DO QUE REBORDA O CORAZÓN, FALA A BOCA CANTO GOZOSO ENTRADA: Quédate Señor connosco (Nº 63) LECTURAS: Escoita, ti a Palabra de Deus (Nº 26) OFERTORIO: Acharte presente (Nº 51) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) ESCOITA ACTIVA A Palabra de hoxe reflexiona sobre dous verbos: falar e escoitar. No primeiro somos persoas expertas, porque, como xa sabemos: “o falar non ten cancelas”. Falamos de todo e de todas as persoas; falamos sen pensar; falamos do que sabemos, do que escoitamos e mesmo do que inventamos.... E non nos decatamos de que a palabra é unha ferramenta poderosa que pode ferir, porque todas e todos nós temos a experiencia dunha mala palabra ou dunha mala contestación que nos dá alguén e que nos fai moito dano. Porén, en escoitar, xa non somos persoas tan expertas. Poñemos o piloto automático cando alguén nos fala e non lle prestamos atención, facéndose realidade aquilo de “predica meu frade, por un oído me entra e polo outro me sae”. E canto necesitamos escoitar e canta xente ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra