Ir al contenido principal

Sagrada Familia 2009

SABER ACOLLER A TOD@S, TAMÉN NAS NOSAS FAMILIAS

Pórtico

A festa que celebramos hoxe, a da Sagrada Familia, quere ser una chamada a afianzar máis plenamente os vínculos de amor que unen ás familias. Non é una xornada para laiarse porque nos pareza que a familia está en horas baixas, ou porque o modelo de familia está cuestionado. Non. Hoxe chámasenos a atención para que potenciemos o que verdadeiramente falta en tantas familias: o amor, o perdón, o respecto, a escoita…

Que a celebración de hoxe nos axude a tomar conciencia de que tamén nas nosas familias estamos chamad@s a vivir como amigos e seguidores de Xesús: sabendo acoller a todas as persoas.

Perdón

  • Porque non temos pelos na lingua á hora de criticar o que é diferente ao noso pensamento, SEÑOR, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.
  • Por tódalas veces nas que esquecemos que formar parte dunha familia é tamén esforzarnos para crear nela espírito de colaboración e participación, CRISTO, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.
  • Polas veces nas que cos nosos feitos e as nosas palabras somos causa de división e enfrontamento, SEÑOR, PERDOA A NOSA DESUNIÓN.

Remuíño

A festa da Sagrada Familia é un día propicio para que valoremos cómo nos situamos nas nosas familias: qué significa na nosa vida, qué a podemos potenciar, qué temos que podar para que sexan verdadeiramente luz para os outros e especialmente reflexo do amor de Deus nas nosas vidas e na das persoas. Pero como facer esta valoración?. Non podemos quedar só no material: necesidade dos fillos de quedar máis tempo na casa, non porque se estea ben na casa ou coa familia; nin por razóns psicolóxicas: porque non hai tensións dentro dela, porque somos máis comprensivos os pais cos fillos e entre os pais, porque os membros son máis agradecidos e cariñosos; nin por culturais: porque queda ben casarse, porque está ben valorado, porque na cultura no que estamos valorase mais o íntimo… Pero quizá a familia tense que valorar como comunidade de vida e amor. Son estas dúas, dimensións que definen o humano, porque se pode construír humanidade partindo o pequeno, das familias para ir edificando o pobo e á sociedade. Porque só en comunidade podemos realizarnos como persoas, podemos salvarnos, ser felices, dende a integración e a aceptación do outro, salvándonos así da soidade, da marxinación, do individualismo, da autosuficiencia. Unha comunidade que nos enriquece e nos corrixe, facéndonos crecer en comuñón.

Na familia, a vida créase, recíbese e faise crecer, dende un fillo/a pero tamén na colaboración, no servizo, na superación, na comuñón, na axuda mutua, no compromiso, en compartir penas e alegrías. Porque o amor é a enerxía máis grande, o que une á familia, o máis esixente e gratificante. É a alma de toda a familia. Non habería nin comunidade nin vida sen amor. Isto leva a poñer ao outro por riba de todo, a dar e a darse. A familia é onde se ama sen buscar ser amados. Xesús naceu nunha familia e renovouna, converteuna en sacramento, bendiciu o amor e converteuno en fonte de comunidade, fonte de vida e fonte de amor. Que tamén nós, desde o noso ser membros dunha familia, saibamos crecer nela con confianza, sabendo querernos e respectarnos nas diferenzas, colaborando no que uns e outros necesiten e superando a tentación de converter a familia nunha pensión. A familia de Nazaret buscou o entendemento, que tamén nós saibamos facelo así, e nos deixemos de discutir sobre cuestións que nos fan perder o tempo e non responden aos dous valores que temos que ir construíndo nas nosas familias, como tamén se esforzaron en facelo María, Xosé e Xesús: amor e capacidade de comprensión. Non trabuquemos o rumbo!.

Oración da comunidade

Señor, ti acompañas o noso camiñar e formas connosco unha comunidade de amor e felicidade. Escoita hoxe a nosa oración neste día no que nos lembramos dun xeito especial de todas as familias. Por iso dicimos confiados:

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR

· Pola Igrexa, para que respecte e dialogue con todas as persoas que teñen distintas formas de ver a familia, pero cuxo punto de unión é o amor, OREMOS.

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR

  • Polas nosas familias, para que saibamos admitir a súa pluralidade e non caiamos na tentación de impoñer unha única maneira de manifestarse e configurarse, OREMOS.

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR

  • Por todas as familias, especialmente polas que pasan dificultades económicas neste tempo de crise, por aquelas que sofren a perda dun ser querido, polas que están a piques de romperse, polas que non teñen a posibilidade de ter unha vida digna. Por todas elas, OREMOS.

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR

  • · Por tod@s nós para que non antepoñamos intereses económicos, sociais ou de prestixio, ao que verdadeiramente importa nas familias: o amor e o respecto, OREMOS.

QUE AS NOSAS FAMILIAS SEXAN COMUNIDADES DE AMOR

Señor, Ti queres o mellor para nós. Pedímosche que alentes as nosas familias no quefacer cotiá. PXNS.

Para a reflexión

O amor acéptate tal como es.

Afirma a túa vontade e os teus dons.

Preocúpase por ti, quere saber que estás ben.

Impúlsate a que te realices plenamente.

Empatiza: sabe o que se sente ao ser ti.

Anímate a que creas en ti mesmo.

É amable no trato contigo.

Garda os teus segredos: estás a salvo.

É bondadoso: sempre te apoia e está ao teu lado.

Rise moito: sempre contigo, nunca de ti.

Busca a túa bondade e atópaa.

Fai que te sintas satisfeito de ser ti mesmo.

Non ten en conta as túas vaidades e debilidades.

Ora polas túas necesidades e deféndete.

Ten tacto incluso cando se enfronta contigo.

Diche a verdade sempre e con honestidade.

Pensa en ti e nas túas necesidades.

É duro e tenro, segundo o que necesites.

Compréndete e permíteche ter malos días.

Señor, pedímosche que este sexa o amor sobre o que se asenten as nosas familias.

Cantos

Entrada: Que ledicia

Lecturas: Escoita ti a palabra de Deus

Ofertorio: Eu soñei

Comuñón: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...