Ir al contenido principal

14 Domingo TO C 2016


SI A NOSA INSISTENCIA É GABARNOS DO MOITO E BEN QUE FACEMOS, DESCONFIEMOS DA SINCERIDADE DA NOSA INSISTENCIA
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO

*      ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6)
*      LECTURAS: Escoita ti (Nº 26)
*      OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31)
*      COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60)
ESCOITA ACTIVA
Na nosa sociedade, pouco a pouco imos prescindindo de Deus. Facémolo, dicimos porque somos maiores de idade e non necesitamos someternos a ninguén; ademais, afírmase que non é rendible, non nos aporta nada, non nos supón “ganancia” para ser triunfadores, poderosos, ricos... esquecendo que o que El nos ofrece é felicidade, realización persoal e capacidade de buscar un mundo máis xusto, pacífico e solidario. Por iso, do mesmo xeito que Xesús enviou aos seus discípulos naquel momento, nos envía hoxe a nós, para que entre todos non nos deixemos queimar polo materialismo que so busca rendibilidade, e vaimos, con sinxeleza e humildade, dando razón da nosa esperanza co noso xeito de achegarnos aos demais; coa nosa maneira de tentar buscar unha sociedade máis igualitaria e xusta; tentar de que aqueles que están ao noso redor se sentan escoitados e acompañados ante as situacións, tantas veces duras e difíciles, que van chegando as súas vidas. A anada segue a ser moita, os xornaleiros, nós, somos poucos, pero paga a pena seguir sementando nas leiras do noso mundo este marabilloso proxecto que nos ofrece Xesús. Un proxecto vivo onte, actual hoxe e ilusionante para o mañá.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
·      Porque moitas veces fáltanos paciencia para escoitar; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN ACOUGUE A PAZ.
·      Porque somos dos que lle falamos de misericordia aos demais, pero non a poñemos en práctica; CRISTO,QUE NO NOSO CORAZÓN ACOUGUE A PAZ.
·      Porque nos custa ser desprendidos e solidarios; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN ACOUGUE A PAZ.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
*      Deus non nos deixa, inda que moitas veces non somos capaces de percibir a súa presenza porque caemos, respecto a El, na tentación de pensar que só é verdade o que somos capaces de ver e tocar. De verdade que non somos capaces de ir máis alá? Acaso cando falamos da beleza, do amor, dos sentimentos, lle aplicamos este mesmo criterio? Vemos a beleza, o amor ou os sentimentos? Non será máis ben que o que percibimos –que non vemos- é que nos sentimos en paz/ben ao contemplar unha flor, un cadro, o mar, unha paisaxe; cando dicimos que amamos ou que somos amados, de verdade cremos que estamos a ver o amor? Seriamos capaces de defender que o amor é algo? Non será que nos sentimos a gusto ao lado desa persoa, ou dese grupo de amigos, ou cando estamos coa nosa familia, ou... ? Pois cando falamos de Deus, temos que evitar caer no mal da chamada razón instrumental –a que di que as cousas só son importantes se nos producen bens materiais e rendibilidade-, e deixarnos guiar por unha experiencia de Deus desde a que descubrimos o sentido da vida, a plenitude que poña o punto final a canto no decorrer da nosa historia persoal na que fomos xerando proxectos, ilusións ou relacións persoais de encontro e amizade. Deus non é algo que se poida demostrar, El é o Alguén que acompaña, axuda e non nos deixa solos ante a dor, a enfermidade e a tristura, senón que nos acompaña, facéndose compañeiro nesta viaxe da vida que tod@s temos que percorrer.
*      El non nos chama para que nos gabemos do bos, intelixentes, triunfadores ou importantes que somos, senón para axudarnos a tomar conciencia de que a vida, toda vida, en todas e cada unha das situacións polas que as persoas imos pasando, ten sentido, paga a pena vivila e non é un “sensentido”. Deus axúdanos a tomar conciencia de que somos limitados, de que non o podemos todo, de que moitas veces nos equivocamos, de que... o fracaso é un elemento máis desa vida, e que temos que aprender a camiñar con el. Se non queremos entendelo así, acabaremos caendo no grupo dos insatisfeitos permanentes e frustrados. E iso ao que nos aboca é á desesperación. Por que, para que vivir? pregúntanse moitas persoas. Cando falamos da cruz, os cristiáns referímonos a isto: do mesmo xeito que Xesús experimentou a dor e o trato inxusto, tamén nós na vida temos que pasar por estas situacións, non para quedar nelas, senón para asumir e vivir a realidade humana en todos e cada un dos seus aspectos. Porque a vida non é só trunfo; tamén é dor, enfermidade, frustración, fracaso... pero como Xesús, temos a seguridade de que non quedamos estancados nestas situacións, senón que podemos vencelas e superadas. Neste esforzo non imos solos: Deus, como forza, sentido, plenitude e esperanza, está sempre ao noso lado.
*      Na nosa sociedade, pouco a pouco imos prescindindo de Deus. Facémolo, dicimos que somos maiores de idade e non necesitamos someternos a ninguén; ademais, afírmase que non é rendible, non nos aporta nada, non nos supón “ganancia” para ser triunfadores, poderosos, ricos... esquecendo que o que El nos ofrece é felicidade, realización persoal e capacidade de buscar un mundo máis xusto, pacífico e solidario. Por iso, do mesmo xeito que Xesús enviou aos seus discípulos naquel momento, nos envía hoxe a nós, para que entre todos non nos deixemos queimar polo materialismo que so busca rendibilidade, e vaimos, con sinxeleza e humildade, dando razón da nosa esperanza co noso xeito de achegarnos aos demais; coa nosa maneira de tentar buscar unha sociedade máis igualitaria e xusta; tentar de que aqueles que están ao noso redor se sentan escoitados e acompañados ante as situacións, tantas veces duras e difíciles, que van chegando as súas vidas. A anada segue a ser moita, os xornaleiros, nós, somos poucos, pero paga a pena seguir sementando nas leiras do noso mundo este marabilloso proxecto que nos ofrece Xesús. Un proxecto vivo onte, actual hoxe e ilusionante para o mañá.

FRATERNIDADE ORANTE
Deixando que a palabra de Deus que temos escoitado vaia enchoupando a nosa vida e o noso corazón, recemos agora xunt@s dicindo:
GRAZAS POR ENVIARNOS A SEMENTAR A TÚA ESPERANZA
·      Para que a Igrexa, pobo de Deus chamado a anunciar a mensaxe de Xesús no mundo, non se deixe engaiolar polas voces que crecen no pesimismo e na tristura, senón que se esforce por transmitir esperanza e ilusión nun mundo cheo de “profetas de calamidades”, OREMOS.
GRAZAS POR ENVIARNOS A SEMENTAR A TÚA ESPERANZA
·      Por cantos formamos as nosas comunidades parroquiais, para que saibamos ser testemuñas de Xesús co noso actuar, acompañar e traballar ao lado de quen se sente triste, enganado ou desalentado, OREMOS.
GRAZAS POR ENVIARNOS A SEMENTAR A TÚA ESPERANZA
·      Por nós, que un domingo máis volvemos reunirnos nos templos para compartir, agradecer e celebrar a fe, para que non deixemos de crer que Xesús está ao noso lado alentándonos, animándonos e acompañándonos no noso esforzo por poñer sorriso no corazón e na vida dos enfermos, dos que se senten excluídos, dos que non teñen a ninguén con quen falar e compartir as súas tristuras e dores,.
GRAZAS POR ENVIARNOS A SEMENTAR A TÚA ESPERANZA
Señor, axúdanos a que o noso corazón non se endureza como a pedra que todo o soporta, para que se transforme en corazón de carne que sabe sentir e achegarse a quen alí onde estamos necesita da túa esperanza a través da nosa presenza ao seu lado. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
A vocación é unha chamada do Señor. É Deus quen chama e envía esta chamada. A iniciativa é toda de Deus.
Non fostes vós os que me escollestes senón que eu vos escollín e vos designei para que vaiades e produzades froitos e o voso froito permaneza” (Xn 15,16).
Deus, cando chama, ten en conta toda a nosa a persoa, comezando polo nome, pasando pola nosa familia e pola nosa historia. Nada queda de lado na nosa vida.
Cando Deus chama, El mesmo nos capacita para aquilo para o que nos está a chamar. Por iso, non precisamos ter medo, porque a iniciativa é toda do Señor. A nosa parte é responder dicindo “si” e colocándonos enteiramente á disposición daquel que nos chama.
A vocación afecta á persoa no máis profundo do seu íntimo e cando somos afectados por esa chamada non temos como dicir “non”; a nosa resposta sempre será “si”!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...