Ir al contenido principal

Pentecoste 2016 C


CINCUENTA DÍAS DESPOIS... VÉMONOS ALENTADOS POLA PRESENZA DO ESPÍRITO SANTO
Descarga o ficheiro


CANTO GOZOSO


·        ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4)

·        LECTURAS: Manda o teu Espírito (Nº 125)

·        OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34)

·        COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51)



ESCOITA ACTIVA


Xa van alá cincuenta días desde que comezou a Pascua. Ao longo deles fómonos reunindo para compartir e celebrar a resurrección do Señor, e con ela o sentido da nosa vida vivida desde a fe. En todo este tempo a palabra que máis temos escoitado é alegría. A ela invitaba Xesús aos apóstolos a medida que se ían atopando con El, dela falaban aqueles primeiros cristiáns que foran capaces de vencer o medo e a desconfianza; desde ela, a partires da festa do Espírito Santo, somos chamados a vivir os que hoxe somos os continuadores da tarefa comezada por Xesús de Nazaret.

Aledémonos logo de poder compartir esta experiencia comunitariamente, e renovemos, unha vez máis, a nosa fe na esperanza que nos ofrece o Señor Resucitado, que non nos quere solos, senón que nos chama a ser comunidade leda e sempre solidaria.



CORAZÓN MISERICORDIOSO


(Aspersión)

  • Para que non decaia o noso esforzo por superar os momentos de tristura; SEÑOR, ALÉNTANOS CO TEU ESPÍRITO.
  • Porque deixamos que o desacougo e o pesimismo entorpezan a nosa esperanza; CRISTO, ALÉNTANOS CO TEU ESPÍRITO.
  • Polas veces nas que nos negamos a acoller a túa presenza en nós; SEÑOR, ALÉNTANOS CO TEU ESPÍRITO.



OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN


ü Aos cincuenta días da resurrección de Xesús, aqueles primeiros cristiáns seguían cheos de medo e inseguridade, e todo canto lle escoitaran e prometeran cumprir ao "Mestre", parecía que xa o esqueceran. Por iso estaban no mesmo sitio, inmóbiles, desganados e cheos de desconfianza..., non lles fora pasar a eles o mesmo que a Xesús. Pero mesmo dentro deste desencanto, algo seguía presente neles que non deixaba que esmorecese, e seguía a resoar nos seus corazóns. Un algo que os levaba continuamente a lembrar o vivido e compartido cando estaban todos xuntos. E tal é así, que deciden saír ,falar e comentar o que tiñan aprendido e escoitado do seu acompañar a Xesús, a pesares da súa falta de ímpeto. Isto axudounos a vencer as desconfianzas e a prestar atención a algo novo que estaba a xurdir: acollen a presenza do Espírito Santo, e cambia a súa maneira de ver a realidade. Comezan a escoitar e a entender. Custou, pero o primeiro paso xa estaba dado! inda que a cousa non podía parar aí: era necesario seguir avanzando. Grazas a eles, tamén nós hoxe somos capaces de escoitar a voz de Deus e de sentir a brisa do seu Espírito para seguir abrindo camiños que non calan ante a inxustiza nin se deixan engaiolar pola mentira dos poderosos. A capacidade de saír e anunciar dos apóstolos, é para tod@s nós hoxe semente de humanidade liberadora alí onde estamos, e se eles entenderon, nós hoxe xa non podemos calar ante a forza que vai crecendo dentro de nós.

ü E esta Igrexa, que formamos os bautizados, neste día de Pentecostes celebra o aniversario do seu nacemento.Por iso hoxe volven resoar con forza as palabras de Paulo aos corintios para lembrarnos que non somos uniformes nin todos pensamos o mesmo, senón que somos unha Igrexa plural no medio dun mundo tamén plural, e onde estamos chamad@s a fomentar esa pluralidade poñéndoa ao servizo dos demais...e esforzándonos por escoitarnos e entendernos entre nós, porque na Igrexa de Xesús, como unha e outra vez ten repetido o papa Francisco, cabemos tod@s. Na diversidade de dons, que Deus puxo en cada un de nós, e que a enriquecen, todos estamos chamados a participar e ninguén se ha sentir excluído. Os tempos da inquisición, da primacía do dereito sobre as persoas, xa quedaron atrás, porque o todo é máis importante que a parte, e tod@s nos sentimos alentados a animados a ser pro-activos, non derrotistas, no medio desta Igrexa poliedro, chamada a esforzarse por ser sempre hospital de campaña e non alfándega onde se nos impida pasar. A forza do Espírito acentúa esta pluralidade, e o esforzo pola nosa parte vaina facendo real e concreta desde o servizo que cada un de nós estamos chamados a prestar nesta casa de tod@s que chamamos mundo.

ü Xa poden entón estar pechadas as portas, xa podemos estar cheos de medo. Se somos capaces de deixar que asente en nós a forza e a presenza do Espírito Santo, aquelas abriranse e o medo desaparecerá. Como lle ocorreu aos apóstolos. Só necesitaron volver deixar resoar dentro de si as palabras de Xesús, o mesmo que temos que facer nós. Deixemos logo que o eco das súas palabras retumbe nos nosos oídos para que, desde a paz que El sempre nos trae, non fagamos distinción entre nós nin tampouco deamos pasos que nos enfronten, senón que traballemos para explicar cales son as nosas conviccións, e cara moven o noso actuar. Deste xeito saberemos acoller o envío que desde a presenza do Espírito Deus nos fai a cada un de nós para non ter medo a manifestar a súa alegría e vivir a súa esperanza. Por iso Pentecostes non é unha festa do pasado, senón a actualización constante de que somos Igrexa para servir e acoller. Igrexa en saída e disposta a primerear.



RENOVACIÓN PROMESAS BAUTISMAIS


(Propoñemos facer a renovación das promesas bautismais durante todos os domingos da Pascua. A poder ser, farémola desde a fonte bautismal)

Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:

v Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou dispost@.

v Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irmáns?. Si, estou dispost@.

v Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñen a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou dispost@.

v Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que el creou?. Si, creo.

v Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.

v Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.

Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós alento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.



FRATERNIDADE ORANTE


Na ledicia da celebración do día de Pentecostes, abramos o corazón a Deus para compartir a oración comunitaria e dicir xunt@s:

SEÑOR, GRAZAS POLA PRESENZA DO ESPÍRITO SANTO

ˣ   Pola Igrexa de Xesús, que hoxe celebra con alegría e esperanza o seu comezo en Pentecostes, ao recibir e acoller ao Espírito Santo, OREMOS

SEÑOR, GRAZAS POLA PRESENZA DO ESPÍRITO SANTO

ˣ   Polo papa Francisco, para que, cos seus xestos e as súas palabras, siga a alentar, desde a fidelidade ao Evanxeo de Xesús, a cantos sentimos que o seu actuar é estímulo e forza para non deixar aniñar en nós nin a tristura nin o pesimismo, OREMOS.

SEÑOR, GRAZAS POLA PRESENZA DO ESPÍRITO SANTO

ˣ   Polas nosas comunidades cristiás, para que sigamos esforzándonos por camiñar xunt@s, axudarnos uns aos outros, corrixirnos desde o respecto e o cariño, e testemuñando a alegría e a esperanza de Xesús, OREMOS.

SEÑOR, GRAZAS POLA PRESENZA DO ESPÍRITO SANTO

Señor, que a forza do Espírito Santo alente e anime os pasos que cada día damos nas nosas comunidades cristiás, para facer do mundo casa de tod@s. P.X.N.S. Amén.



MIRADA ESPERANZADA


Saiamos dos nosos templos

para ser as súas testemuñas no medio do mundo!.

Sexamos expresión viva da misericordia de Deus:

misericordia nas nosas caras,

misericordia nos nosos ollos,

misericordia no noso sorriso,

misericordia na nosa tarefa cotiá e na nosa loita.

Nós somos as súas mans para construír un mundo novo,

onde haxa máis fraternidade e xustiza.

Nós somos os seus beizos para anunciarlle aos pobres

a boa nova da liberdade.

Nós somos os seus pés para acudir ao lado de

tantos moz@s e nen@s, homes e mulleres,

que necesitan palabras e xestos de ánimo.

Saiamos dos nosos templos!

Vaiamos máis lonxe,

levando a misericordia e a tenrura no noso actuar

e a ledicia de canto temos celebrado.

E fagámolo convencid@s de que o Espírito vai con nós! Señor.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...