Festa da Presentación do Señor QUE A TÚA LUZ ACENDA OS NOSOS CORAZÓNS, SEÑOR, PARA SERMOS PERSOAS PEREGRINAS E SEMENTADORAS DE ESPERANZA SINAL: Ao comezo da celebración acendemos o cirio pascual. Nel iranse prendendo algunhas candeas, para continuar acendéndose unhas doutras. Somos comunidade que comparte unha mesma luz: Xesús resucitado!. Unha vez acendidas, procesionalmente, vaise facendo a bendición desde o fondo da igrexa. Naquelas parroquias nas que traian o pan, bendicirase tamén. CANTOS · ENTRADA: Eu soñei (58) · LECTURAS: Salvador do mundo (29) · OFERTORIO: Cantádelle ao Señor (33) · COMUÑÓN: Ide e pregoade (55). ABRAMOS OS OLLOS Hai corenta días celebrabamos que a Luz chegara para iluminar corazóns, vidas e proxectos de cada un e cada unha de nós. Hoxe, volvemos reunirnos no templo, presididos pola luz do cirio pascual, Cristo vivo e Resucitado, para compartir e participar desa luz, que quere acompañar os nosos pasos e iluminar a nosa ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra