Ir al contenido principal

Unha fe de conviccións

Pórtico

Na nosa sociedade tecnificada, materialista e autosuficiente, resulta moi difícil falar de actitudes diferentes, de xeitos de vida que vaian contra corrente, que moitas veces entran en conflito. Así, falar de fe, de humildade, de sinxeleza, amor e confianza en Deus, pode parecer estraño nestes tempos.

A celebración de hoxe invítanos a descubrir que é nesas actitudes onde está a felicidade e é aí onde Xesús non incide para facer realidade no noso mundo e no noso tempo o Reino que El trouxo. Pidamos con forza como pediron os apóstolos a Xesús: “Auméntanos a fe”.

Perdón

¨ Porque moitas veces sentimos medo e vergoña de manifestar que somos crentes. Señor, acrecenta a nosa fe.

¨ Polas moitas veces nas que renunciamos a expresar cos nosos feitos que o seguimento de Xesús guía a nosa vida. Cristo, acrecenta a nosa fe.

¨ Por ter caído na tentación de reducir a vida de fe a simples actos devocionais, desenraizados do que vivimos, pensamos e facemos cada día. Señor, acrecenta a nosa fe.

Remuíño

¨ Se escoitásedes hoxe a súa voz! Non endurezáde-lo voso corazón

A tod@s nos custa cada día facer acompasar as nosas conviccións, aquilo que cremos coa vida que levamos. Parece como se o ser crente non supuxese nada en nós, non dese un sentido aos valores que motivan as nosas tomas de postura diante das diferentes situacións que imos atopando no camiño da vida. Parafraseando ao salmista, podemos dicir que a nós, moitas veces, se nos pechan os oídos para escoitar a voz do Señor; unha voz que non nos fala só nos templos, senón nas múltiples e variadas situacións nas que a nosa vida se vai facendo:

o cando temos que seren a voz daqueles aos que lla queren silenciar...e non o somos.

o Cando temos que seren a o berro de quen se sente maltratada... e non o somos

o Cando temos que seren a presenza de quen está solo, triste ou desesperanzado... e non o somos.

o Cando temos que seren a visita do familiar, veciño ou amigo enfermo... e non o somos.

o Cando temos que seren as mans que unan a parroquia, animen ao comunitario, se esforcen para facer cousas para tod@s...e non o somos.

Nestas e noutras moitas situacións, que cada un de nós agora pode lembrar, non só estamos pechando os oídos á voz do Señor, senón que ademais estamos a endurecer o nosos corazón.E como sabemos todos, un corazón de pedra, é incapaz de amar.

¨ Ata que día, Señor, hei de estar pedindo auxilio, sen que ti fagas caso?

Por iso non nos vale a desculpa da que nos falaba o profeta na primeira das lecturas. Non nos vale tirar polo camiño mías doado, máis fácil: botarlle a culpa a Deus, ou negarlle a súa existencia e o seu sitio no noso mundo. Somos nós, cos nosos silencios, os nosos medos, as nosas covardías, ou o noso non querer ver a realidade, os que imos facendo que nada cambie, e que os mesmos, os de sempre, os de toda a vida, sexan os que tomen as decisións. Tamén que decidan por nós. Pero é iso o que quere o Señor? Non, El non quere que sexamos nin vítimas nin tampouco verdugos, senón homes e mulleres no medio do mundo e con ánimo de aportar, cada un desde a súa realidade, á creación de familias, parroquias, concellos, países menos violentos, menos inxustos, máis libres e respectuosos coas diferenzas. Nin somos nós os únicos, nin temos que ser os primeiros, somos cos outros e desde os outros. Non é cousa de vivir na dependencia, Deus non nos quere dependentes, senón libres.E na liberdade está a súa presenza.

¨ Non teñas vergonza de noso Señor.

