Ir al contenido principal

Romper a indiferenza

Segundo Lucas, cando Xesús gritou “non podedes servir a Deus e ao diñeiro”, algúns fariseos que o estaban oíndo e eran amigos do diñeiro “ríanse del”. Xesús non se bota para atrás. Ao pouco tempo, narra unha parábola desgarradora para que os que viven escravos da riqueza abran os ollos.

Xesús describe en poucas palabras unha situación sangrante. Un home rico e un esmoleiro pobre que viven próximos o un do outro, están separados polo abismo que hai entre a vida da opulencia insultante do rico e a miseria extrema do pobre.

O relato describe aos dous personaxes destacando fortemente o contraste entre ambos. O rico vai vestido de púrpura e de lino finísimo. O corpo do pobre está cuberto de chagas. O rico banquetea esplendidamente non só os días de festa senón a diario. O pobre está tirado no seu portal, sen poder levar á boca o que cae da mesa do rico. Só se lle achegan a lamber as súas chagas os cans que veñen a busca de algo no lixo.

Non se fala en ningún momento de que o rico explotou ao pobre ou que o maltratou ou o tiña desprezado. Diríase que non fixo nada malo. Con todo, a súa vida enteira é inhumana, pois só vive para o seu propio benestar. O seu corazón é de pedra. Ignora totalmente ao pobre. Teno alí diante pero non o ve. Está aí mesmo, enfermo, famento e abandonado, pero non é capaz de cruzar a porta para facerse cargo del.

Non nos enganemos. Xesús non está denunciando só a situación da Galilea dos anos trinta. Está tratando de sacudir a conciencia de quen nos afixemos a vivirmos na abundancia tendo xunto ao noso portal, a unhas horas de voo, a pobos enteiros vivindo e morrendo na miseria máis absoluta.

É inhumano encerrármonos na nosa “sociedade do benestar” ignorando totalmente esoutra “sociedade do malestar”. É cruel seguir alimentando esa “secreta ilusión de inocencia” que nos permite vivirmos coa conciencia tranquila pensando que a culpa é de todos e é non de ninguén.

A nosa primeira tarefa é rompermos a indiferenza. Resistírmonos a seguir gozando dun benestar baleiro de compaixón. Non continuarmos illándonos mentalmente para desprazarmos a miseria e a fame que hai no mundo cara a unha distancia abstracta, para poder así vivir sen oírmos ningún clamor, xemido ou choro.

O Evanxeo pode axudarnos a vivirmos vixiantes, sen volvernos cada vez máis insensíbeis aos sufrimentos dos abandonados, sen perdermos o sentido da responsabilidade fraterna e sen permanecermos pasivos cando podemos actuar.

José Antonio Pagola.- Traduciu: Xaquín Campo Freire

D. 26º T.O. (C).- Lc 16, 19-31. (29-09-2013).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...