COÑECER PARA PODER QUERER E COIDAR
CANTO GOZOSO
Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2).
Lecturas.- Escoita ti (Nº 26).
Ofertorio.- Grazas, Señor na mañá (Nº 117 ).
Comuñón.- Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
Aínda hoxe temos moito que aprender deste comportamento, tanto a nivel institucional como a nivel persoal. E é que calquera tipo de discriminación e marxinación, ás que seguimos sendo tan propensos, atenta contra o novo proxecto de relacións humanas que se inaugura coa chegada do Reino. O evanxeo que hoxe proclamamos lémbranos que para Xesús o xénero non é a liña divisoria para acoller e traballar polo Reino. Quen apela a iso segue aferrado a leis e costumes antigas e está ben lonxe de entender a súa mensaxe.
Lecturas.- Escoita ti (Nº 26).
Ofertorio.- Grazas, Señor na mañá (Nº 117 ).
Comuñón.- Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
OLLOS ABERTOS
Hoxe apenas nos decatamos do carácter revolucionario do comportamento de Xesús diante das mulleres, atentando contra os costumes máis venerables daquela sociedade. Rompendo os prexuízos e as costumes de manter ás mulleres á marxe da Escritura, Xesús acéptaas entre os seus seguidores e discípulos, nunha actitude nova para un xudeu. Ben sabía El que hai que coñecer para poder querer e coidar.Aínda hoxe temos moito que aprender deste comportamento, tanto a nivel institucional como a nivel persoal. E é que calquera tipo de discriminación e marxinación, ás que seguimos sendo tan propensos, atenta contra o novo proxecto de relacións humanas que se inaugura coa chegada do Reino. O evanxeo que hoxe proclamamos lémbranos que para Xesús o xénero non é a liña divisoria para acoller e traballar polo Reino. Quen apela a iso segue aferrado a leis e costumes antigas e está ben lonxe de entender a súa mensaxe.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
· Porque vivimos tan ás carreiras que non buscamos tempos de silencio, que nos axuden a escoitar as ledicias e as tristuras dos demais e a captar a túa tenrura, SEÑOR, QUE BUSQUEMOS COÑECERTE.
· Porque son moitas as veces nas que só pedimos dereitos, pero esquecemos as nosas obrigas para cos demais, CRISTO, QUE BUSQUEMOS COÑECERTE.
· Por ter relegado ás mulleres a un papel secundario na sociedade, na cultura, na Igrexa, facendo noso aquilo de “a muller e a “sartén” na cociña é onde están ben”, SEÑOR, QUE BUSQUEMOS COÑECERTE.
Responderon eles: ‑“Está ben. Fai como dis”.
Abraham correu á tenda onda Sara, para lle dicir: ‑“Trae tres cuncas de flor de fariña, axiña: amásaa, e prepara unha bica”. E el foi correndo ó cortello, colleu o vitelo máis tenro e mellor, e deullo a un criado, para que o guisase ó momento. Despois, co vitelo guisado, colleu manteiga e leite, e servíullelos. Mentres eles comían, el estaba ó seu lado baixo a árbore.
Nisto eles preguntáronlle: ‑“¿Onde está Sara, túa muller?”
El respondeu: ‑“Aí dentro, na tenda”.
E un deles engadiu: ‑“Volverei verte para o ano, e entón Sara a túa muller, terá un fillo”. Palabra do Señor.
· Porque son moitas as veces nas que só pedimos dereitos, pero esquecemos as nosas obrigas para cos demais, CRISTO, QUE BUSQUEMOS COÑECERTE.
· Por ter relegado ás mulleres a un papel secundario na sociedade, na cultura, na Igrexa, facendo noso aquilo de “a muller e a “sartén” na cociña é onde están ben”, SEÑOR, QUE BUSQUEMOS COÑECERTE.
PALABRA PROCLAMADA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor. Abraham ergueu os ollos e viu tres homes de pé diante del. En véndoos, correu ó seu encontro, desde a entrada da tenda, e postrouse, dicindo: ‑“Meu Señor, se merezo o teu favor, non pases sen te deteres onda o teu servo. Farei traer unha pouca auga, bañaréde-los pés e descansaredes baixo a árbore. Coa mesma e xa que pasades por onda o voso servo, traerei un anaco de pan. Repararedes con el as forzas, para logo seguirdes camiño”.Responderon eles: ‑“Está ben. Fai como dis”.
Abraham correu á tenda onda Sara, para lle dicir: ‑“Trae tres cuncas de flor de fariña, axiña: amásaa, e prepara unha bica”. E el foi correndo ó cortello, colleu o vitelo máis tenro e mellor, e deullo a un criado, para que o guisase ó momento. Despois, co vitelo guisado, colleu manteiga e leite, e servíullelos. Mentres eles comían, el estaba ó seu lado baixo a árbore.
