Ir al contenido principal

Trindade 2016

UN DEUS QUE SE DESENVOLVE DESDE O DIÁLOGO INTRAFAMILIAR, INVÍTANOS A FACER DO DIÁLOGO CAMIÑO DE ENTENDEMENTO E COLABORACIÓN 
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO 
  • ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) 

  • LECTURAS: Cantade ao Señor (Nº 23) 
  • OFERTORIO: Cantádelle ao Señor (Nº 33) 
  • COMUÑÓN: Todos xuntos (Nº 56) 
ESCOITA ACTIVA 
Rematou tempo de pascua, eses cincuenta días nos que fomos celebrando a resurrección de Xesús, triunfo da esperanza sobre o fracaso e máis a morte. E hoxe, en toda a Igrexa, celebramos a festa da Santísima Trindade. A festa do Deus que se comunica e se nos mostra como Pai que crea, como Fillo que se fai presente entre nós e como Espírito Santo que anima e alenta coa súa presenza a vida da Igrexa. Un Deus que se nos presenta sempre ao lado, e que o fai por amor e desde o amor. É logo tempo de buscar palabras, xestos e momentos que fagan posible o entendemento, o diálogo, a colaboración, o encontro por riba das diferenzas. Que tamén nós fagamos desta pedagoxía da colaboración o modo de buscar o que nos une para avanzar, e rexeitemos todo esforzo por separarnos e facernos a vida imposible e difícil uns aos outros. 
CORAZÓN MISERICORDIOSO 
  • Porque non facemos do diálogo camiño que supere as nosas diferenzas; SEÑOR, POÑÉMONOS NAS TÚAS MANS. 
  • Porque nos sobra tempo para o enfrontamento e a disputa, e fáltanos para saber escoitarnos e perdoarnos; CRISTO,POÑÉMONOS NAS TÚAS MANS. 
  • Porque non poñemos sinceridade para recoñecer que moitas veces ferimos coas nosas palabras e comentarios; SEÑOR,POÑÉMONOS NAS TÚAS MANS. 
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN 
  • No comezo do plan de Deus estabamos os seres humanos. A nosa dignidade emana da dignidade de Deus, por iso as persoas, todas as persoas, sen excepción algunha, somos partícipes do mesmo respecto, do mesmo recoñecemento. Non somos deuses, pero a nosa vida é recoñecemento adiantado do que un día se converterá en plenitude á carón de Deus, por iso estamos sempre en actitude de expectativa, de buscar mellorar situacións, circunstancias, medios que fagan posible que esa dignidade que todos compartimos e que desde El se converte en tarefa sempre a seguir avanzando na busca de todo canto nos axuda a vivir de xeito máis humano, sexa unha vida de encontro e colaboración; de participación e solidariedade; de verdade e liberdade. Unha vida en comuñón, participando da mesma comuñón do Pai que se fai presente entre nós na persoa do Fillo e nos alenta a traballar para acadar o seu sentido pleno desde a presenza e o acompañamento do Espírito Santo. Isto converte a vida de cada un de nós en mirada solidaria ao noso redor e en paixón pola defensa do recoñecemento de todo canto fai que os seres humanos, en comuñón cos demais membros que conforman con nós a casa común, nunca deamos pé a que o derrotismo, a desesperanza e a renuncia a loitar por cambiar e mellorar as cousas que a todos nos fan felices, aniñe nin no noso xeito de percibir o mundo nin de comportarnos. Porque, tal e como nos dicía o comezo da lectura do libro dos Proverbios,"O Señor produciume ó encetar a súa tarefa". 
  • Isto supuxo que puxera todo baixo os nosos pés, é dicir: ao noso servizo. E non o fixo para que fixeramos del o que nos pete, senón para coidalo, conservalo e deixárllelo nas mellores condicións posibles aos que veñan tras de nós. E isto non ha ser unha acción individual desde a que cada un busque o seu propio interese, senón unha acción coral, de todos, para que poñendo cadaquén o mellor de si, fagamos non só posible e habitable o mundo, senón que nos esforcemos por convertelo en familia. E xa sabemos, nunha familia somos moitos, distintos, pero a todos, en situacións normais, nos une o mesmo: o desexo de alentarnos, axudarnos e