Ir al contenido principal

Mans Unidas 2011

O SEU MAÑÁ... É HOXE

(LII CAMPAÑA DE MANS UNIDAS)

PÓRTICO

Paz e ben. Neste segundo domingo do mes de febreiro, ao xuntarnos para facer memoria de Cristo encarnado, morto e resucitado, celebramos tamén a XORNADA NACIONAL DE MANS UNIDAS, coñecida tamén coma CAMPAÑA CONTRA A FAME. Mans Unidas é unha organización da Igrexa católica que nos invita ao compromiso coas persoas máis desfavorecidas do planeta en forma de colaboración económica, escoita, conciencia solidaria e fraternidade.

Este ano Mans Unidas adica a campaña a súa campaña LII a tomar conciencia dun dos problemas máis grandes que asolan o noso mundo: a mortaldade infantil. Cando miramos cara ao noso país e aos países desenvolvidos, podemos dicir con ledicia e orgullo que os dereitos do neno cúmprense sobradamente... tan sobradamente que ás veces mesmo os convertemos nos dictadores da casa. Porén, cando volvemos os nosos ollos cara aos países do sur, decatámonos de que estes dereitos parece que non foron promulgados para eles.

Pero...pode haber algo máis importante que salvar a vida de 200 millóns de nenos, que deixamos morrer de xeito prematuro, sen poñer os medios suficientes para evitalo?.

Baixo o lema "O seu mañá é hoxe", diriximos a nosa mirada á multitude de cativos que, nos países en vía de desenvolvemento, morren durante os seus primeiros cinco anos de vida, para que o Deus Pai-Nai mova o noso corazón a traballar pola protección e defensa da dignidade de todas as persoas.

O PERDÓN

  • Por non querer caer na conta de que se queremos facer algo polos demais non hai escusas, hai motivos, SEÑOR, ESPÉRTANOS DESTA APATÍA.
  • Porque en demasiadas ocasións, a nosa solidariedade, o noso alento, o noso compromiso é só de palabra, e váísenos a forza pola boca, CRISTO, ESPÉRTANOS DESTA APATÍA.
  • Por facer oídos xordos á túa chamada de atención, que non deixa de lembrarnos que a fe non son ritos e cumprimentos, senón que é xustiza, desenvolvemento e compromiso non mundo e co mundo, SEÑOR, ESPÉRTANOS DESTA APATÍA.

REMUÍÑO

O libro do Eclesiástico chámanos a caer na conta da nosa responsabilidade no noso destino. Deus sae ao encontro do seu pobo e móstralle o camiño que conduce á vida; pero cada persoa é libre para escoller, para desenvolver a súa propia existencia. Unha vez máis podemos dicir sen medo a equivocarnos: que lonxe estamos da Palabra!, que afastados nos atopamos de que isto sexa unha realidade na nosa vida!. Si, porque, a diferenza de Deus, nós estamos cheos de medo e de complexos e parécenos que iso da liberdade, da proposición e non da imposición, da responsabilidade... son, coma quen di, tonterías.... O mellor é ter alguén que dirixa a túa vida, que tome decisións por ti, que controle o teu camiño...; así serás doutrinalmente seguro e non caerás na tentación da autocrítica ou do pataleo reivindicativo. Non... Pero xustamente porque as cousas sempre se fixeron así, estamos onde estamos: nun infantilismo perpetuo da nosa fe, nunha fe que só alimentamos con rutinas (aínda que non teñan moito sentido... sempre se fixo así), nunha fe que non esixe nada na nosa vida (mesmo para moitos representantes de Deus na terra), nunha fe que parece un adobío bonito que conxunta á perfección con algúns traxes (celebracións, recadacións, rutinas, boato, maxia....), pero que non lle vai nada a outros (responsabilidade no traballo, loita polo desenvolvemento, búsquea da xustiza, transparencia na administración dos cartos que non son nosos....). Por iso hoxe que ben nos vén que o Señor nos advirta de que temos que ser mellores que os letrados e fariseos para poder entrar no seu Reino. Lo más.........Que balón de osíxeno nos dá cando nos lembra que non deixará impunes aos mentireiros, aos que viven de aparencias, aos que fan do ordeno e mando o motor da súa vida, aos que utilizan o medo e o poder para dominar, aos que, falando no seu suposto nome, humillan, aldraxan e ningunean ás persoas atendendo a diferentes e peregrinas razóns: xénero, status económico, crenzas, orixe, traballo.... Grazas, Señor, por crearnos libres e por respectar as nosas decisións!!!!.

Pero non nos enganemos!!!!!!!!!. Isto complica moito máis o asunto. Unha vez que nos atopamos con Xesús na nosa vida, xa nada será o mesmo, seremos moito máis esixentes con nós mesmos, faremos da coherencia o abc da nosa vida.... El que vén a darlle plenitude á lei, tamén vén a complicar a nosa vida, para chamarnos a vivila dende unha opción fundamental pola xustiza, a solidariedade e o desenvolvemento. Xustamente porque Deus é Amor, porque El é Pai e Nai, nós temos que pagarlle tamén con amor, non con amor estático de contemplación e de horas mortas diante do Santísimo (que opción tan doada), senón co amor dinámico que enche o depósito na oración e no trato confiado con Deus para logo facerse realidade nos irmáns e nas irmás, especialmente naqueles máis desfavorecidos. Hoxe, día no que celebramos a campaña de Mans Unidas, lémbrasenos que estes principios sobre os que asentamos a nosa vida son máis que flor dun día, son valores permanentes que engrandecen e dan sentido á vida dos seres humanos. Xustiza, liberdade, paz, amor, e verdade son así o eixo fundamental da nosa ortopraxe e da nosa ortodoxia. Porque se queremos facer algo polos demais, non hai escusas, hai moitos motivos. a que esperamos para facelos realidade?.

Mans Unidas este ano quere chamar a nosa atención sobre a terrible realidade da mortalidade infantil no noso mundo. Cada 3 segundos morre no mundo un neno menor de 5 anos; e a meirande parte deles fano por causas solucionables. As súas vidas e as súas traxedia non poden ser alleas para nós: o seu maná é hoxe. Hoxe é o día no que se fai realidade aquilo que vimos de celebrar. Aportemos o noso gran de area para que melloren a saúde materna, as condicións do parto, a nutrición infantil, para que se constrúan hospitais e para que se formen médicos e enfermeiros. Escoitemos a chamada de Deus a un amor maior.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Oremos a Deus Pai, que en Cristo nos mostra o seu amor, dicindo:

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

  • Pola Igrexa, que formamos todos e todas nós, para que co noso testemuño coherente e coas nosas palabras guiemos ás persoas cara a luz que é Xesús, manifestando o noso amor polos máis pequenos e sinxelos, OREMOS.

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

  • Polos nosos gobernantes e políticos, para que impulsen o verdadeiro desenvolvemento dos pobos máis necesitados, eliminando as causas da fame e da mortalidade infantil, OREMOS.

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

  • Por todas as persoas que se atopan en situación de sufrimento: enfermas, paradas, mulleres maltratadas, nenos violentados, as que viven con fame e sede... para que a forza do Señor e a nosa axuda lles axuden a saír da súa pobreza, OREMOS.

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

  • Por todas as persoas voluntarias de calquera ONG, para que a caridade e o amor de Cristo brille nelas e se estenda a toda a humanidade, OREMOS.

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

  • Por tod@s nós, que participamos nesta celebración, para que a través do noso testemuño de entrega e sinxeleza contribuamos ao verdadeiro desenvolvemento dos nosos irmáns e irmás, OREMOS.

SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS SEMPRE NA TÚA VONTADE

Escoita, Señor as nosas peticións e fainos descubrir a solidariedade e a xustiza como valores fundamentais sobre os cales construír a nosa vida. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Elixe amar en lugar de odiar,

crear en lugar de destruír,

perseverar en lugar de claudicar,

louvar en lugar de criticar,

curar en lugar de ferir,

ensinar en lugar de esconder,

dar en lugar de roubar,

actuar en lugar de aplazar,

medrar en lugar de conservar,

bendicir en lugar de blasfemar,

compartir en lugar de almacenar,

sementar en lugar de colleitar,

vivir en lugar de morrer....


 

E saberedes por que a miña palabra é palabra de vida

e o meu Evanxeo é Boa Nova,

por que de nada serve, aínda que sexa o que se leve,

botar a un vestido vello remendos de pano novo

e viño novo en odres vellos.


 

Deixemos xa de soñar en rebaixas,

e non intentemos comprar o Reino!!!!!!!!!!!!!!:

O cristián e a cristiá non se arrastran baixo o peso da lei;

senón que corren libremente impulsad@s polo amor.

CANTOS

  • ENTRADA: Temos unha festa
  • LECTURAS: Eu soñei
  • OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas
  • COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor