O AMOR…. VELAÍ O CERNE DA CUESTIÓN
CANTO GOZOSO
- ENTRADA: Todos xuntos (Nº 56)
- LECTURAS: Amigos nas penas
- OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)
- COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120)
ESCOITA ACTIVA
Vivimos nunha sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como lle gusta dicir ao papa Francisco. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando por dentro, ímonos insensibilizando, e mesmo desculpamos e adoptamos comportamentos a todas luces inmorais, que escravizan ás persoas.E resulta que chega Xesús e dinos que o amor é a primeira e a única lei.... Que paradoxo, non si?. Prestemos atención á súa palabra e deixemos que vaia renovando e vitalizando a nosa vida, porque se non hai amor, para que serve a lei?... Simplemente para facernos escravos dela.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
- Porque son moitos os prexuízos que nos contaminan á hora de relacionarnos coas persoas estranxeiras, forasteiras, pobres....; SEÑOR, QUE NUNCA NOS FALTE O AMOR
- Porque moitas veces tamén tentamos aproveitarnos da suor de quen menos ten;CRISTO, QUE NUNCA NOS FALTE O AMOR.
- Ti, que denuncias o comportamento de quen se limita a dar golpes de peito, pero é incapaz de perdoar a quen o ten ofendido e de comprender a quen non pensa coma el; SEÑOR, QUE NUNCA NOS FALTE O AMOR.
PALABRA PROCLAMADA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
Di o Señor.
Non aflixirás nin asoballarás aos forasteiros, pois forasteiros fostes vós en terras de Exipto.
Non oprimirás as viúvas nin os orfos. Se de feito os oprimes, e eles se queixan a min, eu escoitarei certamente a súa queixa. O meu noxo acenderase e fareivos morrer a espada. As vosas mulleres quedarán viúvas e os vosos fillos orfos.
Se lle emprestas diñeiro a un do meu pobo, ao pobre que vive onda ti, non te portarás coma un usureiro, cobrándolle intereses. Se tomas en préstamo o manto do teu próximo, antes de poñerse o sol devolverasllo, pois é o vestido que ten para cubrir o seu corpo. ¿Con que, se non, se taparía ó deitarse? Se se queixa a min, escoitareino, porque eu son misericordioso.
PALABRA DO SEÑOR
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE PAULO AOS TESALONICENSES
Irmás e irmáns:Ben sabedes o que tal resultou ser a nosa actuación entre vós para o voso ben. E vós seguistes o noso exemplo e o do Señor e, aínda que houbo tantas dificultades, acollestes a mensaxe coa alegría do Espírito Santo, ata chegardes a ser exemplo para todos os crentes da Macedonia e da Acaia. Pois, partindo de vós, resoou a palabra do Señor non só na Macedonia e na Acaia, senón que a vosa fe en Deus resoou por todas partes, de xeito que non precisamos falar cousa. Eles mesmos contan cal foi a acollida que nos destes e como vos convertestes dos ídolos para servir ao Deus vivo e verdadeiro, e para agardar desde o ceo, ó seu Fillo, a quen resucitou de entre os mortos, Xesús, quen nos libra da ira vindeira.
PALABRA DO SEÑOR
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MATEU
Naquel tempo, os fariseos ao se informaren de que Xesús lles tapara a boca ós saduceos, reuníronse; e un deles, que era xurista, preguntoulle para poñelo a proba:
- Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da Lei?
El respondeulle:
- "Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.
PALABRA DO SEÑOR
Hoxe tamén, e se cadra máis ca nunca, son demasiadas as persoas que imos marxinando para aproveitarnos delas e da súa debilidade. Ás veces é no terreo económico, outras no cultural, outras no laboral, se cadra outras no relixioso ou no afectivo, mesmo tentando de pensar e mandar sobre elas.... pero sempre pagan uns cantos a usura, a preguiza e a ambición doutros. A dignidade da persoa queda entón humillada, e Deus toma como cousa propia esta humillación. Nunca está de máis que tamén aos “cristiáns bos” se nos lembre que o amor é unha mensaxe vella e sempre nova e que os exemplos que aparecen na primeira lectura seguen a ter actualidade: o desamparo de tantas e tantas mulleres maltratadas, obrigadas a prostituírse ou silenciadas; o aproveitamento de inmigrantes parados e desesperados coma man de obra barata; o enriquecemento de uns a costa do empobrecemento dos máis pobres; a explotación de tantos e tantos inocentes, a marxinación, a soidade e o silencio ao que se vén abocados tantos maiores.... A ameaza de Deus é forte: “se se queixan a min, escoitareinos, porque eu son misericordioso”.
Amar é descubrir á outra persoa.
Amar é darse á outra persoa.
Amar é aceptar á outra persoa.
Amar é valorar á outra persoa.
Amar é facer medrar á outra persoa.
Amar é abrirse con toda sinceridade á outra persoa.
Amar é buscar a felicidade da outra persoa, e buscándoa, atopar a propia.
Amar é unha experiencia humana, entrañable, de cada día, difícil de describir, sempre máis grande.
O amor é confianza.
O amor é responder ás necesidades da outra persoa.
O amor pónsenos nas mans, para facelo medrar co noso esforzo.
O amor é verdadeiro cando é de cada día e de todos os días.
O amor apóiase no ser, non no ter.
O amor que se traballa, non morre nunca.
- Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da Lei?
El respondeulle:
- "Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.
PALABRA DO SEÑOR
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
A Palabra que vimos de proclamar, concretamente o evanxeo, pode dicirse que o coñecemos desde pequenos, cando aprendiamos a coro os mandamentos nas filas da catequese (aínda que daquela chamábase catecismo), cando repetiamos: “Estes dez mandamentos encérranse en dous: amarás a Deus sobre todas as cousas e ao próximo coma a ti mesmo”. E quizás de aí provén o noso mal: somos capaces de lembrar e de saber... pero isto non ten repercusión na nosa vida: non somos capaces de vivir. Si se tratara de pasar un exame, poderiamos dicir que coñecemos as grandes liñas do cristianismo e o xeito de comportarnos como tal. Somos uns grandes teóricos, mais iso non chega; non chega con dicir: temos que facer, porque a fe non é un desexo, senón facer amando. Velaí o cerne da cuestión: trátase simple e sinxelamente de AMAR. AMAR A DEUS, poñer a nosa vida nas súas mans de Pai-Nai, confiar nel, esperar nel, contar con El.... El que nos crea e que sostén a nosa vida, que se fai compañeiro de camiño, caxato nas nosas andainas, auga fresca nos nosos resecos, pan quente nas nosas fames, colo agarimoso nos nosos desenganos, man que acariña nas nosas bágoas.... E, este amor faise visible na segunda parte do mandado: AMAR AO PRÓXIMO. O amor de Deus é o fundamento, pero só se pode fundamentar o amor practicado e realizado. Xesús, onte e hoxe, quere que non empreñemos do aire, que non andemos na póla, que aterremos na vida e no mundo. Xa está ben tanta “falsa piedade” que non fai máis que esconder a nosa mediocridade, a nosa falla de compromiso, a nosa preguiza, a nosa frustración... sen dar cabida á caridade, á xustiza, á solidariedade, á búsquea do ben común. Non se pode amar a Deus cando se humilla, cando se fai de menos a unha persoa. Non se ama a Deus cando non se move un dedo para dignificar a vida de todas as persoas. O amor ao próximo: ese será o termómetro que nos indique se amamos e en que medida amamos a Deus.Hoxe tamén, e se cadra máis ca nunca, son demasiadas as persoas que imos marxinando para aproveitarnos delas e da súa debilidade. Ás veces é no terreo económico, outras no cultural, outras no laboral, se cadra outras no relixioso ou no afectivo, mesmo tentando de pensar e mandar sobre elas.... pero sempre pagan uns cantos a usura, a preguiza e a ambición doutros. A dignidade da persoa queda entón humillada, e Deus toma como cousa propia esta humillación. Nunca está de máis que tamén aos “cristiáns bos” se nos lembre que o amor é unha mensaxe vella e sempre nova e que os exemplos que aparecen na primeira lectura seguen a ter actualidade: o desamparo de tantas e tantas mulleres maltratadas, obrigadas a prostituírse ou silenciadas; o aproveitamento de inmigrantes parados e desesperados coma man de obra barata; o enriquecemento de uns a costa do empobrecemento dos máis pobres; a explotación de tantos e tantos inocentes, a marxinación, a soidade e o silencio ao que se vén abocados tantos maiores.... A ameaza de Deus é forte: “se se queixan a min, escoitareinos, porque eu son misericordioso”.
FRATERNIDADE ORANTE
Pomos agora enriba do altar a nosa oración como ofrenda do noso compromiso de converter a fe en vida. Fagámolo dicindo xuntos:
QUE A NOSA VIDA SEXA UN CANTO DO TEU AMOR
- Para que no medio da Igrexa non aniñen nunca actitudes nin comportamentos excluíntes e contrarios á dignidade que puxeches en cada persoa, OREMOS
QUE A NOSA VIDA SEXA UN CANTO DO TEU AMOR
- Para que nas nosas comunidades non esquezamos nunca que a salvación só será posible se somos capaces de amar a Deus amando aos irmáns e ás irmás, especialmente aos máis excluídos e esquecidos das nosas parroquias, barrios ou aldeas, OREMOS.
QUE A NOSA VIDA SEXA UN CANTO DO TEU AMOR
- Por nós, para que nos deixemos guiar da sabedoría da Palabra de Deus, unha Palabra que hoxe, unha vez máis, nos invita a seguir a Xesús respectando a dignidade da persoa, especialmente daquelas persoas que menos teñen e máis precisan de nós, OREMOS.
QUE A NOSA VIDA SEXA UN CANTO DO TEU AMOR
Señor, dános azos para que non caiamos na tentación de crernos superiores a ninguén, desprezando a cantos non pensan coma nós ou teñen outro xeito de vivir e entender a vida. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DIFERENCIADA
AMAR
Amar é crer na outra persoa.Amar é descubrir á outra persoa.
Amar é darse á outra persoa.
Amar é aceptar á outra persoa.
Amar é valorar á outra persoa.
Amar é facer medrar á outra persoa.
Amar é abrirse con toda sinceridade á outra persoa.
Amar é buscar a felicidade da outra persoa, e buscándoa, atopar a propia.
Amar é unha experiencia humana, entrañable, de cada día, difícil de describir, sempre máis grande.
O amor é confianza.
O amor é responder ás necesidades da outra persoa.
O amor pónsenos nas mans, para facelo medrar co noso esforzo.
O amor é verdadeiro cando é de cada día e de todos os días.
O amor apóiase no ser, non no ter.
O amor que se traballa, non morre nunca.
Comentarios