PERSOAS ORGULLOSAS DA NOSA FE (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) Cantos · Entrada.- Unha parroquia nova ( ). · Lecturas.- Canta Aleluia ( 21). · Ofertorio.- Grazas, Señor, graciñas ( 50 ). · Comuñón.- Oh, Señor, escólleme ( 62). Mirada agradecida Sabedoría e esperanza son os eixes nos que se move hoxe a Palabra de Deus. Non a sabedoría de quen ten moito coñecemento e pouca humanidade, senón desde a sabedoría esperanzada de quen aprendeu a valorar o sinxelo, o pequeno, o humilde. Hoxe, desde esta sabedoría esperanzada, a Igrexa española celebra o día da “Igrexa diocesana”; o día no que as comunidades tomamos conciencia de quen somos e cara onde imos. Nin estamos sos nin camiñamos son, senón que levamos con nós a forza da fe. Unha fe da que nos sentimos orgullosos e orgullosas. Unha fe que vivimos na nosa comunidade, na nosa diocese, na Igrexa universal. Unha fe que temos que testemuñar coa nosa vida. Corazón misericordioso · Porque deixamos que outras persoas decidan ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra