Ir al contenido principal

Domingo Ramos 2010

ESQUEMA

FÓRA DO TEMPLO

  • CANTO DE ENTRADA: QUE LEDICIA A MIÑA
  • SAÚDO
  • PÓRTICO
  • PERDÓN
  • PROCLAMACIÓN DA PALABRA

- Is 50, 4-7

- CANTO: AMÓSTRAME SEÑOR OS CAMIÑOS DA VIDA

- Lc. 22, 14-23

  • BENDICIÓN DOS RAMOS
  • CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR

DENTRO DO TEMPLO

  • GLORIA
  • ORACIÓN COLECTA
  • LECTURA DA PAIXÓN
  • REMUÍÑO
  • CREDO
  • ORACIÓN DA COMUNIDADE
  • OFERTORIO: A AUGA DO SEÑOR CAMBIOUME O CORAZÓN
  • PAZ: TÉNDEME A TÚA MAN
  • COMUÑÓN: DÉIXATE QUERER / EU SEI DE QUEN ME FIEI
  • REFLEXIÓN
  • BENDICIÓN

DOMINGO DE RAMOS

Seguiremos os teus pasos

(Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).

CANTO: QUE LEDICIA A MIÑA

SAÚDO:

Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.

Pórtico

Xa alá van as cinco semanas da coresma!. Nelas quixemos ir mostrando a necesidade de converternos en peregrinos poñéndonos en camiño. O camiño que nos invitaba a deixar atrás canto non era necesario, o superfluo, o que tantas veces nos ten estorbado para acadar o que verdadeiramente nos importa, o que nos fai felices.

Todo o andado vai chegando agora ao seu remate. Xa falta pouco. O grande acontecemento está xa as portas. Seguro que pagaron a pena o recoñecer as nosas limitacións, o noso saber dicir non a tantas cousas que facían de nós simples monicreques. Abofé que foron moitas cousas as que nos propuxemos ir deixando atrás para que cando chegue a pascua poidamos presentarnos ledos e gozosos diante do Señor, que nos abre a man á esperanza, que quere que tamén nós resucitemos. nos falta un cachiño, non tiremos todo pola borda. Paga a pena seguir cara adiante. A ledicia que imos acadar ben merece todo este cambio do noso corazón de pedra a un corazón de carne.

A bendición que hoxe, xunto cos ramos e palmas, nós imos recibir quere ser un signo de que Deus está, coma sempre, disposto a acollernos. Non lle pechemos entón a porta da nosa vida. Sigamos camiñando e levémolo a El coma compañeiro. Paga a pena ter amigos así. Entremos con El en Xerusalén para poder vivir o amor, a dureza da vida e o triunfo sobre a morte.

Perdón

· Porque foron moitas as veces nas que durante a coresma caemos na tentación de abandonar o camiño da conversión e do cambio de actitudes, SEÑOR,CAMIÑA Á NOSA BEIRA.

· Porque neste tempo de coresma sobráronnos palabras e faltáronnos ganas e ilusións, CRISTO, CAMIÑA Á NOSA BEIRA.

· Porque somos dos que hoxe saímos ao teu encontro con moita festa e balbordo, pero tamén dos que rapidamente nos esquecemos que acollerte e seguirte ten que levarnos a cambiar na nosa vida, SEÑOR, CAMIÑA Á NOSA BEIRA.

PROCLAMACION DA PALABRA

Is 50, 4-7

CANTO: Amóstrame, Señor, os camiños da vida

Lc 22, 14-23

Bendición dos ramos e palmas

Señor, ti saes sempre ao noso encontro para ser o compañeiro de camiño.

Nesta mañá que nos reunimos no teu nome para iniciar o camiño que nos leva á pascua, queremos agradecerche que non queiras que camiñemos solos, sen rumbo; senón que te ofrezas para ser o noso guía e amigo, que nos invita a escoller camiños de paz, misericordia, perdón, participación e solidariedade, afastando canto supoña violencia, indiferenza e derrotismo.

Que a túa bendición + se faga presente nestes ramos e palmas. Que eles sexan o caxato no que apoiarnos para poder chegar onda ti superando medos e desganas, e así celebrar con gozo a pascua liberadora que nos trae a túa resurrección. Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR


GLORIA

ORACIÓN COLECTA

PROCLAMACION DA PAIXÓN SEGUNDO LUCAS


REMUÍÑO

· Na monición de entrada invitábasenos a facer un último esforzo no camiño que comezamos hai cinco semanas coa celebración da cinsa. Ao longo deste tempo fomos avanzando acompañados sempre da palabra activa e viva do Evanxeo.As cinco cunchas que temos aquí diante móstrannos como de semana a semana eran pequenos pasos os que se nos pedía que désemos. Pequenos pasos físicos, pero profundos e importantes no noso corazón. A Palabra foi resoando no noso corazón para abrandalo, para que a dureza do corazón de pedra coa que comezabamos a coresma, teña ido abrandándose e deixando atrás moitas das cousas que non permitían que fosemos verdadeiramente felices, nin que estivésemos contentos con nós mesmos. Pois ese camiño, como acabamos de escoitar, está xa no seu último tramo, xa somos capaces de ver os brazos abertos de Deus disposto a abrazarnos e acollernos. Se soubemos camiñar abrindo o corazón a Deus e aos irmáns, e deixando atrás canto dificultaba o noso andar, seguro que aínda teremos forzas para facer a última etapa que nos leva ao gozo de ter cumprido canto nos propuxemos.

· E coma os apóstolos, tamén nós xa temos todo preparado.As palmas e ramos que levamos nas mans mostran que estamos dispostos para converter en festa solidaria, fraterna, comprometida na búsquea da xustiza e do respecto da dignidade das persoas. Neste momento no que a crise golpea con forza a tantas familias e persoas individuais, non debemos esquecer que se queremos chegar contentos e plenamente satisfeitos ao final do camiño, é necesario que aprendamos a mirar ao noso redor e nos preguntemos, qué podo facer eu para que estes meus irmáns que o están a pasar mal atopen no meu dicir e facer unha man tendida e disposta a axudalos. Camiñar cara a pascua non é un rito nin tampouco unha mostra folclórica de procesións e peinetas, senón un tomar conciencia que a resurrección da que nos fala Xesús é esforzo por facer presente, coas nosas actitudes de apertura, solidariedade e doazón aos demais, a súa presenza. Nós non teremos que morrer nunha cruz física, pero si morrer cada día desde a entrega, gratuíta e xenerosa, ao servizo de cantos senten a necesidade de ser axudados e valorados, non coma un número na cartilla do paro ou na lista dos que teñen débedas, senón como persoas con dignidade e necesitadas de que esa dignidade sexa respectada.

· Que a celebración desta Semana de Paixón e esperanza, nos axude a descubrilo.

Oración da comunidade

Desde este querernos poñer en camiño que nos faga enchoupar máis do que significa seguir a Xesús e facer Del o noso guieiro, presentamos agora a nosa oración comunitaria, e dicimos:

SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS A CAMIÑAR CONTIGO

· Pola Igrexa, para que non renuncie nunca a facer o camiño que leva á resurrección con Xesús, e saiba ir acollendo e abríndolle os seus brazos a cantos neste tempo de dificultade e desamor, se senten esquecidos, empobrecidos, explotados, enganados… excluídos dun sistema no que non tod@s teñen as mesmas oportunidades, Oremos.

SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS A CAMIÑAR CONTIGO

· Polas nosas comunidades, que hoxe se reúnen para comezar o último tramo do camiño que nos leva ata a pascua, para que nunca esquezamos que non debemos camiñar solos, que é necesario aprender a mirar ao redor e facerse compañeiro de cantos ao longo do camiño se van sentindo cansados, tristes, desganados e con ganas de deixalo todo e abandonar, e ofrecernos a ser os seus caxatos, Oremos.

SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS A CAMIÑAR CONTIGO

· Por cada un dos que hoxe quixemos participar nesta celebración do Domingo de Ramos, para que non esquezamos que o camiño hai que facelo cada día, como a vida, e que Deus segue a ofrecerse para ser o noso compañeiro ao longo do seu percorrido.Que ao longo dos demais días do ano nos sigamos reunindo para compartir a fe, fortalecer a esperanza e descubrir onde e con quen somos urxidos para vivir a caridade, Oremos.

SEÑOR, QUE NON RENUNCIEMOS A CAMIÑAR CONTIGO

Agradecemos,Señor, o ter podido compartir hoxe esta oración que nos invita a abrir os ollos e descubrirte no medio de cantos están a pasar dificultades. Que venzamos a tentación de facer o camiño en solitario.Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

Canto do ofertorio: A AUGA DO SEÑOR CAMBIOUME O CORAZÓN

Canto da paz: TÉNDEME A TÚA MAN

Canto da comuñón: DÉIXATE QUERER / EU SEI DE QUEN ME FIEI

Reflexión

Este é o tempo da historia,

da historia pura e dura,

da paixón de Deus desbordada

e das realidades humanas.

É tempo de morte e vida,

de salvación a mans cheas;

do nós compartido,

do todos ou ninguén,

e do silencio respectuoso e contemplativo.

Tempo de amor, tempo de clamor,

tempo concentrado, tempo non adulterado;

tempo para sorbelo ata a derradeira gota.

Tempo de nova alianza e fidelidade

por riba do que sabemos, queremos e podemos.

Tempo no que Deus toma a dianteira,

ofrecéndonos a vida a mans cheas.

É o tempo de todas as persoas que perderon,

das que sufriron ou malviviron.

É o tempo da memoria subversiva,

de Deus facendo xustiza

e dándonos vida.

Cantos

· ENTRADA: Que ledicia a miña

· LECTURA FÓRA: Amóstrame, Señor os camiños da vida

· PROCESIÓN: Camiñarei na presenza do Señor

· OFERTORIO: A auga do Señor cambioume o corazón

· PAZ: Téndeme a túa man

· COMUÑÓN: Déixate querer // Eu sei de quen me fiei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor