Ir al contenido principal

Oracións Cristo Rei

SEMPRE A VERDADE

En cada xesto escondido,
en cada feito aplaudido,
a verdade sempre.
 
En cada falar cantado,
en cada silencio obrigado,
a verdade sempre.
 
Nas noites de escuras tebras, nos días de luz sen nebras,
a verdade sempre.

Cando hai rosas nos camiños ou, no seu canto, hai espiños,
a verdade sempre.

A xeito de manto, por fóra,
e no cerne da alma toda,
a verdade sempre.

En cada recanto do corpo,
en cada pracer e en cada loito,
a verdade sempre.

A verdade para o rico
que o libere do seu vicio,
a verdade sempre.

A verdade para o pobre,
que da pobreza o recobre,
a verdade sempre.

Para esta terra galega,
onde a mentira non escasea,
a verdade sempre,
sempre a verdade.


DAR AS GRAZAS

 Ensíname, Señor a dicir: Grazas!
Grazas en distintos idiomas,
grazas ás distintas persoas
pero, sobre todo, Señor,
grazas porque ... ¡existes!

Grazas pola túa Eucaristía,
grazas pola túa Nai,
grazas por todos e cada un dos teus fillos,
os meus irmáns,
que día a día colocas ao meu lado.

Grazas, en fin, por terme ensinado
a darte e a dar as grazas.
xunto con todas as túas criaturas,
as que chas deron antes ca min
as que no saiban ou non contesten ao teu amor
ou as que nin sequera se teñan decatado.

Desexo desde agora que as miñas palabras
sexan simple e sinxelamente estas:
Grazas! A todos! A Ti, Señor!

Grazas, Señor, por abrirnos os ollos
Para poder ser construtores do teu Reino
Dende a realidade cotiá das nosas vidas.
Amén.


ACCIÓN DE GRAZAS

Douche grazas, Pai, de todo corazón
pola miña vida toda,
polos meus familiares e amigos,
polos meus compañeiros de comunidade,
pola xente toda do meu pobo.

Douche grazas tamén
polos que desde a fe traballan a vida
para facela máis xusta e feliz,
para facela patrimonio gozoso de todos.

Douche grazas
pola xente que non ten fe,
que non te ve a ti nela nin nos máis,
e con todo, loita teimudamente
para mellorarse e mellorar o mundo,
para facer que o sol das mañás
sexa igualmente esperanzado para todos.

Douche grazas, Pai, de todo corazón,
por Xesús, o noso Señor e Mestre,
o noso irmán maior,
que nos leva da man
entre seguridades e vacilacións
por entre as encrucilladas da vida.

Douche grazas
polo ante que pasou,
tan cheo de grazas e de esperanzas;
polo hoxe que vivimos,
rebordante de campañas e de posibilidades;
polo mañá eterno que desde mañá virá,
repleto de soñas e de promesas.
 

CRISTO REI
 
Oh Cristo, Ti es o meu Rei!
Dáme un corazón cabaleiroso para contigo.

Magnánimo na miña vida:
escollendo todo canto sobe cara arriba,
non o que se arrastra cara abaixo.

Magnánimo no meu traballo:
vendo nel non unha carga que se me impón,
senón a misión que Ti me confías.

Magnánimo no sufrimento:
verdadeiro soldado teu ante a mina cruz,
verdadeiro Cireneo para as cruces dos demais.

Magnánimo co mundo:
perdoando as súas miudezas,
pero non cedendo en nada ás súas máximas.

Magnánimo cos homes: leal con todos,
máis sacrificado polos humildes e polos pequenos,
celoso por arrastrar cara a Ti
a todos os que me aman.

Magnánimo cos meus superiores:
vendo na súa autoridade a beleza do teu Rostro,
que me fascina.
 
Magnánimo comigo mesmo:
xamais repregado sobre min,
sempre apoiado en Ti.
Magnánimo contigo: Oh Cristo Rei:
orgulloso de vivir para servirte,
ditoso de morrer, para perderme en Ti.

 
CRISTO NON TEN

Cristo non ten mans
ten só as nosas mans
para realizar hoxe o seu traballo.

Cristo non ten pés
ten só os nosos pés
para guiar as persoas nos seus camiños.

Cristo non ten beizos
ten só os nosos beizos
para falar del ás xentes de hoxe.

Cristo non ten medios
ten só a nosa axuda
para conducir os humanos cara a El.

Somos a única Biblia
que o pobo aínda le hoxe,
somos a última mensaxe de Deus
escrito en obras e palabras.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...