Nisto eles preguntáronlle: ‑“¿Onde está Sara, túa muller?”
El respondeu: ‑“Aí dentro, na tenda”.
E un deles engadiu: ‑“Volverei verte para o ano, e entón Sara a túa muller, terá un fillo”. Palabra do Señor.
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS COLOSENSES
Irmáns e irmás:Agora alégrome do que teño que padecer por vós; así completo na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo seu corpo, que é a Igrexa. Desta Igrexa fíxoseme servidor cando Deus me encomendou para o voso ben esta misión: predicar cumpridamente a palabra de Deus, ese misterio escondido desde séculos e xeracións, pero que agora se manifesta ó seu pobo santo. A este pobo quíxolle Deus amosa-la espléndida riqueza que representa para os pagáns este segredo: ¡que Cristo, a gloria esperada, tamén é para vós! El é a quen nós anunciamos, aconsellando a todos, adoutrinándoos o mellor que sabemos para facer cristiáns coma é debido.
· É verdade que durante moito tempo a formación dentro da Igrexa estivo e está reservada só para os cregos e, como moito, para os relixiosos. As persoas segrares, canto menos coñezan, mellor, non vaia ser que dean problemas. Isto deu como resultado unha fe con toques de superstición, maxia e adobada co ingrediente indispensable: o medo. Así, todos calados, todos contentos, todos respondemos amén-amén, si, señor cura. Que tempos aqueles!!!!!!!!!!!!!!: Pero chegou o Vaticano II, e o Papa Bo mandou abrir as fiestras para que entrase aire limpo que levase o tufo e o po que se acumulara na Igrexa. Porén, a chamada á formación que se nos facía desde os distintos documentos non sempre foi ben acollida, nin pola xerarquía, que vía unha perda do poder, nin polos propios segrares a quen, acomodados nunha fe desmigallada para eles polo clero, resultáballes difícil comezar a comer mastigando e dixerindo de motu proprio.
· Así foi pasando o tempo e daqueles ventos veñen estas tempestades que estamos a vivir. A xente foise formando noutros eidos e a relixión seguiu nun infantilismo perpetuo que estorbaba no desenvolvemento da persoa, polo que era mellor deixar aquela pesada canga que tiñamos que transportar. Outro galo nos tería cantado se apostásemos pola formación en lugar de pola ignorancia e o escurantismo, polo amor en lugar da imposición, pola liberdade en lugar da obriga!!!!!!!!!!!!.
· Porque na tarefa da evanxelización estamos todas as persoas implicadas. Nos tempos de Xesús, os mestres da lei xulgaban que non lle cumpría ás mulleres afondar nas ensinanzas da lei de Deus (que familiar nos soa, 2000 anos despois, verdade?). Iso era tarefa e responsabilidade dos homes. María, co beneplácito do Señor, rompe esa norma e, sentada aos seus pés, reclama o seu dereito a ser discípula, a coñecer directamente, de beizos de Xesús, a boa nova. Marta, en troques, non o entende (non hai peor astilla que a do mesmo pau), ela vive atarefada cos moitos quefaceres domésticos. E busca apoio en Xesús. E non o atopa, porque El critica o feito de que sexa prisioneira do que ela considera o papel propio da muller. E Xesús chámaa (pásmate!!!) a que rompa esta concepción que sitúa á muller en condición de persoa confinada aos traballos caseiros. Como muller, tamén ten dereito a outras preocupacións. Marta, como María, debe reivindicar e ocupar plenamente o seu lugar de discípula. Cos seus xestos e palabras, Xesús libera á muller dunha concepción que a mantén nunha situación de segundo plano, de simple ama de casa. A importancia da formación, a importancia de traballar pola igualdade, unha lección de Xesús para a sociedade e a Igrexa de hoxe. Que nos parece?.
GRAZAS POR HOSPEDARNOS NA TÚA TENDA
Grazas, Xesús, por poñer diante de nós a túa Boa Nova de salvación, que nos invita a formarnos para renovarnos constantemente con actitudes e valores que dan vida e ilusión ao noso camiñar cotián. P.X.N.S. Amén.
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Cando ían de camiño, entrou Xesús en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa. Esta tiña unha irmá chamada María, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas palabras. Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, díxolle:
‑Señor, ¿non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
Pero o Señor respondeulle:
‑Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, pero soamente unha é a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.
PALABRA REMOÍDA
· É verdade que durante moito tempo a formación dentro da Igrexa estivo e está reservada só para os cregos e, como moito, para os relixiosos. As persoas segrares, canto menos coñezan, mellor, non vaia ser que dean problemas. Isto deu como resultado unha fe con toques de superstición, maxia e adobada co ingrediente indispensable: o medo. Así, todos calados, todos contentos, todos respondemos amén-amén, si, señor cura. Que tempos aqueles!!!!!!!!!!!!!!: Pero chegou o Vaticano II, e o Papa Bo mandou abrir as fiestras para que entrase aire limpo que levase o tufo e o po que se acumulara na Igrexa. Porén, a chamada á formación que se nos facía desde os distintos documentos non sempre foi ben acollida, nin pola xerarquía, que vía unha perda do poder, nin polos propios segrares a quen, acomodados nunha fe desmigallada para eles polo clero, resultáballes difícil comezar a comer mastigando e dixerindo de motu proprio.
· Así foi pasando o tempo e daqueles ventos veñen estas tempestades que estamos a vivir. A xente foise formando noutros eidos e a relixión seguiu nun infantilismo perpetuo que estorbaba no desenvolvemento da persoa, polo que era mellor deixar aquela pesada canga que tiñamos que transportar. Outro galo nos tería cantado se apostásemos pola formación en lugar de pola ignorancia e o escurantismo, polo amor en lugar da imposición, pola liberdade en lugar da obriga!!!!!!!!!!!!.
· Porque na tarefa da evanxelización estamos todas as persoas implicadas. Nos tempos de Xesús, os mestres da lei xulgaban que non lle cumpría ás mulleres afondar nas ensinanzas da lei de Deus (que familiar nos soa, 2000 anos despois, verdade?). Iso era tarefa e responsabilidade dos homes. María, co beneplácito do Señor, rompe esa norma e, sentada aos seus pés, reclama o seu dereito a ser discípula, a coñecer directamente, de beizos de Xesús, a boa nova. Marta, en troques, non o entende (non hai peor astilla que a do mesmo pau), ela vive atarefada cos moitos quefaceres domésticos. E busca apoio en Xesús. E non o atopa, porque El critica o feito de que sexa prisioneira do que ela considera o papel propio da muller. E Xesús chámaa (pásmate!!!) a que rompa esta concepción que sitúa á muller en condición de persoa confinada aos traballos caseiros. Como muller, tamén ten dereito a outras preocupacións. Marta, como María, debe reivindicar e ocupar plenamente o seu lugar de discípula. Cos seus xestos e palabras, Xesús libera á muller dunha concepción que a mantén nunha situación de segundo plano, de simple ama de casa. A importancia da formación, a importancia de traballar pola igualdade, unha lección de Xesús para a sociedade e a Igrexa de hoxe. Que nos parece?.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Como persoas seguidoras de Xesús, sabemos que a nosa vida debe ser un camiñar no servizo, na igualdade e na gratuidade. Por iso dicimos:GRAZAS POR HOSPEDARNOS NA TÚA TENDA
- Por unha Igrexa sempre disposta a apostar pola formación para traballar por liberar de cangas pesadas ás persoas que se senten apesaradas pola dor, a tristura, a desesperanza e o desamor, OREMOS.
- Por unhas comunidades parroquiais que descubran que xa non é tempo de criticar, senón de unir, achegar e alentar, para que quen o necesite descubra ao seu lado mans amigas e rostros acolledores, OREMOS.
- Por uns discípulos e unhas discípulas de Xesús, nós, para que perdendo medos e superando desconfianzas, sexamos capaces de buscar tempos e grupos que nos axuden a formarmos porque só se pode querer e coidar o que se coñece, OREMOS.
Grazas, Xesús, por poñer diante de nós a túa Boa Nova de salvación, que nos invita a formarnos para renovarnos constantemente con actitudes e valores que dan vida e ilusión ao noso camiñar cotián. P.X.N.S. Amén.
COS PÉS NO CHAN
Coñecerte, Señor, é aprender a escoitar a túa voz,
que nos fala na historia, nos acontecementos, na vida.
É descubrir a túa presenza nas persoas sinxelas e desvalidas,
nas que non teñen voz nin sitio na sociedade dos nosos días.
É atender á túa palabra e intentar vivir conforme a ela,
facendo o ben, preocupándonos dos demais,
sendo persoas honestas, xustas e sinceras.
Coñecerte é practicar as túas ensinanzas,
non quedar na teoría, nun saber estéril.
É ser persoas misericordiosas, compasivas, atentas coa xente,
dispostas sempre a compartir penas e ledicias.
É ter sentimentos, tendo cada día un corazón coma o teu.
Axúdanos a coñecerte mellor.
Converte as nosas falsas crenzas.
Destrúe as falsas imaxes túas que facemos
para evitar o compromiso que significa seguirte.
Dános coherencia para vivir como aprendemos de ti.
Que o noso coñecemento sexa fonte de vida.
Que nunca descoidemos a nosa formación no eido da fe.

Comentarios