Ir al contenido principal

Venres Santo


Na aparente sobriedade da cruz, ábrese a solidariedade da resurrección, que racha cadeas de escravitude
CANTO: Non vou so

PÓRTICO

Hoxe é Venres Santo, e a celebración desta tarde quere expresar de xeito sobrio, austero e sinxelo -que non rutinario-, que a chegada da resurrección non escapa á tristura, á morte e á dor; ao contrario, dar pasos cara adiante e mirar o futuro con esperanza, necesita ter experimentado a dureza do esforzo, a loita contra a tentación do desánimo e o abandono; a vivencia que nos pon de manifesto que as cousas, para poder conseguilas, non son froito do azar, a sorte ou o engano cara aos demais, senón do traballo duro e non sempre doado, que nos irá marcando o camiño no que o triunfo, a esperanza e a resurrección, é dicir, a consecución da vitoria que nos trae Xesús, inda que tarden, acabarán chegando.
Neste sentir comecemos a nosa celebración do Venres Santo que nos quere facer pasar da morte, para levarnos ao comezo da vida en Cristo.

ORACIÓN

Lembra, Señor, que a túa tenrura e a túa misericordia son para sempre e non nos abandonan. Santifica aos teus fillos e ás túas fillas e protéxenos sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso favor, instituíu pola súa entrega xenerosa na cruz, o camiño pascual que leva á resurrección. Amén.

REMUÍÑO

o   Coma o Servo de Isaías, tamén hoxe no noso mundo segue a haber moit@s serv@s aos que lle impiden vivir en liberdade o gozo de saberse persoas. Segue habendo moitas persoas ás que tratan de xeito inxusto á hora de buscar traballo, de protexer os seus dereitos, de ter unha vivenda digna a un prezo razoable e que non lla saquen os que  máis beneficios obteñen e coaccionan a quen fai as leis. Si, a experiencia do Servo da que nos fala o profeta, non quedou no pasado de hai miles de anos, senón que se vai reeditando, tristemente e cada vez máis, no noso tempo onde presumimos de chegar á lúa, dominar as novas tecnoloxías e considerar que xa podemos prescindir de Deus e do sentido de trascendencia que nos dá a fe. A consecuencia de todo este proceso de soberbia na que os seres humanos, especialmente do mundo rico, temos caído é o baleiro das nosas vidas, a capacidade de enganar e deixarnos corromper polos cartos e canto con eles podemos adquirir; e o nacemento dun corazón endurecido e cada vez menos sensible á dor que chega á vida de moitos fogares e familias que van vendo como quedan sen nada e os seus proxectos, ilusións e esforzos se lles veñen abaixo. Si, prescindir de Deus fainos caer na fantasía de que podemos substituílo, e comezamos a xogar a ser pequenos deuses que todo o saben e nada que non sexa material necesitan. Por iso Venres Santo segue a ser unha oportunidade para que nos paremos a pensar onde queremos poñer o centro da nosa vida e que horizontes queremos construír. De aí que coma o Servo da primeira lectura, e coma o testemuño que do camiño de Xesús cara á Cruz da segunda, tamén nós somos invitados a non deixarnos levar da tentación de querer ser e xogar a ser pequenos deuses que se esquecen de quen son, prescinden dos demais, e acaban sendo derrotados polo profundo baleiro que pouco a pouco chega ás súas vidas e as abocan ao sen sentido. Que a Cruz sexa só paso, punto e seguido no camiño da esperanza ao que nos abre a resurrección. Por iso para nós, a vida, e con ela canto queremos celebrar na Semana Santa non remata no hoxe do Venres Santo, senón que camiña cara ao mañá da esperanza e da resurrección.
o   No relato da Paixón que vimos de proclamar, hai distintos personaxes que nos poden dar algo de luz:

ð    Xudas, o amor fanático
ð    Caifás, a relixiosidade baleira
ð    Poncio Pilato, o apego ao poder
ð    Verónica, o testemuño espontáneo
ð    Simón de Cirene, a axuda oportuna
ð    María Magdalena, a muller transformada
ð    Dimas, o encontro ao atardecer
ð    Nicodemo, a persoa que volve nacer
ð    Pedro, o amigo que traizoa
ð    Xoán, testemuña fiel
 Hoxe é un bo día para, a luz do que vimos de proclamar, mirar cara dentro para descubrir que temos o rostro de moitos deles.

