Ir al contenido principal

24 domingo TO C


A CERCANÍA... VELAÍ A NAI DO AÑO: A IGREXA NON PODE SER “NAI POR CORRESPONDENCIA”

 

PÓRTICO

Hai uns días, co gallo da Xornada Mundial da Xuventude, o Papa Francisco concedeu unha entrevista a unha televisión do Brasil na que, entre outras cousas, dicía que á Igrexa faltáballe proximidade e cercanía. Afirmaba que a Igrexa tiña que ser nai, e que non se pode selo por correspondencia, comunicándose cos seus fillos e fillas a través de decretos e documentos. Unha nai abraza, colle no colo, bica... é dicir, é alguén que sempre está aí, alguén con quen sempre contamos.

Pois ben, esa chamada á proximidade que se nos facía por parte de Francisco (non esquezamos que Igrexa somos todos, non só os curas e os bispos), é a que hoxe nos fai Xesús no evanxeo. O amor de Deus vai máis alá do que nós pensamos. El, Pai-Nai, está preocupado pola sorte das persoas, porque nos quere, somos o máis valioso que ten. Non somos un máis, somos únic@s. Por iso a celebración que agora comezamos invítanos a non esquecer nunca que por moi perdidos que andemos, por moi fracasados que nos vexamos, por moi mal que nos sintamos, unha cousa é ben certa: Deus anda na nosa busca. Que nunca o esquezamos.

 

O PERDÓN

©      Porque seguimos murmurando, criticando e xulgando aos demais, aos que non fan as cousas coma nós, sen acabar de entender que ninguén ten a posesión da verdade absoluta, SEÑOR, BÚSCANOS E CONDÚCENOS A TI.

©      Porque a nosa comodidade, impídenos, tantas veces, perder o noso tempo para ir buscar e axudar a quen se atopa perdido e so diante das encrucilladas da vida, CRISTO, BÚSCANOS E CONDÚCENOS A TI.

©      Por termos esquecido que a túa xustiza se manifesta sempre de parte dos pequenos, dos humillados, dos desprezados, aos que nós temos que acubillar, SEÑOR, BÚSCANOS E CONDÚCENOS A TI.

 

REMUÍÑO

¨      Cantas veces temos xogado a ser pequenos tiranos, falsos deuses!. Cantas amizades perdidas por mor da nosa soberbia, da nosa autosuficiencia!. Cantas bágoas lle fixemos verter aos irmáns e ás irmás a causa da dureza do noso corazón!. Cantas palabras ferintes saen dos nosos beizos, sen pensar na dor que causan!. En definitiva, canta indiferenza!!!!!!!!!!!!!. E a indiferenza é, con moito, un dos peores defectos desta nosa sociedade, tan moderna, tecnolóxica e industrializada. Por que seremos así: fríos, insensibles, ególatras?. Non será acaso porque nos cremos os mellores, os xustos, “lo más de lo más”?.

¨      Porén, a Palabra que vimos de proclamar, volve lembrarnos unha vez máis que, se algo nos ten que caracterizar como cristiáns e cristiás é a cercanía e a misericordia; esas actitudes que Deus non se cansa de practicar con cada un e cada unha de nós e que nós tanto lle regateamos aos demais. Moisés é quen de suplicarlle ao Señor para que lle axude a reconducir ao seu pobo, que caera na idolatría; Paulo recoñécese seducido por Cristo, que lle axuda a superar un pasado non exento de erros. E nós?. Somos capaces coas nosas actitudes, coas nosas palabras, cos nosos comportamentos de transmitir a misericordia e a tenrura de Deus ou máis ben seguimos ancorados nun Deus vingativo, xuíz, que premia aos bos e castiga aos malos?. Se é así, quizás deberemos reler paseniñamente as parábolas que hoxe escoitamos no evanxeo e que nos falan de buscar a quen está perdido, de alentar a quen está triste, de escoitar a quen se sinte incomprendido, de acoller a quen é desprezado.... Porque moitas veces esquecemos que o punto de referencia das nosas actuacións debe ser Xesús; e por iso a nosa vida non expresa, non vive, non amosa… a fe que cremos e celebramos; por iso non estamos dispost@s a saírmos das nosas seguridades para ir na busca de quen está perdid@, desorientad@ ou esquecid@. Ou, ao mellor, si estamos dispost@s; pero non desde o respecto á súa liberdade, senón desde a imposición, desde o ordeno e mando.

¨      Nunca tanto coma hoxe escoitamos dentro da nosa Igrexa un laio permanente polas ovellas perdidas. E é que mesmo parece que podemos afirmar, sen medo a equivocarnos, que en troques dunha ovella ou dunha moeda perdidas, sería máis propio falar de noventa e nove perdidas e unha que queda no redil, aínda que tamén cabería dicir que ás veces esta permanencia é froito do medo, do costume, da tradición e non dunha decisión persoal. En calquera caso, teriamos que preguntarnos por que se perderon esas 99 restantes. Por iso, aínda que sexa duro, haberá que facer unha autocrítica profunda, serena e sincera sobre a Igrexa que estamos a construír e que ás veces semella máis unha secta (na que a uniformidade, a obediencia cega e a falta de cuestionamento son o máis importante), que unha familia de irmáns e irmás con xeitos de pensar e de vivir diferentes, e que non esquezamos son froito da pluralidade do Espírito. Nós, moitas veces, considerámonos un grupo inmaculado e pechamos a nosa porta ás persoas que, por neglixencia, ignorancia ou calquera outro motivo, non levan unha vida “correcta”, segundo os nosos criterios. Ás veces somos nós, @s de dentro da propia Igrexa, @s que coa nosa intolerancia, co noso inmobilismo, cos nosos ritos baleiros e afastados da vida das persoas, cos nosos binomios bos-malos, cos nosos malos xestos e coa nosa carraxe, estamos desexando que se vaia a xente, ou alomenos os que non nos din amén a todo. A solución a este desastre atopámola na Palabra que vimos de escoitar; e é unha solución ben sinxela, aínda que esixe de nós tempo, esforzo, adicación... amor. E esta solución chámase CERCANÍA... Menuda chorrada, preguntas?. Non das creto, dis?. Fai a proba e quedarás abraiado!.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Ao Deus do amor e da misericordia, que non se cansa de ofrecernos a súa tenrura, dicímoslle xunt@s:

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

©                        Pola Igrexa, que formamos tod@s nós, para que cos nosos comportamentos, coas nosas palabras, coa nosa vida, sexamos transmisores do Deus amor, da acollida, da misericordia e do perdón de quen se equivoca e fracasa, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

©                        Polas nosas comunidades, para que sempre esteamos dispost@s a ir buscar a quen se sente perdido polo paro, pola droga, pola incomprensión, pola dor, pola tristura, pola vellez, pola soedade... e espera de nós cercanía, axuda e comprensión, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

©                        Por cada un e cada unha de nós, que tantas veces nos sentimos perdid@s, para que saibamos redescubrir na nosa vida a ledicia de sabérmonos agarimad@s, buscad@s e sempre acompañad@s polo Deus amor, OREMOS.

QUE A CERCANÍA SEXA SINAL DE IDENTIDADE DA NOSA FE

Grazas, Señor, por seres para nós compás e caxato no camiño da vida. Que a pesares das dificultades e dos nosos erros, sempre nos sintamos acompañad@s por Ti. P.X.N.S.

PARA A REFLEXIÓN

E DIXO DEUS...

 

Se ninguén te ama, a miña ledicia é amarte.

Se choras, estou desexando consolarte.

Se es feble, dareiche a miña forza e a miña enerxía.

Se es inútil, eu non podo prescindir de ti.

Se estás baleiro, a miña tenrura encherate.

Se tes medo, lévote no meu colo.

Se queres camiñar, eu irei contigo.

Se me chamas, eu veño sempre.

Se estás canso, son o teu descanso.

Se pecas, son o teu perdón.

Se precisas de min, dígoche: Estou aquí, dentro de ti.

Se estás ás escuras, son lámpada para os teus pasos.

Se queres conversar, eu escoito sempre.

Se me miras, verás a verdade do teu corazón.

Se todos te esquecen, as miñas entrañas estremécense lembrándote.

Se es silencio, as miñas palabras vivirán no teu corazón.

Se non tes a ninguén..., tesme a min.

CANTOS

ö  ENTRADA: Que ledicia a miña

ö  LECTURAS: Todos xuntos

ö  OFERTORIO: Acharte presente na vida

ö  COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...