Ir al contenido principal

UNHA AUTOCRÍTICA HUMILDE

PÓRTICO

Moitas veces esquecemos que o punto de referencia das nosas actuacións debe ser Xesús; e por iso a nosa vida non expresa, non vive, non amosa… a fe que cremos e celebramos; por iso non estamos dispost@s a saírmos das nosas seguridades para ir na busca de quen está perdid@, desorientad@ ou esquecid@. Ou, ao mellor, si estamos dispost@s; pero non desde o respecto á súa liberdade, senón desde a imposición, desde o ordeno e mando.

Porén, Xesús déixanos claro que non quere impor nada, que a súa é unha opción libre e persoal, desde o respecto, e non desde a imposición, desde o amor, e non desde o fundamentalismo.

Que a celebración que agora comezamos nos abra os ollos, os oídos e o corazón para irmos na busca de quen precise da nosa axuda.

O PERDÓN

  • Porque nos parecemos demasiado a aqueles xudeus contemporáneos de Xesús, pois tamén nós nos consideramos xustos, bos e cumpridores, criticando e murmurando daquelas persoas que consideramos pecadores, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA MISERICORDIA.
  • Porque non damos entendido que a túa maior ledicia é a vida, a felicidade e a plenitude de todas as persoas, creadas e queridas por Ti, CRISTO, ÁBRENOS Á TÚA MISERICORDIA.
  • Porque moitas veces tamén nós caemos na idolatría de adorar o becerro de ouro, na idolatría de por a consecución de cartos e riqueza por riba de calquera outro valor, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA MISERICORDIA.

REMOENDO NA PALABRA

  • Nunca coma nos nosos tempos, resulta tan actual a parábola que Xesús nos propón no Evanxeo, da ovella ou da moeda perdidas. Nunha sociedade na que, cada vez máis, a relixión camiña á marxe da vida das persoas, quizás se inverteran as proporcións e sexan noventa e nove as ovellas perdidas e unha a que permanece no redil, aínda que as máis das veces non sexa por convicción propia, senón por medo, tradición ou mero conformismo.
  • E, diante deste panorama, cabería preguntármonos qué parte de culpa temos nós (Papa, bispos, curas, relixios@s e segrares) na perda de tantos e tantas irmáns e irmás que fart@s, desencantad@s e desilusionad@s, afástase ou mesmo abandonan a Igrexa. Porque non nos enganemos: corren tempos nos que moitos dos que forman parte da nosa Igrexa quedaron no AT, falando dun Deus castigador, vingativo e iracundo, que ameaza con descargar a súa cólera contra a idolatría do pobo. Non deron o paso seguinte, non releron o AT desde o NT, no que Xesús nos fala dun Deus que é, sobre todo, Pai-Nai, que está sempre disposto a poñerse en camiño para buscar a quen se perdeu… e que SE ALEGRA cando @ atopa.
  • Por iso, aínda que sexa duro, haberá que facer unha autocrítica profunda, serena e sincera sobre a Igrexa que estamos a construír e que ás veces semella máis unha secta (na que a uniformidade, a obediencia cega e a falta de cuestionamento son o máis importante), que unha familia de irmáns e irmás con xeitos de pensar e de vivir diferentes, e que non esquezamos son froito da pluralidade do Espírito. Nós, moitas veces, sen unha visión misericordiosa, tratamos de converter o espazo da comunidade nun lugar de exclusión. Autoerixímonos coma grupo inmaculado e pechamos a nosa porta ás persoas que, por neglixencia, ignorancia ou calquera outro motivo, non levan unha vida “correcta”, segundo os nosos criterios. As veces parece que somos nós, @s de dentro da propia Igrexa, @s que coa nosa intolerancia, co noso inmobilismo, cos nosos ritos baleiros e afastados da vida das persoas, cos nosos binomios bos-malos, cos nosos malos xestos e coa nosa carraxe, estamos desexando que se vaia a xente, ou alomenos os que non nos din amén a todo.
  • Así, algunhas persoas intraeclesiais, escandalízanse diante das declaracións do abade de Silos, a quen se lle ocorreu dicir que “persoalmente, a el non lle gustaba o “Motu propio” de Bieito XVI”… meu Deus!!!!. Semellante comentario dá para facer correr ríos e ríos de tinta de cristiáns ortodoxos que lle tiran das orellas ao abade por cuestionar ao Papa, tanto que se estivésemos no tempo da Inquisición (que tantos botan de menos) o pobre abade estaría ardendo. O mesmo poderiamos dicir das polémicas a propósito da tan famosa asignatura da “Educación para a cidadanía”….Pola contra, esas mesmas persoas permanecen mudas diante doutros temas eclesiais e sociais moito máis importantes e profundos como son o maltrato ás mulleres (pois xa se sabe que son o xénero débil e ás veces hai que volvelas ao bo camiño cunha labazada), a pederastia, o cobro abusivo de estipendios de Misas e funerais, a negativa a dar contas da xestión dos cartos das comunidades ás que serven, a dobre moralidade e o dobre raseiro…. Non nos enganemos: son estas actitudes, estas pequenas – grandes cousas, as que fan que as persoas, doídas, incomprendidas, insultadas, desencantadas… non atopen sitio nesta “nosa Igrexa”.
  • Cómpre, polo tanto, un cambio de táctica. Non só o pastor ten que saír á busca da ovella perdida, senón que as noventa e nove restantes, a comunidade enteira, debe ir buscala. A solución non esta, polo tanto, en atrincheirarnos e illarnos, nin moito menos en subir ás torres do castelo para lanzar frechas de anatema contra as persoas que se afastaron, subíndonos ao podio dunha pretendida perfección, para xulgar, condenar ou reprobar @s demais, como facían os fariseos e letrados que critican a Xesús no Evanxeo. Ao contrario, diante desta innegable realidade, haberá que beber nas fontes da Sagrada Escritura (que nos fala de ir buscar a quen está perdido) e do Maxisterio, que ás altas instancias tanto lle gusta citar. Non podemos esquecer que a “Gaudium et spes” 1 di que “os gozos e esperanzas, tristezas e angustias das persoas do noso tempo, son os d@s discípul@s de Cristo”; ou a “Ecclesiam suam”, que nos invita a “entrar en diálogo con tod@s: cercan@s e afastad@s, é dicir, c@s que adoitamos chamar a “ovella descarreirada”.
  • A Palabra, unha vez máis, márcanos o camiño. Que saibamos redescubrir na nosa vida a ledicia de sentírmonos agarimad@s e acompañad@s polo Deus amor… e que saibamos transmitirlla aos demais.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Presentámosche agora a nosa oración comunitaria dicindo xunt@s:

