Ir al contenido principal

25 Domingo TO C


NON É MÁIS FELIZ A PERSOA QUE MÁIS TEN, SENÓN A QUE MENOS PRECISA

PÓRTICO
Ata hai ben pouco tempo o noso ritmo atolado de vida fíxonos crer que nada se nos podía negar, que os cartos eran a solución para todo. E entón, cando ninguén o esperaba, chegou a crise, maldita crise!. Unha crise que vai deixando a moitas persoas nas beiras, sen traballo e polo tanto sen poder pagar as súas débedas, sen ilusións, sen esperanza. Unha crise que nos pillou co pé cambiado. Unha crise que nos fai tomar conciencia de que non é no ter onde atopamos sentido, senón na solidariedade que nos abre aos demais e na sinxeleza de quen busca vivir con dignidade e ser feliz vivindo co necesario, sentindo que as pequenas cousas seguen a ser importantes.
 

O PERDÓN
  • Por non termos sabido descubrir e transmitir o que significa a austeridade, SEÑOR, QUE SÓ DERROCHEMOS AMOR.
  • Polas veces nas que nos creamos falsas necesidades que nos invitan a comprar, a acaparar, a posuír cousas que en realidade non precisamos, CRISTO, QUE SÓ DERROCHEMOS AMOR.
  • Porque seguimos equivocados, pensando que a fe tamén é reducible a un negocio no que se paga polos favores recibidos, esquecendo a gratuidade e o amor, SEÑOR, QUE SÓ DERROCHEMOS AMOR.

REMUÍÑO
No noso mundo parece que todo ten un prezo. Todo pode comprarse, tamén as persoas, e se cadra aínda máis nestes tempos de crise: económica, moral, de valores.. Como nos tempos de Amós, moitos tamén seguen preguntándose cando pasará esta maldita crise para poder vender con xuros, a que país poderemos mandar os cartiños para telos seguros, onde poderemos conseguir man de obra barata, quen estará máis desesperado para facernos este traballo por menos soldo... En definitiva, estamos pagando as consecuencias de facer sinónimos cartos e felicidade, de axeonllarnos diante do deus mercado, de deshumanizar a economía...e iso fai que pouco a pouco o noso corazón se vaia corrompendo e busque escusas para venderse ao mellor postor. Xa non hai ideais, xa non hai coherencia, xa non hai honestidade, xa non hai…. Vendemos todo!. Unha meirande parte dos nosos representantes públicos non se decata de que son simples xestores, e malgastan ou estafan os cartos que son de tod@s, recortando logo drasticamente en asuntos sociais nos que non cabe recortar. Quen sae perxudicado?. Pois, coma sempre, os máis débiles.
E a esta compra-venda tampouco é allea a nosa Igrexa, que en demasiadas ocasións esquece que o seu é vivir na gratuidade e na austeridade. E é que no fondo todos temos algo de comerciantes, e é tan tentador vivir en pecado!. Parécenos que a Eucaristía na que rezamos aos nosos defuntos ten máis valor se nos cobran o estipendio correspondente e se é unipersoal ou unifamiliar; cremos que se chega antes ao ceo se no funeral hai tres ministros en vez dun só; pensamos que somos mellores se poxamos por levar aquel santo na procesión....E, pola banda dos que mandan, a cousa non está mellor. Pagámoslle a un compañeiro porque nos vén presidir unha celebración o día da festa, cobramos estipendios abusivos, pensamos que é unha boa parroquia aquela na que os seus fregueses teñen un bo nivel económico, estamos dispostos a presidir celebracións coma churros se nos pagan convenientemente. Pararnos, falar coa xente, escoitar.... menudas chorradas!!!!!!!. O único importante é o culto, sobre todo ao deus mercado, que fai medrar a nosa conta corrente. En resumo, cremos que se pagamos polos servizos relixiosos, estamos mellor xustificados e temos máis dereitos. 
Por iso que ben nos vén repetir o que o Señor nos lembra no evanxeo; aquilo de que non podemos servir a Deus e aos cartos, porque amaremos a un e aborreceremos ao outro. E isto é o que está a pasar na nosa igrexa: non só que o deus son os cartos, senón tamén que os “representantes de Deus” fixeron un becerro de ouro, o dos cartos, diante do que se prostran esquecendo que son a gratuidade, o amor e o servizo, os camiños que temos que andar. 
Unha vez máis, a Palabra chámanos a sermos coherentes, a non deixarnos corromper, a sermos fieis e responsables no pequeno, nesas cousas miúdas que van tecendo a nosa vida, a non esquecermos que os cartos non dan a felicidade. Axúdanos, Señor, para que a corrupción, ningún tipo de corrupción, aniñe no noso corazón.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Presentámosche agora as nosas peticións comunitarias dicindo:
SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA
ð  Pola Igrexa (xerarquía, relixios@s e leig@s), para que nunca esquezamos que só teremos autoridade moral cando abandonemos o comercio para sermos servidores de tod@s, cando poñamos o que somos e temos ao servizo dos demais, cando sirvamos aos máis necesitad@s, cando descubramos n@ outr@ (aínda que non sexa dos nos@s) a Deus, OREMOS.
SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA
ð  Polas nosas comunidades, para que entendan que no amor, na entrega, no diálogo, na dispoñibilidade, e no servizo ás persoas de todo credo, ideoloxía ou raza, está a esencia da súa fe, OREMOS.
SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA
ð  Por cada un e cada unha de nós, para que entendamos que cos capitais de Deus non se especula nin se comercia, senón que somos amad@s para amar, somos servidores para servir, somos regalad@s para compartir, OREMOS.
SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA
Deus, que en Xesús pronuncias unha palabra radical sobre a imposibilidade de servirte a Ti e aos cartos, axúdanos a sermos radicais tamén e a traballar por unha economía sometida ás leis da ética e do amor. PXNS.

PARA A REFLEXIÓN
Xesús, Mestre bo,
ensínanos o camiño para vivir solidariamente.
Axúdanos a converter o noso corazón duro
nun corazón sensible e cércano a todas as persoas que sofren.
Ensínanos a saber descubrir a dor, o sufrimento e as necesidades dos demais.
Danos a sinxeleza precisa para conmovernos diante do próximo
e para acudir na súa axuda.
Que non sexamos mesquiños na nosa entrega,
que aprendamos a dar todo o que temos:
as nosas cousas, o noso tempo, o noso esforzo, a nosa vida enteira,
para que os outros vivan máis e mellor.
Axúdanos a ter compaixón, que non é lástima,
senón solidariedade activa e compromiso co outro.

CANTOS

·         ENTRADA: Que ledos hoxe estamos
·         LECTURAS: Xesús chamado amigo
·         OFERTORIO: Benaventurados
·         COMUÑÓN: Pan do ceo

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...