ORACIÓN UNIVERSAL 

(Presentamos o taboleiro no que está o signo que fomos elaborando ao longo dos domingos de Coresma, e co que se nos quere invitar a que desde a solidariedade da Cruz, nos esforcemos por rachar as cadeas que escravizan).
Imos agora rezar, desde a universalidade de sentírmonos Igrexa á que lle preocupan e ocupan as persoas e problemas que as persoas viven en calquera parte do mundo. Dispoñémonos entón a rezar xunt@s con elas e por elas, e poñer a nosa oración na man e baixo o agarimo sempre presente do Deus amor que non nos quere escravos senón libres. Digamos xunt@s:
 QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Pola Igrexa, para que sexa no mundo de hoxe motor de encontro, entendemento e fraternidade non violenta, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polo Papa, para que a súa palabra sexa sempre palabra non de condena, senón de unión, diálogo e pluralidade no medio dunha sociedade individualista e cada vez máis intolerante, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polas comunidades cristiás, para que sexamos sempre berces onde quen chame nas nosas portas se senta acollid@ e escoitad@, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polas persoas que poñen a súa vida ao servizo da felicidade dos entristecid@s, para que o seu testemuño serva para mover corazóns e abrir mans que as convertan en samaritan@s do século XXI, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Pola unidade dos cristiáns, para que máis alá das palabras, que tantas veces se esquecen, tod@s fagamos xestos que nos leven a facer o camiño xunt@s e na búsquea da comuñón, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polas persoas que, sen crer, viven servindo e facendo rir a quen sufre, para que aprendendo deles tamén nós descubramos, dunha vez por todas, que a felicidade non está no ter, senón na capacidade que teñamos por comprender e acompañar a quen sofre calquera tipo de carencia, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polos que gobernan as nacións, para que nestes momentos de dificultade saiban ter miras amplas para non pecharse en solucións egoístas só para os seus; e traballen polo ben común buscando solucións que respecten a dignidade e non supoñan o enriquecemento dos que xa teñen moito, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Polos que, a pesares de intentalo, a vida lles vai pechando portas, para que poidan atopar en nós, seguidores de quen entregou a súa vida en servizo aos excluídos e necesitados do mundo, a palabra, o corazón e as mans que traballen para que as portas se lles abran e non queden abandonados nas beiras do camiño, OREMOS.
QUE A CRUZ QUE SALVA RACHE AS CADEAS QUE ESCRAVIZAN
Señor, que esta oración universal que compartimos e presentamos ante Ti, nos axude a non esquecer que as cruces do noso mundo só poderán superarse se tomamos en serio a túa mensaxe e nos esforzamos por vivila en cada unha das nosas accións. P.X.S.N. Amén.

ADORACIÓN DA CRUZ

1) MONICIÓN

A Cruz é contradición, porque nela concorre a morte, o fracaso, a desilusión, a falta de ética e respecto para coas persoas, a corrupción, a escravitude de tantas persoas enganadas polos poderosos, o desamor dun desencontro coa persoa á que queriamos, a perda dun ser querido a quen necesitabamos e se nos foi de xeito inesperado...Pero diante disto, que ninguén nega, a Cruz é tamén vida, esperanza, alento, forza, xermolo do novo, e todo ata chegar á resurrección. Neste claroscuro de luces e sombras que é a Cruz, acheguémonos agora a render a nosa admiración e esperanza na súa adoración.

2) INVITACIÓN PARA MOSTRAR A CRUZ

Desde o fondo da Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz

Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do mundo
 Vinde adorala

3) ADORACIÓN DA CRUZ

En silencio, achegámonos a adorar a cruz, facendo antes unha leve inclinación. 

COMUÑÓN

 Noso PaiAño de DeusDistribución da comuñón

(Canto da comuñón: Quédate, Señor ,connosco)

Oración

Deus Pai de amor e misericordia, renováchesnos coa morte e resurrección de Cristo, non deixes da túa man o labor que comezaches en nós, para que a nosa vida sexa sempre un servizo solidario de comuñón e acollida de quen se senta necesitado.P.X.N.S. Amén.

Bendición

Que a túa bendición, Señor, descenda con abundancia sobre esta comunidade que vén de celebrar a morte do teu Fillo coa esperanza da chegada da resurrección; que a túa esperanza, misericordia e perdón enchoupen as súas vidas, e a súa fe os leve a preocuparse polos irmáns que necesitan de mans que os axuden e acompañen. P.X.N.S. Amén. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel