante de todas as situacións, que son moitas, nas que no noso mundo vemos que non van ben e precisan mans, corazóns, ideas e unión para facer posible que o proxecto de luz e vida que celebrabamos estes días de Nadal, se vaia facendo posible a través e por medio de cada un e cada unha de nós.
  • E a forza do Espírito, o mesmo Espírito que Xesús recibiu o día do seu bautismo, é a forza e o espírito que tamén recibimos nós o día do noso bautismo. Naquel día os nosos pais e padriños, as nosas nais e madriñas dixeron que asumían a tarefa de mostrarnos coa palabra e coa vida, que Xesús tiña que ser importante na nosa vida. E nós hoxe, con agradecemento, damos grazas a Deus e facemos memoria agradecida de aquelas persoas que, coa súa decisión, fixeron posible que nós hoxe esteamos aquí compartindo a fe e dando grazas a Deus por ofrecernos un camiño no que a desesperación, a exclusión e a violencia non teñen sitio.
Oración compartida

Facendo memoria agradecida das persoas que nos mostraron o camiño da fe, dicimos diante do Deus que sempre nos acolle:
QUE A AUGA DO BAUTISMO NOS ENCHOUPE DE FRATERNIDADE E PACIFISMO.
  • Para que a Igrexa saiba ser nai acolledora que une e non enfronta. Oremos. 
  • Para que as nosas parroquias non se deixen levar da rutina nin convertan a vida de fe en rito e costume. Oremos.
  • Polos nosos pais, nais, padriños e madriñas, que un día nos presentaron á Igrexa para que fósemos acollidas e acollidos na fe de Xesús, converténdose en mestres e mestras do noso camiño de fe. Oremos.
Grazas, Señor, por invitarnos hoxe a alegrarnos pola fe recibida o día dos nosos bautismo. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Silencio agradecido

“O bautismo é o "fundamento de toda a vida cristiá". É o primeiro dos sacramentos, xa que é a porta que permite a Cristo o Señor tomar morada na nosa persoa e a nós mergullarnos no seu Misterio.
O Bautismo , un renacemento. Estou seguro, segurísimo de que todos nós recordamos a data do noso nacemento: seguro. Pero eu pregúntome, con algo de dúbida, e pregúntovos a vós : Cada un de nós recorda a data do seu bautismo? Pero si celebramos o día en que nacemos por que non celebrar, ou polo menos recordar, o día do renacemento? E non o esquezades nunca. E ese día dade grazas ao Señor porque é precisamente o día no que Xesús entrou en min, no que o Espírito Santo entrou en min.
O bautismo permite a Cristo vivir en nós e a nós vivir unidos a El, para colaborar na Igrexa, cada un segundo a súa condición, na transformación do mundo. Recibido só unha vez, o lavado bautismal ilumina toda a nosa vida, guiando os nosos pasos cara a Xerusalén do Ceo. Hai un antes e un despois do bautismo. O Sacramento supón un camiño de fe” (Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Pentecoste 2023

Remol. Pentecostes.2023 XUNT@S ANUNCIAMOS O QUE VIVIMOS CANTOS Entrada.- Pedras vivas Lecturas.- Manda o teu Espírito (126 ) Ofertorio.- Recibe Señor ( 31 ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco ( 63 ) ESCOITA ACTIVA   Hoxe é Pentecostes, o remate do tempo de Pascua; o comezo do tempo da Igrexa. Esa Igrexa santa e pecadora; esa Igrexa que por veces ten prestado máis atención á súa imaxe que a servir ás persoas, pero tamén esa Igrexa que ao longo de dous mil anos, entre luces e sombras, ten sido faro de acollida, servizo, solidariedade e loita pola paz.             Cando a Igrexa se deixou levar pola ansia de poder e polo afianzamento como institución, foise afastando do Evanxeo, para converterse en foco de poder e dominio. Porén, cando ten mirado ao Evanxeo, á persoa de Xesús, ao testemuño de homes e mulleres que foron capaces de dar a vida por defender aos máis débiles, mostrouse como relampo de presenza do Espírito Santo e continuadora da misión que Xesús lle encomendou a aquelas persoa