Ir al contenido principal

REMOL II DOMINGO DO ADVENTO

TEMPO DE ADVENTO: UN NOVO AGASALLO DE DEUS PARA DERROTAR O PESIMISMO E FACER XERMOLAR A ESPERANZA

SIGNO: Ofrecemos o segundo cacto

SEXAMOS REALISTAS..... SOÑEMOS O IMPOSIBLE
PÓRTICO
Para poder chegar, como nos di Isaías, ao tempo no que sexa posible que convivan xuntos o lobo e o carneiro ou o becerro e o león, que ben poderíamos dicir nós os que pensan distinto, os que teñen visións da vida, da cultura, da organización social, da Igrexa ou mesmo da familia, diferentes; dicimos que para poder chegar aí, é necesario ir deixando moito do lastre que levamos enriba. Un lastre que se nos vai acumulando e que acaba por non deixarnos ver o que é fundamental. Que este segundo domingo de Advento sexa un paso máis nesta camiño.

PERDÓN
Señor, que sexamos capaces de deixar atrás todo aquilo que nos impide convivir, mesmo estar xuntos, inda que pensemos distinto, SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.
Cristo, que teñamos a paciencia suficiente para saber consolar a cantos necesitan ser escoitados e consolados, CRISTO, CONVÉRTENOS A TI.
Señor, que sexamos capaces de clamar no deserto contra das cousas que fan que non merezamos levar o nome de cristiáns, SEÑOR, CONVÉRTENOS A TI.

REMUÍÑO
  • Voz que clama desde o deserto.
Xoán é hoxe o protagonista. Desenvolve a súa misión de abrir o camiño anunciando ao Mesías que vai vir. Neste desenvolver a súa tarefa unha invitación, mellor, un compromiso: preparade o camiño. Pero, o camiño que nos vaia axudando a facer a vida moito máis doada, tanto para nós como para os demais. E do mesmo xeito que Xoán soubo adoptar unha actitude de penitencia, de austeridade, de querer deixar atrás actitudes e comportamentos que, moitas veces, nos fan desmerecer o nome de cristiáns; nun mundo que entre todos nós imos facendo cheo de barullo, é necesario que busquemos momentos de repouso, pequenos recantos nos que poder pensar, con tranquilidade e sen presións; onde poder facer reflexión do noso actuar, pararnos e poder organizar o cara onde imos, e cales son as nosas prioridades na vida. E que mellor momento que neste tempo de Advento para facelo!
  • Preparade o camiño do Señor
Pero non nos chega con pararnos e pensar, organizar, reflexionar... é necesario avanzar máis; pois de reflexións persoais e recoñecemento de culpabilidades estamos cheos. Xa é hora de cambiar, como dixo alguén é o tempo de actuar, e de facelo xa. Só entón, se estamos dispostos a preparar o camiño, conseguiremos percorrelo e chegar ao final, sabendo que o que teñamos feito será o mellor xeito de acoller a Aquel que chega.
  • El é máis forte ca min.
E Aquel que chega é o que nos vai acompañando neste noso ir deixando atrás o que nos fai indiferentes diante da dor e inxustiza; o que nos alenta a non pasar virando a cara ante quen se ve asoballad@ na súa dignidade ou nos impide calar ao ver maltrato, explotación e sufrimento, que contra o que poida parecer, cada vez hai máis no nosos contorno. Porque é forte, a nós vainos facer partícipes da súa fortaleza. Acollámolo!.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Dispostos a facer deste tempo de Advento un tempo de cambio e futuro, digamos xunt@s:
VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO. QUE NA TERRA HAI BOA FALLA DE QUE MUDEN MOITAS COUSAS E MELLOREN (bis)
  • Para que fagamos entre tod@s, fagamos da Igrexa espazo de perdón e misericordia, Oremos.
VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)
  • Para que fagamos das nosas comunidades e parroquias, ámbitos de cercanía, alento, axuda e preocupación por quen se sente triste e desamparado. Oremos.
VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)
  • Para que en cada un e cada unha de nós este tempo de Advento vaia deixando pegada de cambio, transformación e esperanza, Oremos.
VEÑA O TEU REINO, SEÑOR, VEÑA O TEU REINO (bis)
Agora que nos dispomos a acollerte, Señor, danos ilusión e forza para deixar atrás canto nos fai indignos de levar o teu nome. P.X.N.S. Amén.


REFLEXIÓN

O meu espírito e o meu corazón están alerta coma os ollos da sentinela.
Estou esperando. Búscote, Señor. Estou en vela. É advento!

Búscote na oración e ti ábresme, Señor, coma un amigo,
sempre presente cando se chama porta.
Búscote no Evanxeo e ti achégaste, Señor, coma un amigo
sempre presente, cando se lle pide luz para atravesar a noite.
Búscote na Eucaristía, cos outros cristiáns e cristiás,
e pola túa palabra e o teu pan ves a min, Señor, coma un amigo,
sempre disposto a ofrecer o mellor que ten.

Buscámoste cada día e vémoste, Señor,
onde se sementa a alegría,
onde se elimina a mentira,
onde se suprime a inxustiza.
Para atoparte, Señor, hai que estar en vela!.
Ti estas á porta e chamas.
Chamas ao espírito e ao corazón.


CANTOS
  • ENTRADA: VOLVE, SEÑOR/VEN AXIÑA VISITARNOS
  • LECTURAS: CONTADE AS MARABILLAS
  • OFERTORIO: XURDIRÁ
  • COMUÑÓN: XESÚS CHAMADO AMIGO

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...