QUE TRANSMITAMOS O TEU AMOR

  • Pola Igrexa, comunidade viva, plural e aberta, para que nunca se converta en xuíz de ninguén, senón que, seguindo o camiño de Xesús, saiba descubrir a ledicia de saír na busca de quen estea perdid@, silenciad@ ou marxinad@, OREMOS.

QUE TRANSMITAMOS O TEU AMOR

  • Polas nosas comunidades cristiás, para que sexan espazos de acollida, nos que non se exclúa nin rexeite a ninguén, senón que se valore e respecte a dignidade das persoas e se teñan en conta as súas iniciativas de cambio, OREMOS.

QUE TRANSMITAMOS O TEU AMOR

  • Por cada un e cada unha de nós, para que coa nosa vida saibamos ser e dar testemuño do noso Deus, o Deus da tenrura, da misericordia, da acollida de quen se equivoca ou fracasa, OREMOS.

QUE TRANSMITAMOS O TEU AMOR

Grazas, Señor, porque sabemos que sempre estás disposto a saír na busca de quen está perdido ou desorientado. Que nós, seguidores teus, saibamos seguir o teu exemplo. PXNS.

PARA A REFLEXIÓN

Que a túa ledicia, Xesús, brille nos nosos rostros.

Ensínanos a sermos alegres coma Ti.

Alegres porque tanto nos amou o Pai que te enviou a salvarnos.

Alegres porque ves e compartes as nosas penas e a nosa vida.

Alegres porque sempre estás connosco, presente na nosa historia.

Alegres porque estás preparándonos un lugar no que poidamos compartir o teu gozo.

Concédenos, Xesús, a felicidade de entregar as nosas vidas ao servizo dos demais.

E que o noso compromiso pol@s marxinad@s sexa a nosa maior fonte de felicidade.

Concédenos a felicidade d@s pobres con Espírito, con fame e sede de xustiza.

CANTOS

ENTRADA: Acharte presente na vida

LECTURAS: Camiñar

OFERTORIO: Eu soñei

COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...