facernos o máis felices posibles, porque é o amor o que nos une. Do mesmo xeito, como acabamos de ler no salmo responsorial, o Señor, poñendo ao noso dispor a súa gran tarefa: o mundo, úrxenos a conservalo, querelo, protexelo e facer del lugar de acubillo. Non estraña logo que teñamos rezado xuntos: "Señor, noso Deus, que admirable é o teu nome en toda a terra". Pero, ademais de rezalo, o que temos por diante é a tarefa, xenerosa e constante, de esforzarnos para que iso sexa así. O que de novo nos volve a unir a relación de comuñón entre o Pai que dá vida a este proxecto do mundo, o Fillo que o plenifica coa súa presenza ("asumiu a nosa condición") e o Espírito que coa súa presenza, neste tempo da comunidade, axúdanos a ter memoria activa e agradecida deste proxecto de Deus para nós. 
  • E desde a paz que a todos nos dá saber que a nosa tarefa no mundo é a resposta á construción desa paz que Deus nos ofrece -como Paulo lles dicía aos romanos- a nosa esperanza vai avanzando paseniñamente na tarefa de ir facendo mellor as cousas cada día, sabendo que solos non imos moi lonxe, pero traballando en común acadamos obxectivos e logros, porque, é esta á comuñón a que constantemente nos invita o papa Francisco cando, unha e outra vez, reitera que "todo está conectado". Sempre avanzaremos e nos sentiremos alentados se deixamos atrás o individualismo e a crenza de nós valemos por nós mesmos, somos os mellores e ninguén vai poder con nós. Desenganémonos! ese non é o camiño. Nada deixa de ser importante desde esta conexión do todo. Tamén o amor, a entrega e a xenerosidade do Deus Pai, Fillo e Espírito Santo son para nós motivo de alegría e pulo para facer as cousas desde o que cada un sabe e pode aportar, deixando atrás as desconfianzas que tantas veces nos levan a crear muros e a caer na insolidariedade. 
FRATERNIDADE ORANTE 
Deus, que é sempre amor en comunicación, invítanos agora a rezar compartindo este momento de oración comunitaria. Dispoñamos o corazón desde a palabra para dicir xunt@s 
SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO TRABALLO EN COMÚN  
  • Para que a Igrexa, seguindo polos vieiros do Deus trinitario, e sen deixarse levar polo cómodo e fácil, sexa quen de saber perdoar, animar, acoller e ser sempre misericordiosa, OREMOS. 
SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO TRABALLO EN COMÚN  
  • Para que nos esforcemos por construír comunidades parroquiais que rompan con tradicións e costumes baleiros, e se esforcen por axudarse, colaborar e buscar canto una para facernos a vida máis doada e acolledora uns aos outros, OREMOS. 
SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO TRABALLO EN COMÚN 
  • Para que nos nosos comportamentos persoais non esquezamos nunca que é máis importante o que une e nos pon en comunicación e relación cos demais, que o que separa, enfronta ou nos enemista uns cos outros, OREMOS. 
SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO TRABALLO EN COMÚN 
Señor, acolle a oración que xunt@s temos presentado e compartido neste domingo no que, reunidos no teu nome, acollemos a túa palabra desde a que nos chamas a traballar na busca do que une, e a afastarnos de canto separa e enfronta. P.X.N.S. Amén. 
MIRADA ESPERANZADA 
Deus, Pai, 
Señor de luz e máis de paz, 
Señor da palabra sincera e amable, 
fonte e camiño que mana plenitude. 
Ti que no no teu Fillo mostras 
toda a grandeza do teu proxecto de amor, 
dános azos para que a tenrura e o agarimo 
aniñen na nosa vida 
ata convertela en espello dun camiñar pleno e esperanzado. 
Que co alento do Espírito vaiamos facendo cada día 
tempo de comuñón, 
tempo de comunicación e diálogo, 
tempo de encontro e colaboración. 
Grazas, Pai por saír ao noso encontro 
desde o teu Fillo que nos acubilla 
e o teu Espírito que nos dá forza. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...