Se Deus nos concede ser os protagonistas da nosa propia vida, sen querer, inda que algúns o digan ou lles gustaría, nin manipulala nin mediatizala, é necesario que clarifiquemos que é o que queremos e cara onde queremos orientala. Non nos vale entón, aos seguidores de Xesús, deixarnos levar da vergoña, coma se Deus nos fixera sumisos e escravos. Por qué tantas veces é a vergoña o que marca as nosas indecisións, os nosos medos, as nosas covardías; e non o son a liberdade outorgada por un Deus amor, entendemento, tenrura ou paz? Non será que nos falta cercanía de Deus, achegamento á súa Palabra conviccións para manifestala coa vida e as nosas decisións no actuar de cada día? Perdamos logo o medo, abrámonos á confianza, descubramos o rostro verdadeiro do Deus no que pomos a nosa forza, o Deus de Xesús.

¨ Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer”.

Se somos capaces de facer este camiño, persoalmente e sen que ninguén nos manipule ou queira decidir por nós, chegaremos a unha convicción: non fixemos máis que o que tiñamos que facer: deixarnos levar da confianza en Deus, terlle dado acubillo ao noso lado. Responder coa alegría dunha vida entregada, a toda aquela causa na que a dignidade do ser humano saia revalorizada, defendida e valorada. E para isto necesitamos non só dos brazos solidarios dos crentes, senón tamén dos moitos brazos e mans de tantos homes e mulleres, que sen sentir a presenza de Deus nas súas vidas, si están empeñados, en facer que no mundo poida haber un pouco máis de sorriso, e moita menos tristura. Se Deus non pon fronteiras entre uns e outros, por qué nós si? Se o noso é o servizo, unámonos a cantos con nós queren facer da súa vida un canto de servicialidade. Ao fin e ao cabo, como dicía Xesús, iso é o que nos toca.

Oración da comunidade

Deixando atrás medos e vergoñas, abramos corazón e mente a Deus, para que faga da nosa vida un verdadeiro canto de amor.

Fainos alegres no teu servizo

¨ Pola Igrexa, chamada a ser, comuñón de comunidades, para que nos esforcemos cada día en perder os medos e en botar de nós a sensación de maltratados e perseguidos, porque o vitimismo non era o camiño que nos invitou a facer Xesús. Oremos.

Fainos alegres no teu servizo

¨ Polas nosas comunidades, para que esperten do sono da rutina, da comodidade, da simpleza querer converter a fe en media hora de culto semanal, e comecemos a entregar corazón e mans para canto supoña que outr@s nas nosas parroquias teñan dignidade, felicidade e xustiza nas súas vidas. Oremos.

Fainos alegres no teu servizo

¨ Por nós, para que deixemos de queixarnos de Deus, e comecemos a vivir desde a fidelidade ao Evanxeo que nos mostra un Deus preocupado por tantas persoas que necesitan da nosa palabra, as nosas mans e a nosa presenza: enfermos, aburridos de vivir, parados,maiores,persoas sen horizonte na vida,pobres de desamor e tantas veces cheos de odio.Oremos.

Fainos alegres no teu servizo

Grazas, Señor, por ofrecernos unha nova oportunidade de dar sentido e forza a nosa vida.P.X.N.S..Amén.

Reflexión

Que gusto da espertar

Coa luz de cada día

E ir contemplando as cousas

Coas que nos enches a vida!

Que gusto verte a ti nelas

Rompendo a noite co día!

Na mai que coida dos nenos,

Os mantén e os arroupa

Para que vaian medrando

Con ilusión e con forza

Eu véxote a ti, Pai noso,

Mimador da xente toda.

No labrego apaixonado,

Loitador comunitario,

Que busca no pan a paz

E a forza pro seu traballo

Vexo a Xesús defensor

Da dignidade dos baixos.

En cada gromo que agroma,

En cada herbiña que apunta,

En cada flor que xa asoma,

No nacer dunha leituga

Vexo o Espírito de vida

Que ávida feliz empuxa.

Que gusto da espertar

E verte nas cousas todas!

Que gusto da traballar

Para que a xustiza as envolva!

Que gusto da espertar

E cantar a túa gloria.

(Un caxato...pax. 244)

Cantos

Entrada.- Arrepentido de vivir sen sentido

Lecturas.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova

Ofertorio.- Loade, servos do Señor

Comuñón.- Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...